2014 – ECOAR)))

Novembro: A Corrupción
A CORRUPCIÓN   “Ninguén pensa, onde todxs lucran; ninguén soña, onde todxs tragan” (José Ingenieros)   Que é a corrupción? Praxis a través da cal solápase, promóvese ou realízase un mal uso do poder público para acadar unha vantaxe ou beneficio ilexítimos, frecuentemente de xeito segredo e privado. Formas de corrupción serían: clientelismo, portas xiratorias, cooptación, subornos, fraude, lavado de cartos,…   Como se orixina? No mundo actual a corrupción é un dos males endémicos que se percibe en case todas as sociedades. Dous terzos da poboación global considera que vive nun sistema corrupto. 1 A corrupción preséntase de moi diversas formas e en moi diversos eidos, pero hai unha serie de condicións que facilitan a proliferación da mesma:   A inoperancia práctica das institucións públicas (exceso de burocratización, non control nin seguimento,…). A falla de delimitación entre o público e o privado. A non exitencia dun axeitado ordenamento xurídico. A alta tolerancia social cara a gozar de privilexios privados. Isto fai que se desenvolva unha cultura na que o lucro prevalece sobre o civismo e a ética. A existencia de dinámicas que sosteñen e afortalan unha cultura da ilegalidade, tanto de carácter xeral como acotada a determinados grupos sociais. […]

The post Novembro: A Corrupción appeared first on ECOAR))).

Outubro: O Empobrecemento
O Empobrecemento “O discurso ideolóxico da globalización busca ocultar que ela vén fortalecendo a riqueza de uns/unhas pocxs e verticalizando a pobreza e a miseria de millóns. ” (Paulo Freire) “Erradicar a pobreza non é un acto de caridade, é un acto de xustiza.” (Nelson Mandela)   Que é a probeza? Condición socioeconómica dunha poboación que non ten acceso aos recursos para satisfacer as necesidades psíquicas e físicas básicas que permiten un nivel e unha calidade de vida axeitados (vivenda, alimentación, asistencia sanitaria, educación, acceso á auga,…)   Tipos de Pobreza Pobreza absoluta: Aquela na que certas necesidades básicas vitais (alimentación, saúde,…) non poden ser acadadas en ningún caso. Pobreza relativa: Aquela na que non se ten o nivel de ingresos necesarios para satisfacer todas ou parte desas necesidades básicas.   Pobreza vs Emprobrecemento A pobreza tense definido como un estado, circunstancia ou condición que xorde da incapacidade das persoas que a padecen. Esta concepción baséase na idea de que todas as persoas nacemos iguais e, polo tanto, temos as mesmas oportunidades. Así que quen non consegue o seu obxectivo é porque fracasa, porque non quere ou simplemente porque non está capacitadx. Esta concepción, reforzada sempre polos “valores” do capitalismo, […]

The post Outubro: O Empobrecemento appeared first on ECOAR))).

Setembro: Autodeterminación, Nacionalismo e Independentismo
AUTODETERMINACIÓN, NACIONALISMO E INDEPENDENTISMO “Unha nación é un plebiscito diario” Ernest Renan QUÉ É A AUTODETERMINACIÓN? O dereito de libre determinación dos pobos ou dereito de autodeterminación é o dereito dun pobo a decidir as súas propias formas de goberno, perseguir o seu desenvolvemento económico, social e cultural, y estruturarse libremente, sen inxerencias externas e de acordo co principio de igualdade. A libre determinación está recollida nalgúns dos documentos internacionais máis importantes, como a Carta das Nacións Unidas e os Pactos Internacionais de Dereitos Humanos. Tamén numerosas resolucións da Asamblea Xeral de Dereitos Humanos. É polo tanto un principio fundamental do Dereito internacional público e un dereito dos pobos, que ten carácter inalienable e xera obrigas para os Estados. O concepto ten, certamente, un carácter polémico, e no discurso político contemporáneo aparece tamén vencellado a posicións extremistas ou situacións de desestabilización. Un dos motivos da polemicidade do termo habería que buscalos en que adoita estar ligado ao concepto de “pobo” para o que tampouco hai unha definición categórica estricta. Unha concepción maioritariamente occidental considera tamén “pobo” ao conxunto de habitantes dun Estado unitariamente considerado, mentres que as diversas minorías nacionais ou pobos indíxenas dentro de Estados autodefiníronse como pobos. As […]

