Alternativas – ECOAR)))

Software libre: unha fonte en favor do público. / Genoveva López, Carlos Saavedra Bajo
Software libre: unha fonte en favor do público. Genoveva López, Carlos Saavedra Bajo El Salmón Contracorriente Son bos tempos para a tecnoloxía aberta. Nas últimas décadas, varios concellos pasaron ao uso do software libre, e iso está a xerar un certo auxe no sector. A Administración aforra custos e fomenta a creación de empresas locais. Na Lei de Contratos do Sector Público do ano 2007 establécese que, cando a Administración contrata, debe garantir a “publicidade e transparencia dos procedementos, e non discriminación e igualdade de trato entre os candidatos”, e asegurar “unha eficiente utilización dos fondos destinados á contratación de servizos mediante a selección da oferta economicamente máis vantaxosa”. Así mesmo, na recente Lei de Racionalización e Sustentabilidade da Administración Local preténdese, entre outras cousas, racionalizar a xestión desta “de acordo cos principios de eficiencia, estabilidade e sustentabilidade financeira”. O criterio prezo ten, pois, un peso importante na selección de ofertas. Ademais, a Administración Pública debería garantir o acceso á información en formatos accesibles, sen favorecer a iniciativa privada. A xestión da Res Pública debe ser iso, pública. Un dos grandes gastos das Administracións Públicas, xa sexan locais, autonómicas ou estatais, son as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), […]

The post Software libre: unha fonte en favor do público. / Genoveva López, Carlos Saavedra Bajo appeared first on ECOAR))).

As alternativas ao desenvolvemento debátense no Cumio dos Pobos fronte ao Cambio Climático
As alternativas ao desenvolvemento debátense no Cumio dos Pobos fronte ao Cambio Climático Orlan Cazorla Durante catro días celebrouse no Parque da Exposición de Lima (Perú) o Cumio dos Pobos fronte ao Cambio Climático coa participación de aproximadamente tres mil persoas, provenientes na súa maioría de América Latina. O Cumbio tiña como obxectivo fortalecer unha axenda común dos movementos sociais e presentar argumentos alternativos á vixésima Conferencia das Partes da Convención Marco de Nacións Unidas sobre Cambio Climático (COP20). “É un espazo para recoller todas as propostas e convertelas en vinculantes. Esta é a esixencia que imos facer aos Estados”, explicaba o portavoz do Cumio, Antolín Huascar. Asistiron tamén ao Cumio dos Pobos algunhas persoas acreditadas como observadorxs da COP20 oficial. É o caso de Chavannes Baptiste, da Confederación Nacional Agraria de Haití. “Acabo de vir da COP20 e aquilo é un espazo de tolos onde ninguén escoita a ninguén. É un lugar de negocios onde as transnacionais están a defender os seus intereses para utilizar o quecemento global para facer máis cartos”. Crítico porque á sociedade civil téñenlle vetada a entrada, Baptiste mostrouse confiado na posibilidade de que dende o Cumio dos Pobos se cheguen a articular propostas reais. […]

The post As alternativas ao desenvolvemento debátense no Cumio dos Pobos fronte ao Cambio Climático appeared first on ECOAR))).

Fábricas recuperadas en España por que non? / Martín Cúneo
Fábricas recuperadas en España por que non? Con distintas fórmulas, centos de empresas en crise pasaron a mans dos traballadores Martín Cúneo Corría marzo de 1969. Dun día para outro, nada menos que a metade de Torrecilla de Cameros, na Rioxa, unhas 144 familias, víronse obrigadas a emprender un éxodo cara a Viana, en Navarra, onde se trasladou a empresa de mobles para a que traballaban. Alí, construíronse sete bloques de pisos para albergar ás 640 persoas emigradas. Uns poucos anos despois, Fermín Peña, con apenas 14 anos, empezou a traballar na empresa. E segue a facelo agora, 38 anos despois. A punto estivo, xunto co resto da equipo, de quedar na rúa hai dous anos, tra-lo peche de Mobles Salcedo. Agora xa non se chama Mobles Salcedo, senón Mobles Viana. E a empresa é dos traballadores. A compañía gañou fama de combativa en repetidos ciclos de folgas. Non ía ser tan sinxelo terminar con eles. “Comezaron a dicir que as cousas ían mal e os donos decidiron pechala” conta Peña a Diagonal. Ó igual que outras 250.000 empresas desde o inicio da crise, Mobles Salcedo viuse obrigada a bota-lo peche. As perspectivas para os 132 traballadores non poderían ser […]

The post Fábricas recuperadas en España por que non? /  Martín Cúneo appeared first on ECOAR))).

