Notas/Comunicados – ECOAR)))

CONSUMIR NO NADAL E NON SER CONSUMIDX
CONSUMIR NO NADAL E NON SER CONSUMIDX “«consumo, sociedade de»: Prodixioso envase cheo de nada. Invención de alto valor científico, que permite suprimir as necesidades reais, mediante a oportuna imposición de necesidades artificiais.”  – Eduardo Galeano Como cada ano, este nadal as grandes transnacionais gañarán millóns polo habitual aumento no consumo que se produce nestas festas. O consumismo promove un modelo insostible ambiental e socialmente. Lémbrese que se o resto do mundo tivera o consumo que se dá nos países enrriquecidos, serían precisos 3 planetas iguais para atender a demanda. O 12% da poboación mundial (Norteamérica e Europa Occidental) é responsable do 60% deste consumo, mentres que no sudeste asiático ou a África subsahariana representan só o 3,2%. Segundo a consultora Deloitte, en cada fogar do estado español gastaranse de media 682€ un 4% máis que o ano pasado. Cada persoa do estado español gastará de media 265 € só en agasallos o que supón un gasto estimado de 12.500 millóns de euros. Só Dinamarca está por riba con 367 € por persoa. A meirande parte destes produtos serán adquiridos en grandes almacéns (o 51% indica que mercará agasallos nalgún) e cadeas especializadas, polo que as grandes beneficiarias de todas […]

The post CONSUMIR NO NADAL E NON SER CONSUMIDX appeared first on ECOAR))).

COMBATER O CETA CUN OUTONO EN RESISTENCIA
COMBATER O CETA CUN OUTONO EN RESISTENCIA “O mercado é unha institucionalización do individualismo e a irresponsabilidade. Nin o comprador nin o vendedor son responsables de ningunha cousa excepto de eles mesmos.” – Ernst Friedrich Schumacher. Do 8 ao 15 de outubro terá lugar unha semana de  mobilización a nivel estatal contra os tratados de libre comercio. Distintas organizacións da sociedade civil, sindicais, campesiñas e políticas convocamos un Outono en Resistencia para dar resposta a uns tratados como o CETA ou o TTIP, que suporán na práctica unha perda de dereitos fundamentais das persoas ademais de agravar o quecemento global e a conseguinte destrución do medio ambiente. Este ano o elemento central é o CETA. O  maior descoñecemento por parte da sociedade e da opinión pública, tras 5 anos de negociacións secretas e a súa inminente ratificación, fai que a Comisión Europea e algúns estados estean a empurrar para que sexa ratificado canto antes. De nada serviría tombar o TTIP se o CETA saira adiante. Xa que ademais de traer o mesmo que o TTIP (unha baixada dos estándares europeos coa súa correspondente diminución de protección laborais, sociais, ambientais o culturais) as transnacionais estadounidenses empregarían as súas filiais en Canadá […]

The post COMBATER O CETA CUN OUTONO EN RESISTENCIA appeared first on ECOAR))).

FECHAR ALMARAZ , POR UN TEXO VIVO!
FECHAR ALMARAZ , POR UN TEXO VIVO! O dia 11 de Xuño de 2016 o Movemento Ibérico Antinuclear vai celebrar unhas xornadas antinucleares, ás que acudirán distintos colectivos sociais e expertos en materia nuclear. As xornadas culminaran cunha manifestación na cidade estremeña de Cáceres para pedir o peche da central de Almaraz, a máis vella das centrais ibéricas activas. No 2014 Almaraz supuxo o 20,62 % da produción bruta total de enerxía eléctrica producida no Estado Español, o que supón un porcentaxe de enerxía útil moito menor debido á ineficiencia e custos enerxéticos que se derivan da propia produción. A enerxía nuclear achega unicamente o 4,5% da enerxía primaria comercial do mundo. Segundo un informe a ESA (Axencia de Abastecemento) a UE (onde se atopan a maioría de países con reactores nucleares instalados) no 2012 dependía nun 97,3% das importacións de uranio, minaría que se dá principalmente en 5 países nos que causa graves danos ás comunidades locais e ao medio ambiente. Na outra banda da cuestión estarían as enerxías renovables. A finais de 2014 estas representaban o 27,7% da capacidade xeradora de enerxía do mundo, suficiente para cubrir un 22.8% da demanda global de electricidade. Isto sumado a un […]

The post FECHAR ALMARAZ , POR UN TEXO VIVO! appeared first on ECOAR))).