The post Setembro: Autodeterminación, Nacionalismo e Independentismo appeared first on ECOAR))).

Agosto: Interculturalismo: Soberanía Alimentar, Enerxética e Tecnolóxica
INTERCULTURALISMO: SOBERANÍA ALIMENTAR, ENERXÉTICA E TECNOLÓXICA   “Teñen a forza, podrán avasallarnos, pero non se deteñen os procesos sociais ni co crime ni coa forza. A historia é nosa e a fan os pobos.” Salvador Allende   Que é a Soberanía? A soberanía é a capacidade que posúe un pobo para gobernar sobre si mesmo en tódolos eidos que lle atinxen (territorio, habitantes, leis,…). O concepto de soberanía relaciónase directamente coas nocións de lexitimidade e independencia, fronte ao uso arbitrario do poder e ao dominio dun pobo sobre outro.   Que soberanías hai no terreo socio-económico? Soberanía alimentar Facultade de cada pobo para definir as súas propias políticas agrarias e alimentarias apoiándose no desenvolvemento sostible e na seguridade alimentaria. Baséase na idea de… protección do dereito dos pobos a alimentos nutritivos, axeitados, accesibles, producidos de forma sostible e ecolóxica, e o seu dereito a decidir o seu propio sistema alimentar e produtivo. Oponse a… política da FAO (baseada na dispoñibilidade de alimentos) incidindo na importancia da orixe e o modo de produción dos alimentos. política da OMC (baseada no principio de libre comercio e deixando vía libre ao dumping (vender un produto por baixo do seu prezo de custo), os […]

The post Agosto: Interculturalismo: Soberanía Alimentar, Enerxética e Tecnolóxica appeared first on ECOAR))).

Xullo: Cultura Libre
CULTURA LIBRE “As obras do coñecemento deben ser libres e non hai excusa para que non sexa así.” Richard M. Stallman “Quen recibe unha idea de mín, recibe instrucción sen diminuir a miña; igual que quen prende a súa candea coa miña, adquire luz sen deixarme a min a escuras.” Thomas Jefferson   Que defende a cultura libre? Corrente de pensamento que promove a liberdade na distribución e modificación do traballo creativo baseándose no principio de contido libre para distribuir ou modificar traballos e obras creativas, usando Internet así como outros medios. É un movimento que se xera en radical resposta ás restriccións que impoñen os dereitos de autor pois enténdese que estes abafan a creatividade e que bebe directamente dos principios que rexen o concepto do software libre.   Qué atinxe o contido libre? Concepto clave que atinxe a calquera obra funcional, de arte ou calquer outro contido creativo ceibe de restriccións legais, no tocante ao dereito de uso, a redistribución ou á creación de versións modificadas ou derivadas por parte de terceiros. Dado que, por omisión, a lei outorga aos/ás propietarixs de dereitos un control total sobor as súas creacións (todos os dereitos reservados), é necesario declarar de […]

The post Xullo: Cultura Libre appeared first on ECOAR))).

