<?xml version="1.0" encoding="UTF-8"?>
<!DOCTYPE vcalendar PUBLIC "-//IETF//DTD XCAL/iCalendar XML//EN"
"http://www.ietf.org/internet-drafts/draft-ietf-calsch-many-xcal-01.txt">
<vcalendar
 version="2.0"
 prodid="-//37.48.120.6//NONSGML kigkonsult.se iCalcreator 2.20//"
 calscale="GREGORIAN"
 method="PUBLISH">
<x-from-url>https://ecoarglobal.org</x-from-url>
<x-wr-timezone>Europe/Madrid</x-wr-timezone>
<vtimezone>
<tzid>Europe/Madrid</tzid>
<x-lic-location>Europe/Madrid</x-lic-location>
<standard>
<dtstart>20161030T030000</dtstart>
<tzoffsetfrom>+0200</tzoffsetfrom>
<tzoffsetto>+0100</tzoffsetto>
<rdate>20171029T030000</rdate>
<tzname>CET</tzname>
</standard>
<daylight>
<dtstart>20170326T020000</dtstart>
<tzoffsetfrom>+0100</tzoffsetfrom>
<tzoffsetto>+0200</tzoffsetto>
<tzname>CEST</tzname>
</daylight>
</vtimezone>
<vevent>
<uid>ai1ec-3424@ecoarglobal.org</uid>
<dtstamp>20170420T113425Z</dtstamp>
<categories>ODS-Coia</categories>
<contact>dereitossociais@gmail.com; http://odscoia.arkipelagos.net/</contact>
<description>Xa anunciaramos na convocatoria do 25 de abril que Se Mahoma non vai á montaña… iriamos nós onda eles. Por iso o VENRES 2 de maio, a partires das 10h00, a ODS-Coia, o Grupo de Axitación Social e parroquia do Cristo da Victoria convocamos unha CONCENTRACIÓN ás portas do CONCELLO. E de novo convidamos ao alcalde e á concelleira a que ofrezan solucións ante os atrasos das Axudas de Emerxencia Municipais (AEM).


Abel Caballero e Isaura Abelairas, concelleira de Benestar Social néganse a explicar os motivos do colapso que sofre o departamento de servizos sociais do concello de Vigo. A calada por resposta. Mentres máis de dúas mil solicitudes de AEM están sen resolver. Igual que os problemas de moitas persoas, que acudimos a estas axudas para tratar de buscar vieiros polos que saír do empobrecemento que nos afoga.
Desempregadas ou con empregos precarios, sen pensións ou con elas recortadas, sen prestacións, sen axudas sociais… así temos que vivir, ou máis ben sobrevivir.
O pasado 25 de abril convocamos unha asemblea aberta para falar sobre a Política Social do Concello de Vigo, en concreto sobre os problemas na xestión das AEM nas últimas semanas. Ao acto estaban convidados o alcalde e a concelleira. Nin acudiron, nin deron explicación aos problemas denunciados. Preto dun cento de persoas escoitabamos como moita xente busca nestas axudas os euros necesarios para pagar a vivenda, a factura da luz, a bombona de butano, os alimentos dos cativos da casa… e como a resposta que atopaban era o silencio dos responsables políticos.
Contra a exclusión, redistribución! Dereitos Sociais para todas!
Renda Básica das iguais, XA!