ENDE GELÄNDE!: DESOBEDECER PARA PRESERVAR O PLANETA
ENDE GELÄNDE!: DESOBEDECER PARA PRESERVAR O PLANETA Do 13 ao 16 de Maio Ende Gelände volverá unir persoas e colectivos de toda Europa que se opoñen á industria dos combustibles fósiles e ao sistema económico neoliberal imperante. Encadrado dentro da campaña global “Break Free From Fossil Fuels” (Libérate dos Combustibles Fósiles), levarase ao cabo de novo o bloqueo da mina de Lusacia pertencente á empresa enerxética de orixe sueca, Vattenfall. Actualmente o 87% de toda a enerxía que se consume no mundo e que motoriza a economía mundial provén dos combustibles fósiles (petróleo, carbón mineral e gas natural). Só en 2014 emitíronse máis de 35.000 millóns de toneladas de CO2. Manter as tendencias actuais conduce irremediablemente a un aumento na temperatura terrestre promedio de entre 3°C e 5°C para finais de século. Evitar un escenario climático de consecuencias catastróficas e irreversibles depende en gran medida de que os combustibles fósiles queden baixo terra. As partes asinantes do Acordo de París o pasado decembro comprometéronse a mitigar a emisión de Gases de Efecto Invernadoiro para así poder manter o aumento da temperatura planetaria por debaixo de 2ºC, tendo como meta facilitar que esta non supere os 1,5ºC respecto a niveis preindustriais. […]

The post ENDE GELÄNDE!: DESOBEDECER PARA PRESERVAR O PLANETA appeared first on ECOAR))).

ELISA: SER REPRIMIDA POR CONSTRUÍR SOLIDARIEDADE
ELISA: SER REPRIMIDA POR CONSTRUÍR SOLIDARIEDADE O 9 de marzo, Elisa Pérez, portavoz da Rede Social Popular (R.S.P.), comparecerá nos xulgados de Vigo en calidade de imputada por un suposto delito de usurpación da propiedade. En setembro de 2014 Elisa xunto a outras persoas iniciaron a transformación  dun antigo chalé abandonado no número 73 da rúa Hispanidade de Vigo nun centro social. O día da presentación do Centro Social da RSP, a policía identificou como voceira a Elisa e, despois dun tempo, un dos propietarios legais do inmoble, decidiu emprender medidas legais sen sequera dialogar coas persoas que dinamizan o centro social. O resultado é a imputación de Elisa por un suposto delito de usurpación da propiedade, co que se enfronta a unha pena de cadea de ata 2 anos. O Centro Social da RSP, é un espazo liberado, aberto á cidadanía onde se levan ao cabo distintas actividades que teñen como base a dignificación e o traballo solidario entre as persoas que as conforman. A RSP Vigo e por extensión o centro social que se constrúe ao seu redor, son proxectos que nacen nun contexto social, político e económico no que, cada día que pasa, a consecución dos beneficios […]

The post ELISA: SER REPRIMIDA POR CONSTRUÍR SOLIDARIEDADE appeared first on ECOAR))).

TRANSNATIONAL SOCIAL STRIKE: CONTRA AS FRONTEIRAS E A PRECARIZACIÓN
TRANSNATIONAL SOCIAL STRIKE: CONTRA AS FRONTEIRAS E A PRECARIZACIÓN O mundo atopase nun momento no que a violación dos dereitos humanos é sistemática. Segundo o último informe de ACNUR, a finais de 2015 había case 60 millóns de persoas desprazadas e refuxiadas. En Europa aumentou de forma alarmante a xenofobia (Segundo as cifras dun informe da policía alemá, ata outubro de 2015 déronse un total de 576 delitos relacionados cos centros de refuxiados en Alemaña, unha cifra que dobra amplamente a rexistrada en 2014). A situación de emerxencia que están a vivir as persoas desprazadas e refuxiadas ten como resposta fronteiras blindadas, roubo das pertenzas ás persoas migrantes polas autoridades dos países de chegada, máis de 10.000 nenxs perdidxs, detencións inxustificadas e reclusións en Centros de Internamento de Estranxeirxs,…As políticas neoliberais están apostando por un recorte de dereitos políticos, sociais e civís. Por isto este 1 de marzo amosaremos coa nosa práctica que outra vía é posible superando os prexuízos, manténdonos unidxs xunto ás persoas migrantes. A actual crise humanitaria que ten como vítimas ás persoas desprazadas e refuxiadas, ten á UE como principal responsable tanto pola súa participación nos conflitos armados como polas súas políticas comerciais que parten da […]