Xuño: Transporte ou Mobilidade Sostible
TRANSPORTE OU MOBILIDADE SOSTIBLE “Os coches multiplícanse máis que as persoas. Tamén respiran moito máis aire ca nós, ocupan a Terra e esgotan a nosa economía.” Ernest Callenbach Unha paisaxe conquístase coas solas do zapato, non coas rodas do automóbil. William Faulkner A sociedade de usar e tirar é un sistema inxusto a todos os niveis, que está esquilmando e contaminando o noso Planeta, ao tempo que destrúe o tecido social de moitas comunidades. Alberto D. Fraila Oliver. QUE É A MOBILIDADE SOSTIBLE OU TRANSPORTE SOSTIBLE? Actuacións que axudan a reducir os efectos negativos do transporte a través de: Prácticas de mobilidade responsable individual e/ou colectiva. Desenvolvemento de     tecnoloxías que amplíen as opcións de mobilidade sostible. Decisións dos axentes sociais (administración, colectivos,…) para promover ditas prácticas e sensibilizar á poboación.   CAL É A ORIXE DO CONCEPTO? Dende a segunda metade do s. XX comeza a forxarse o proceso de globalización que trae consigo entre outras cousas un incremento desproporcionado do transporte de mercancías e persoas, así como, sobre todo, unha enorme urbanización da sociedade, que estoura de xeito descontrolado dende finais dos anos 70. Esta situación trae consigo un modelo de transporte urbano baseado no coche particular e […]

The post Xuño: Transporte ou Mobilidade Sostible appeared first on ECOAR))).

Maio: A Sanidade
A SANIDADE “De todas as formas de desigualdade, a inxustiza na atención sanitaria é a mais espantosa e inhumana”.   Martin Luther King Jr.   QUE É A SANIDADE? Conxunto de bens e servizos que se empregan para protexer e preservar a saúde das persoas.   QUE É A SAÚDE? Dereito humano básico, inalienable e inexcusable no tempo do que debe gozar cada persoa no grao máximo. Este dereito establece que cada persoa debería ter acceso a unha atención sanitaria oportuna, aceptable, asequible e de calidade satisfactoria. O concepto de saúde non implica tan só unha ausencia de dolencias e enfermidades, senón, e sobre todo, un benestar físico e emocional.   A LOITA POLA SAÚDE: UN CHISCO DE HISTORIA O inicio dos seguros sociais poden datarse na última metade do séc. XIX, en pleno auxe do salvaxe capitalismo industrial. As primeiras conquistas sanitarias tiveron éxito precisamente nos países mais avanzados tecnoloxicamente da época; Inglaterra e Alemaña. 1875,     Alemaña: Garántese unha certa (aínda que moi precaria) atención sanitaria na poboación traballadora, provocado polo risco revolucionario impulsado por unha incipiente organización do movimento obreiro e porque unha man de obra enferma e mal alimentada difícilmente podería satisfacer as exixencias productivas do […]

The post Maio: A Sanidade appeared first on ECOAR))).

Abril: Unión Europea
UNIÓN EUROPEA   QUE É A UNIÓN EUROPEA? É unha organización política supranacional integrada por 28 estados. A UE constitúese nunha forma de confederación moderna, atípica e única, na que a soberanía está repartida entre a Unión e os estados que a integran. Así a UE é suxeito de dereito internacional por si mesma, pero os estados que a integran tamén o son separadamente. A UE conta cun sistema de goberno híbrido, no que se conxugan institucións baseadas na ciudadanía europea e outras derivadas de acordos entre os 28 estados que o integran.   COMO SE ORIXINA A UNIÓN EUROPEA? A Unión Europea naceu da man do gran capital e os grandes estados europeos (fundamentalmente Francia e Alemaña). A historia da UE baséase na unidade económica e xeopolítica que, aínda que supostamente está construída sobre a defensa dos dereitos das persoas, a realidade é que a UE é unha ferramenta que empregan as élites económicas e gubernamentais para perpetuarse no poder. Proba disto é que as institucións con máis poder na UE (CE, BCE,…) nin sequera se derivan do sufraxio universal da cidadanía europea, senón que son designados pola elite gubernamental, convertendo ao Parlamento Europeo nunha cámara sen poder real, […]

The post Abril: Unión Europea appeared first on ECOAR))).