</description>
<dtstart tzid="Europe/Madrid">20140502T080000</dtstart>
<dtend tzid="Europe/Madrid">20140502T100000</dtend>
<location>Praza do Rei, 36202 Vigo, Pontevedra, España</location>
<sequence>0</sequence>
<summary>CONCENTRACIÓN: PERANTE O COLAPSO DAS AXUDAS DE EMERXENCIA MUNICIPAIS</summary>
<url uri="/ecoarglobal.org/event/concentracion-perante-o-colapso-das-axudas-de-emerxencia-municipais/" />
<x-wp-images-url>thumbnail;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/04/web_aem2maio-150x150.jpg;150;150;1,medium;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/04/web_aem2maio-212x300.jpg;212;300;1,large;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/04/web_aem2maio-724x1024.jpg;724;1024;1,full;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/04/web_aem2maio.jpg;750;1060;</x-wp-images-url>
</vevent>
<vevent>
<uid>ai1ec-3443@ecoarglobal.org</uid>
<dtstamp>20170420T113425Z</dtstamp>
<categories>ODS-Coia</categories>
<contact>http://odscoia.arkipelagos.net/</contact>
<description>Pasan as semanas e dende o concello os responsables políticos: alcalde e concelleira de benestar social dan a calada por resposta perante o atasco das axudas de emerxencia municipais. Semella non lles importar os atrasos insoportables que teñen que padecer as persoas que buscan nestas axudas unha saída ao problema que trae para moita xente a insuficiencia de recursos para cubrir as necesidades básicas. Por iso este VENRES 9 de maio, ás 11h00, a ODS-Coia, o Grupo de Axitación Social e parroquia do Cristo da Victoria convocamos unha CONCENTRACIÓN ás portas do CONCELLO perante o colapso das Axudas de Emerxencia Municipais. Contra a exclusión, redistribución!
Dereitos Sociais para todas!
Renda Básica das iguais, XA!</description>
<dtstart tzid="Europe/Madrid">20140509T090000</dtstart>
<dtend tzid="Europe/Madrid">20140509T110000</dtend>
<location>Praza do Rei, 36202 Vigo, Pontevedra, España</location>
<sequence>0</sequence>
<summary>Concentración perante o Colapso das Axudas de Emerxencia Municipais</summary>
<url uri="/ecoarglobal.org/event/concentracion-perante-o-colapso-das-axudas-de-emerxencia-municipais-2/" />
<x-wp-images-url>thumbnail;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/05/web_9maio-150x150.jpg;150;150;1,medium;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/05/web_9maio-212x300.jpg;212;300;1,large;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/05/web_9maio-724x1024.jpg;724;1024;1,full;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/05/web_9maio.jpg;750;1060;</x-wp-images-url>
</vevent>
<vevent>
<uid>ai1ec-3592@ecoarglobal.org</uid>
<dtstamp>20170420T113425Z</dtstamp>
<categories>ODS-Coia</categories>
<contact>http://odscoia.arkipelagos.net/</contact>
<description>A vindeira semana a ODS-Coia, o G.A.S. e a parroquia “Cristo da Victoria” volvemos ás rúas co obxectivo de continuar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica.
O LUNS 9 de xuño de 10h00 a 13h00 estaremos ás portas da delegación de FACENDA en Vigo (r/Lalín 2) para recollermos sinaturas.
E o VENRES 13 de xuño, tamén de 10h00 a 13h00, montaremos unha mesa de recollida de sinaturas diante do ALCAMPO de COIA (r/Grove 1).
Asina esta iniciativa para esixir aos representantes políticos a implantación dunha Renda Básica a nivel estatal. A Renda Básica establece o dereito de toda persoa a recibir unha cantidade periódica que cubra as súas necesidades básicas. Constitúese como un dereito individual, universal e incondicional. A contía da Renda Básica será a equivalente ao limiar da pobreza, é dicir, de 645,33 € tomando datos de 2013.
Agardamos polas vosas sinaturas!</description>
<dtstart tzid="Europe/Madrid">20140609T080000</dtstart>
<dtend tzid="Europe/Madrid">20140609T110000</dtend>
<location>Rúa Lalín, 2, 36208 Vigo, Pontevedra, España</location>
<sequence>0</sequence>
<summary>Mesas Recolla Sinaturas: ILP pola Renda Básica</summary>
<url uri="/ecoarglobal.org/event/mesas-recolla-sinaturas-ilp-pola-renda-basica/" />
<x-wp-images-url>thumbnail;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/06/2014_06_facenda_alcampo-150x150.jpg;150;150;1,medium;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/06/2014_06_facenda_alcampo-212x300.jpg;212;300;1,large;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/06/2014_06_facenda_alcampo.jpg;519;734;</x-wp-images-url>
</vevent>
<vevent>
<uid>ai1ec-3593@ecoarglobal.org</uid>
<dtstamp>20170420T113425Z</dtstamp>
<categories>ODS-Coia</categories>
<contact>http://odscoia.arkipelagos.net/</contact>
<description>A vindeira semana a ODS-Coia, o G.A.S. e a parroquia “Cristo da Victoria” volvemos ás rúas co obxectivo de continuar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica.
