Interculturalismo – ECOAR)))

Standing Rock, a última batalla dos sioux
Standing Rock, a última batalla dos sioux Dani Farrús Os pobos dunha reserva sioux de Dakota do Norte, apoiados por miles de persoas, enfróntanse á construción dun oleoduto que afectará as súas terras e lugares sacros. Na Reserva Sioux de Standing Rock (Dakota do Norte, Estados Unidos) está a levarse a cabo unha mobilización sen precedentes para opoñerse ás obras de construción do oleoduto Dakota Access. Mobilización que leva xa seis meses; con miles de acampados, centos de nacións tribais traballando xuntas e decenas de detidos. A construción do oleoduto ten un orzamento de 3.700 millóns de dólares e, cando se termine, está previsto que cubra unha distancia de preto de 2.000 quilómetros, cruzando catro Estados (Dakota do Norte, Dakota do Sur, Iowa e Illinois), e que transporte 470.000 barrís de petróleo cru ao día. En principio, o oleoduto tiña que pasar pola cidade de Bismark (capital de Dakota do Norte), pero, aínda que a empresa que leva a cabo o proxecto asegura que é moi seguro e non hai perigo de accidentes ou perdas, decidiron cambiar a ruta para evitar unha zona tan habitada. O novo percorrido pasa polo límite da Reserva Sioux de Standing Rock e por baixo […]

The post Standing Rock, a última batalla dos sioux appeared first on ECOAR))).

As manobras de Felipe González contra o Sahara / José Bautista
As manobras de Felipe González contra o Sahara José Bautista O diplomático Hach Ahmed explica como o expresidente socialista pasou de ser un aliado da causa saharauí a un dos principais lobbistas do rei de Marrocos. Mohamed VI, o quinto home máis rico de África segundo Forbes, sabe que o diñeiro é un recurso eficaz -e abundante no seu caso- para consolidar amizades e seducir vontades en todo o mundo. En 2015 dous xornalistas franceses sentaron ante os tribunais do seu país tras aceptar os agasallos millonarios da casa real marroquí a cambio de non publicar varias informacións. Esta semana a prensa fíxose eco dos cables que mostran como o rei de Marrocos comprometeu 11 millóns de euros para Hillary Clinton apenas uns meses antes do inicio da campaña electoral. Hach Ahmed pasou gran parte da súa vida apoiándose no diálogo político e a lexislación internacional para enfrontarse á influente xenerosidade financeira da monarquía alauí e o poder dos seus amigos, particularmente o expresidente Felipe González. Durante varias décadas, este veterano diplomático saharauí estivo destinado en España e varios países de América Latina, ocupando algúns dos cargos de maior responsabilidade no seo da Fronte Polisario, aínda que abandonou esta organización […]

The post As manobras de Felipe González contra o Sahara / José Bautista appeared first on ECOAR))).

Marlene Cummins Música e activista Aborigen
Marlene Cummins música e activista aborixe “O meu pasado sempre predirá o meu futuro”  Marlene Cummins rompeu o seu silencio para falar da violencia que sufriu como activista na súa mocidade. Pero esta cantante de blues non se considera vítima e segue con ganas de leva-la súa música a todo o mundo.  Marlene Cummins, activista, saxofonista e cantante enraizada no blues desde que “na infancia conectou coa entrega profunda e espiritual desta música” hoxe desprégase como nunca. O seu disco Koori Woman e o documental Black Panther Woman (dirixido por Rachel Perkins) acaban de ve-la luz. Incansable loitadora polos dereitos das comunidades aborixes de Australia abre un novo capítulo ó romper un silencio de corenta anos para narra-los abusos que, como muller, sufriu dentro do movemento pola liberación negra. Unha violencia que a sumiu nun proceso doloroso tra-lo cal decidiu non falar do ocorrido por non alimenta-la demonización do home aborixe. Sen embargo, chegou a hora de provoca-lo cambio e isto pasa pola verdade. Como muller séntese “vulnerable por revelar unha historia de violencia, pero forte e con coraxe por contalo”.  Marlene, prendiches fogo na túa propia historia rompendo un longo silencio cun disco e unha película. ¿É o fin […]

The post Marlene Cummins Música e activista Aborigen appeared first on ECOAR))).

O que pasa 1.100 días antes de chegar á valla de Ceuta /Cristina de Fina
O TESTEMUÑO DUNHA DAS PERSOAS QUE SALTOU A VALLA EN 2005 O que pasa 1.100 días antes de chegar á valla de Ceuta “Partir para contar” detalla en primeira persoa tres anos de odisea ata Europa Cristina de Fina Redacción Andalucía Pé de fotografía: emigrantes en Ceuta/ Diego González Partir para contar (Pepitas de Calabaza, 2014) é a historia de Mahmoud Traoré, recollida polo seu amigo o xornalista francés Bruno Le Dantec. Coa sinxeleza dun relato oral, ispe a vivencia dun emigrante senegalés que entrou no Estado español despois de máis de tres anos de traxecto por África. Para Mahmoud, o libro ten o valor dun testemuño, dunha loita para recuperar a palabra: “Para min, defender o libro é moi importante”, afirma, e conta satisfeito como na presentación en Sevilla había moitos africanos que interviñan contando as súas historias. “O que me interesa é isto, que tomemos a palabra nós, non que alguén fale no noso lugar”, di. Mahmoud explica que isto non sempre sucede: “Para a maioría, despois do vivido, é difícil ter confianza. Por isto é importante contar o que pasa antes de chegar á fronteira”. Na noite do 28 de setembro de 2005, preto de Ceuta, centenares […]

The post O que pasa 1.100 días antes de chegar á valla de Ceuta /Cristina de Fina appeared first on ECOAR))).