Construír unha Rede Europea de Economía Solidaria / Jordi Estivil(Idearia)
Construír unha Rede Europea de Economía Solidaria Por Idearia Por Jordi Estivill. Barcelona. Xuño 2014. Algún día haberá que facer un balance da situación da economía solidaria en Europa. E dentro do mesmo, explicar a construción da Rede Europea (RIPESS Europa) que trata de unir os esforzos do conxunto das redes territoriais e sectoriais. Trátase dunha tarefa complexa, ardua e custosa que desde a fundación en Barcelona hai tres anos ten xa unha pequena historia. Este artigo non ten a pretensión de describila, senón unha máis modesta como pode ser a de explicar a celebración da asemblea xeral que tivo lugar nas proximidades de Paría nos pasados días 6 e 7 de xuño e valorala no contexto deste curto itinerario. A asemblea veu precedida por unha reunión en París coa Fundación Progreso para o Homo, que é quen financia as actividades da rede europea. Nesta reunión realizada nun clima distendido, a fundación anunciou a súa intención de seguir colaborando coa Rede e sinalou que esta debía facer esforzos para aglutinar outras redes e organizacións parecidas que traballan neste ámbito, que debía saber posicionarse fronte ás decisións das instancias europeas e ser quen de elaborar contidos máis teóricos e estratéxicos. Todo […]

The post Construír unha Rede Europea de Economía Solidaria / Jordi Estivil(Idearia) appeared first on ECOAR))).

Hai alternativas ao desemprego distintas á precariedade laboral? /Gaindegia
Hai alternativas ao desemprego distintas á precariedade laboral? Gaindegia Neste artigo pártese dunha preocupación pola evolución do mercado de traballo desde que se iniciou a crise en 2008, indicando que procede fundamentalmente da destrución de postos de traballo e de tecido produtivo, coas consecuentes elevadas taxas de desemprego; pero tamén da cada vez maior conciencia por parte da cidadanía de que a situación non mellorará a curto e medio prazo. Ademais de realizar un breve diagnóstico das reformas e vías de axuste impostas polos poderes públicos e privados trasnacionais, apúntanse algunhas estratexias que poderían contribuír a abordar a problemática laboral (non só o desemprego, senón tamén a precariedade do emprego) desde outra perspectiva e a establecer algunhas bases para modos de organización sociolaboral que nos leven cara mercados de traballo máis inclusivos. Sinálanse tamén algunhas condicións previas que deberían concorrer para poder poñer en práctica estas estratexias e que no caso de Euskal Herria non se producen, pero indícannos en que dirección debería traballarse. Esta e outras análises serán publicadas a finais de abril nun extenso dossier sobre o Mercado Laboral de Euskal Herria (2013) realizado por Gaindegia. Hai alternativas ao desemprego distintas á precariedade laboral? Mª Luz de la […]

The post Hai alternativas ao desemprego distintas á precariedade laboral? /Gaindegia appeared first on ECOAR))).

O dereito á cidade / David Harvey
A cidade, escribiu unha vez o reputado sociólogo urbano Robert Park: “É un dos intentos máis consistentes, e en definitiva, de maior éxito do home, de refacer o mundo no que vive a partir dos seus anhelos máis profundos. Se a cidade, en todo caso, é o mundo que o home creou, é tamén o mundo no que está condenado a vivir. Así, de xeito indirecto e sen unha conciencia clara da natureza da súa tarefa, ao facer a cidade, o home refíxose a si mesmo.” O dereito á cidade non é simplemente o dereito de acceso ao que xa existe, senón o dereito a cambialo a partir dos nosos anhelos máis profundos. Precisamos estar seguros de que poderemos vivir coas nosas creacións (un problema para calquera planificador, arquitecto ou pensador utópico). Pero o dereito a refacernos a nós mesmos creando un entorno urbano cualitativamente diferente é o máis prezado de todos os dereitos humanos. O entolecido ritmo e as caóticas formas da urbanización ao longo e ancho do mundo fixeron difícil poder reflexionar sobre a natureza desta tarefa. Fixéronnos e refixéronnos sen saber exactamente por que, como, cara onde e con que finalidade. Como podemos, pois, exercer mellor o […]

The post O dereito á cidade / David Harvey appeared first on ECOAR))).

O dereito á pereza (Castelán) / Paul Lafargue
Ácida crítica do sistema capitalista, que para Lafargue so podía desembocar nunha crise de superprodución que abocaría aos traballadores ao paro e a miseria. De carácter utópico e falto do rigor necesario para consideralo un texto teórico fundamental, o dereito á pereza supón unha dura crítica ao productivismo e a moral do traballo.   lafargue_refutacion_del_trabajo

The post O dereito á pereza (Castelán) / Paul Lafargue appeared first on ECOAR))).