O LUNS 9 de xuño de 10h00 a 13h00 estaremos ás portas da delegación de FACENDA en Vigo (r/Lalín 2) para recollermos sinaturas.
E o VENRES 13 de xuño, tamén de 10h00 a 13h00, montaremos unha mesa de recollida de sinaturas diante do ALCAMPO de COIA (r/Grove 1).
Asina esta iniciativa para esixir aos representantes políticos a implantación dunha Renda Básica a nivel estatal. A Renda Básica establece o dereito de toda persoa a recibir unha cantidade periódica que cubra as súas necesidades básicas. Constitúese como un dereito individual, universal e incondicional. A contía da Renda Básica será a equivalente ao limiar da pobreza, é dicir, de 645,33 € tomando datos de 2013.
Agardamos polas vosas sinaturas!</description>
<dtstart tzid="Europe/Madrid">20140613T080000</dtstart>
<dtend tzid="Europe/Madrid">20140613T110000</dtend>
<location>Rúa Grove, 2, 36209 Vigo, Pontevedra, España</location>
<sequence>0</sequence>
<summary>Mesas Recolla Sinaturas: ILP pola Renda Básica</summary>
<url uri="/ecoarglobal.org/event/mesas-recolla-sinaturas-ilp-pola-renda-basica-2/" />
<x-wp-images-url>thumbnail;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/06/2014_06_facenda_alcampo-150x150.jpg;150;150;1,medium;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/06/2014_06_facenda_alcampo-212x300.jpg;212;300;1,large;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/06/2014_06_facenda_alcampo.jpg;519;734;</x-wp-images-url>
</vevent>
<vevent>
<uid>ai1ec-3732@ecoarglobal.org</uid>
<dtstamp>20170420T113425Z</dtstamp>
<categories>ODS-Coia</categories>
<contact>Oficina Dereitos Sociais - Coia; dereitossociais@gmail.com ; http://odscoia.arkipelagos.net/</contact>
<description>A ODS-Coia, a Parroquia do Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social volvemos á praza do Rei, nesta ocasión cunacto de recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica. Será o venres 27 de xuño de 10:00 a 13:00 ás portas do Concello de Vigo.
O lema deste acto de recollida de firmas é: Fronte á esmola do “Cheque Social” esiximos dereitos: Renda Básica!No escrito de valoración do “cheque social” titulado: “O cheque social ou como nos dan gato por lebre” declarabamos que para nós “este programa resulta totalmente insuficiente e inxusto, non só pola evidente e mesmo insultante escaseza da contía orzamentaria, senón tamén polo seu carácter eminentemente restritivo tanto no que ten que ver cos ingresos máximos das persoas potencialmente beneficiarias, como nos anos de empadroamento esixidos.”