Marzo: O Fascismo
Que é o fascismo? Ideoloxía que pretende unha sociedade na que o Estado ten un papel proponderante que se indentifica cun parftido único, detentador dos intereses nacionais. Promove unha sociedade na que se “abole” a loita de clases e na que non hai definición dxs participantes “nin de esquerdas nin de dereitas”.  Anticapitalista declarado, o fascimo non dubida en recorrer á violencia, o terror e a propaganda para tratar de conseguir os seus obxectivos políticos.   Como se orixina e se propaga o fascismo? O fascismo aparece cando se dan dous elementos á vez: unha crise profunda no sistema capitalista, que recurta de maneira importante os beneficios da elite; e cando existe un movimento social moi forte. O fascismo, que en condicións “normais” non pasa de ser un movemento político marxinal, aparece con forza se, por un lado, as clases populares non son quen de organizarse no seu propio interese; por outro lado, unha vez que o fascismo acadou un certo grao de implantación social a costa de desencantados polo sistema, o fascismo recibe a financiación que precisa para ser capaz de afrontar unha loita violenta co que será ou seu obxectivo histórico fundamental: a destrución das liberdades sociais e […]

The post Marzo: O Fascismo appeared first on ECOAR))).

Febreiro: As pensións
Que son as pensións? Qué é a Seguridade Social? Un mecanismo mediante o cal o Estado protexe a quenes, de forma solidaria mediante o sistema de servizos públicos, a aqueles que, debido á deigualdade no reparto da riqueza, de outra maneira verían mermados os seus ingresos de forma significativa ou incluso excluídos do sistema. A seguridade social nos protexe da enfermidade, dos accidentes no traballo, protexe a maternidade, a invalidez, a vellez e o desemprego. Onde nace a seguridade social? O sistema de protección universal nace como froito da loita do movemento obreiro, ao reclamar os dereitos sociais e laborais como parte integral do concepto de cidadanía e, polo tanto, cubertos mediante a responsabilidade do estado. No Estado español, aparece o que poderíamos chamar primeiro antecedente da seguridade social en 1900, coa Ley de Accidentes de Traballo. En 1919 aparece o xerme das pensións: o Retiro Obreiro; en 1923 o Seguro Obrigatorio de Maternidade; en 1931 o Seguro de Paro Forzoso. Durante o franquismo tamén houbo intentos de ampliar esta cobertura (Seguro obrigatorio de vellez e invalides, por exemplo), pero nunca se chegou a un modelo universal e estaba financiado a partir do aforro obrigatorio dos traballadores, e non polos […]

The post Febreiro: As pensións appeared first on ECOAR))).

Xaneiro: o Cárcere
Que é o cárcere? Institución onde se interna ás persoas sentenciadas a través do sistema xurídico a unha privación de liberdade, permanente ou temporal, por non cumprir as leis establecidas polo goberno. Como xorde o cárcere? Nun principio, o concepto cárcere referíase a un lugar de custodia, onde o presos esperaban coñecer ou ver executada a súa condena. Non será ate a Inglaterra do século XVI cando a prisión se afianza como método para cumprir pena, como foron as Casas de corrección, onde se xuntaban presos xulgados, vagabundos e enfermos mentais, coa finalidade de ser un lugar de rehabilitación cara á sociedade. A partir dese momento, as cárceres evolucionarán centrándose en dous alicerces: a represión dos elementos incómodos para a sociedade e a súa corrección, basculando de unha a outra segundo os estados decidían facer fincapé.   É un sistema útil? En calquera caso, e aínda que se nos repite unha e outra vez que as cárceres son útiles e serven como lugares de reinserción, o certo é que nunca desenvolveron ese labor: O sistema carcerario funciona coma o lugar onde recluír a todos aqueles que son “incómodos” a ollos da sociedade: pobres, enfermxs, disidentes políticxs,… O sistema carcerario non […]

The post Xaneiro: o Cárcere appeared first on ECOAR))).