Os pobos indíxenas do Brasil en loita contra Coca-Cola / Maria Cappa
Os pobos indíxenas do Brasil en loita contra Coca-Cola Maria Cappa Pé de foto: Nixiwaka Yawanawá, indíxena brasileiro na presentación do Mundial de fútbol en Londres. FIFA MADRID// “Brasil, deixa de destruír os indíxenas”, dicía a camiseta do indíxena amazónico Nixiwaka Yawaná na recepción do trofeo da Copa do Mundo en Londres, a mediados de marzo. A pesares de que a súa intención era posar xunto a el para denunciar que os indíxenas de Brasil seguen a ser asasinados para que as grandes multinacionais e os terratenentes podan ocupar as súas terras e explotar os seus recursos, nin a FIFA nin Coca-Cola, patrocinadora do Mundial, permitíronlle amosar a mensaxe completa mentres estivo xunto a copa. Precisamente Coca-Cola, que ademais de ser unha das maiores patrocinadoras do evento deportivo tamén é unha das empresas promotoras do tour que está a facer a Copa do Mundo antes de chegar a Brasil, está involucrada en varias destas loitas territoriais dos indíxenas. E é que, segundo denunciou Oxfam nun informe publicado a finais de 2013, a empresa de refrescos merca o azucre para elaborar as súas bebidas a compañías que o producen en terras expropiadas aos indíxenas: Bunge e Usina Trapiche. A pesares desta […]

The post Os pobos indíxenas do Brasil en loita contra Coca-Cola / Maria Cappa appeared first on ECOAR))).

Despoxo de terras / Mumia Abu-Jamal
Despoxo de terras Coa anexión de Crimea á Federación Rusa, os políticos de Estados Unidos arman un escándalo que implica un repudio á historia do seu propio país. Coa anexión de Crimea á Federación Rusa, os políticos de Estados Unidos volvéronse tolos, armando un escándalo sobre o asunto e comparándoo á toma de Polonia por parte de Hitler. Gruñen sobre as violacións do dereito internacional e a apropiación de terras. Os estadounidenses e europeos, citando ameazas de desestabilización rexional, anuncian a imposición de sancións a Rusia case de inmediato, pero que os estadounidenses se alboroten sobre unha apropiación de terra implica un repudio á historia do seu propio país. ¿Como se fundou Estados Unidos a non ser polo despoxo de vastas extensións de terras dos chamados indios, e despois, dos mexicanos? ¿Foi ilegal? Sip. ¿Foi unha violación do dereito internacional? Sip. Os tratados son pactos entre nacións e Estados Unidos ten violado tantos tratados coas nacións orixinarias que da vergoña nomealos. E ¿lembran Texas? Era parte de México ata que se rebelaron os colonos. Durante case dez anos foi un país independente ata 1845, cando Estados Unidos anexionouno, Nevada, Novo México, Arizona, Utah, Colorado, California. Todo este territorio era […]

The post Despoxo de terras / Mumia Abu-Jamal appeared first on ECOAR))).

A carpa dos soños mapuches / Isabel Sánchez Benito
A carpa dos soños mapuches Chile. Había unha vez unha carpa dun circo que xa existía moito antes de ser realidade. Era unha carpa que por fora parecíase moito ás demais, pero que por dentro era algo diferente. Esta carpa, que naceu dun soño, non vendía entradas nin prometía incribles homes-bala. Aínda que o máis especial de todo era o lugar que ocupaba. Lonxe da cidade, nun terreo pelado que moi poucas persoas coñecían, asomaba esta grande carpa vermella e amarela. E xunto a ela, unha comunidade do pobo mapuche que, coma tantas outras en Chile e Arxentina, leva anos loitando para mante-las súas terras. “Sempre soñei con ter unha carpa de circo, por iso chámase a Carpa dos Soños. Porque xa existía moito antes de tela: nos meus soños”. Ese é o comezo de esta historia: o día no que Diego soñou que tiña unha carpa de circo. Ou non. En realidade non. En realidade esta historia comeza moito antes. Esta historia empezou hai máis de 20.000 anos: dende que o pobo mapuche é pobo. Con avós circenses, Diego Cabrera decidiu continua-la tradición familiar do espectáculo e estudou teatro. Pouco despois, viu a oportunidade de facer realidade o seu […]

The post A carpa dos soños mapuches / Isabel Sánchez Benito appeared first on ECOAR))).