The post TRANSNATIONAL SOCIAL STRIKE: CONTRA AS FRONTEIRAS E A PRECARIZACIÓN appeared first on ECOAR))).

Lei Mordaza (Entrada en Vigor)
COMUNICADO LEI MORDAZA O 1 de xullo de 2015 a liberdade de expresión e o dereito de manifestación e reunión quedarán feridos de morte de xeito definitivo. As coñecidas popularmente como Leis Mordaza socavan rotundamente a democracia no estado español e, por extensión, na Unión Europea. Milleiros de organizacións e doutros organismos internacionais (como, por exemplo, a ONU) teñen denunciado e urxido á retirada destas normas por considerar que vulneran ducias de artigos da lexislación internacional en materia de dereitos.   O sistema normativo español actual contén centos de artigos herdados do franquismo, o que fai que leve no seu celme a idea de represión e castigo como punto sobre o que ordenar unha sociedade. Esa idea de orde que tan central é nos sistemas ditatoriais casa perfectamente tamén no ADN da concepción homoxeneizadora e de concentración de poder nas que se basea o neoliberalismo e a globalización. O homoxéneo é ordenado e, polo tanto, controlable, pois sábese sempre como vai responder. E aí reside a base destas Leis Mordaza. A chegada da crise (primeiro económica e logo estrutural, pois afecta a todos os eidos desta sociedade) supuxo unha precarización da vida das persoas e un esmagamento gradual dos seus […]

The post Lei Mordaza (Entrada en Vigor) appeared first on ECOAR))).

Lei Mordaza
LEI MORDAZA Hoxe apróbanse definitivamente as coñecidas popularmente como Leis Mordaza (a Lei de Seguridade Cidadá e a Reforma do Código Penal) que entrarán en vigor o 1 de xullo de 2015. O maior recorte de dereitos feito por un goberno dende o fin da ditadura franquista. A crise, provocada por un sistema que se basea na idea errada de crecemento infinito continuo e na filosofía do “todo vale”, xustifica todo tipo de agresións ás persoas e ao medioambiente sempre e cando se obteña un beneficio económico. Esta situación estourou no ano 2007 e provocou un incremento progresivo da tensión, a organización e a resposta social. Fronte a un sistema en caída libre a finais do 2010 xerouse a coñecida como primavera árabe que logo iría prendendo noutras partes do mundo, ata chegar ao mesmísimo corazón do capitalismo actual, Wall Street. Con estas mobilizacións iniciouse un novo ciclo de protesta que incluíu novos tipos de actuación e organización, así como un aumento cuantitativo e cualitativo de colectivos, iniciatovas e persoas que se dedican a combater estas políticas e a ofrecer alternativas. Fronte a esta situación os gobernos de cada país deron en reaccionar de diversos xeitos, se ben é certo […]

The post Lei Mordaza appeared first on ECOAR))).

Marchas 22M
E así como os pobos sen dignidade son rabaños, os individuos sen ela son escravos. José Ingenieros. A dignidade é a calidade humana mediante a cal nos facemos respectar e valorar. Dignidade, é o concepto clave que debe guiar a saída deste sistema inxusto no que nos atopamos. Dignidade, é o que empregamos para crebar a estrutura actual e afastarnos definitivamente do capitalismo inhumano e devastador que abafa as nosas vidas. Dignidade é o que nos fai construír unha resposta social frontal e clara con este sistema. Unha resposta social que avanza cara a unha concepción global na que se percibe que a problemática é a mesma en cada recanto do planeta. A globalización capitalista trae consigo a destrución total da natureza e dos dereitos das persoas así como a acumulación da riqueza nas mans dunha pequena minoría (menos do 1% posúe máis do 80% da riqueza total existente) grazas ao sometemento dos gobernos ao poder económico financeiro-transnacional. Persoas e pobos de cada parte do planeta van consolidando día a día a necesidade de converxencia e pluralidade para loitar e confrontar o sistema. Cada resposta social (masiva ou non), cada campaña, cada acción e iniciativa, supoñen un chanzo máis na creación […]

The post Marchas 22M appeared first on ECOAR))).

Galicia non castiga a aldraxe medio ambiental
A sentenza do Prestige, ditada once anos despois da catástrofe, provocou un fondo malestar social ao non achar responsable algún na meirande marea negra do litoral europeo. O ditame recolle uns datos impresionantes: 63.000 toneladas de chapapote vertidas, 2.980 quilómetros de costa afectados e un dano irreparable ao ecosistema mariño. Malia que o xuíz establece que o petroleiro levaba 2.150 toneladas por riba do permitido, non atopa responsabilidades penais por delito medio ambiental e non fixa indemnización algunha. A falta de culpables no desastre súmase a outras flagrantes catástrofes impunes. En 1996 o vertedoiro do barrio coruñés de Bens quebrou esparexendo 200.000 toneladas de lixo pola ladeira do monte de San Pedro ata chegar ao mar. Os desperdicios sepultaron o poboado de O Portiño, causando a morte dun home. O vertedoiro construírase nos anos setenta para amorear e incinerar residuos e xa sobrepasara o seu límite de capacidade. Dous anos despois do accidente o caso arquivouse sen responsables. A xuíz non estimou imprudencia por parte do concello herculino nin da concesionaria, nin danos medio ambientais. A desfeita evidenciou a falta dun plan de xestión dos residuos urbanos, que hoxe en día segue a ser un problema: a súa sucesora -a […]

The post Galicia non castiga a aldraxe medio ambiental appeared first on ECOAR))).

Que é o estado? Para que serve?
A plataforma ECOAR))) organiza unha mesa redonda para debater sobre este concepto político e a súa utilidade. O vindeiro xoves, 3 de outubro terá lugar a mesa redonda Qué é o estado? Para qué serve?, organizada pola plataforma cidadá ECOAR))). A cita será ás 20:00h., na cafeteria De Catro a Catro (r/ Girona 16, Vigo). O obxectivo é achegar á cidadanía as distintas posturas defendidas por diversos actores políticos e sociais en torno a esta cuestión, amosando as diferentes opcións, nun contexto no que o actual modelo institucional está en cuestionamento. Para tal fin, participarán nesta palestra os seguintes representantes: – Fernando Rodriguez (CNT) – Anxel Testas (Esquerda Anticapitalista) – Rubén Pérez (Esquerda Unida) – David Rodríguez (Anova) – Enrique Vieitez (BNG) – Xoan Hermida (Espazo Ecosocialista) – Manuel Reinoso (Asemblea Republicana de Vigo)

The post Que é o estado? Para que serve? appeared first on ECOAR))).

Concentración Monarquía Non!!!
A plataforma ECOAR))) convoca á cidadanía nunha concentración en contra da monarquía   Con motivo da visita dos príncipes á cidade de Vigo o vindeiro xoves 26 de setembro, ECOAR))) convoca a toda a cidadanía viguesa a unha concentración na porta principal de Citroën, ás 11:30h., baixo o lema Monarquía Non!!! A Monarquía é un tipo de institución que concibe que hai persoas con máis dereitos que outras; que hoxe ademais atópase azoutada por decenas de membros acusados por corrupción; e que, no caso do estado español, ten a gravísima cuestión de que a coroa foi elixida por un xenocida, recoñecido como tal internacionalmente, como é Francisco Franco. Por estes motivos, animámosvos a que vos acheguedes este xoves, para dar connosco aos príncipes a benvida que merecen.   Máis información sobre esta actividade  en www.ecoarglobal.org   PENSA-ORGANÍZATE-ACTÚA

The post Concentración Monarquía Non!!! appeared first on ECOAR))).