Ás 11:30 leremos un manifesto co que volveremos a denunciar as políticas sociais municipais e volveremos a esixir a Renda Básica das Iguais!</description>
<dtstart tzid="Europe/Madrid">20140627T080000</dtstart>
<dtend tzid="Europe/Madrid">20140627T110000</dtend>
<geo>+42.23583;-8.726796</geo>
<location>Praza do Rei, 36202 Vigo, Pontevedra, España</location>
<sequence>0</sequence>
<summary>Acto de recollida de firmas da ILP pola Renda Básica</summary>
<url uri="/ecoarglobal.org/event/acto-de-recollida-de-firmas-da-ilp-pola-renda-basica/" />
<x-wp-images-url>thumbnail;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/06/web_2014_06_27_concello_ilp-150x150.jpg;150;150;1,medium;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/06/web_2014_06_27_concello_ilp-300x212.jpg;300;212;1,large;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/06/web_2014_06_27_concello_ilp.jpg;779;550;,full;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/06/web_2014_06_27_concello_ilp.jpg;900;636;</x-wp-images-url>
</vevent>
<vevent>
<uid>ai1ec-3734@ecoarglobal.org</uid>
<dtstamp>20170420T113425Z</dtstamp>
<categories>ODS-Coia</categories>
<contact>ODS-Coia;  dereitossociais@gmail.com ; http://odscoia.arkipelagos.net/</contact>
<description>A ODS-Coia, a parroquia do Cristo da Victoria e o G.A.S. convocamos unha ASEMBLEA ABERTA de INFORMACIÓN e DENUNCIA das POLÍTICAS SOCIAIS, o LUNS 30 de xuño a partires das 20:00 no salón de actos da parroquia do Cristo da Victoria (r/Baiona 9, Coia – Vigo). Achegamos o texto da convocatoria:
Non podemos seguir a consentir a situación de total indefensión e precariedade na que as institucións públicas deixan a unha poboación cada vez máis empobrecida, vítima dun sistema económico excluínte que impide que dispoña do imprescindible para vivir con dignidade.
Fronte á realidade de terrible inxustiza social que está a padecer a cidadanía, o Concello de Vigo e a Xunta de Galicia despregan unhas políticas sociais absolutamente miserables e ineficaces, tanto no seu deseño como na aplicación, sempre sen orzamentos.
No eido local, non temos máis que botar unha ollada ao publicitado cheque social ou ao mal funcionamento das Axudas de Emerxencia Municipais (AEM) para constatalo. Con respecto ao primeiro, temos denunciado recentemente que na nosa opinión este programa resulta totalmente insuficiente e inxusto, non só pola evidente e mesmo insultante escaseza da contía orzamentaria, senón tamén polo seu carácter eminentemente restritivo tanto no que ten que ver cos ingresos máximos das persoas potencialmente beneficiarias, como nos anos de empadroamento esixidos. E no que atinxe ás AEM, o panorama non é mellor, co colapso máis absoluto na tramitación, con persoas agardando máis de tres meses pola resolución, e coa aplicación de criterios máis restritivos que o establecido polas propias bases, no referente, por exemplo, ao pago de recibos (só se hai orde de corte) ou á concesión de axudas para alimentos (unicamente a persoas con ingresos cero).
No que á Xunta de Galicia se refire, a crúa realidade da RISGA (longos tempos de espera que se prolongan ata os oito meses, burocracia excesiva, escasa cobertura, contías mínimas…) está a agravar dun xeito intolerable a terrible situación de empobrecemento e precariedade que padecen tantas persoas e familias en Galicia. E o acordo parlamentario publicado o 12 de xuño no Boletín Oficial do Parlamento, no que se insta á Xunta a que axilice a tramitación da RISGA e das axudas de inclusión social para cumprir os prazos que marca a normativa vixente, non fai senón demostrar que se está a incumprir sistematicamente o establecido pola lei.
Fronte a estas propostas ineficaces e inxustas do Concello e da Xunta en termos de transformación social e de loita contra o empobrecemento; fronte a estes modelos de axudas e “rendas ou salarios de pobres”; en definitiva, fronte ás AEM e aos cheques sociais, fronte á propia RISGA…, non nos queda máis que organizarnos dende abaixo para que se escoiten ben forte as nosas voces de denuncia e as nosas alternativas transformadoras.
Por iso, para analizar a actual situación e, sobre todo, para deseñar e levar a cabo conxuntamente novas estratexias que nos permitan esixir os nosos dereitos, convocamos a persoas e colectivos a unha asemblea aberta o vindeiro luns 30 de xuño ás 20:00 horas no Salón de actos da Parroquia Cristo da Victoria en Coia.
Porque como nos lembra xente amiga de Canarias: “Por eso caminamos con la urgencia del andar despacio, porque nuestra lucha es para siempre y se refuerza a diario, empeñadas en construir en el presente el futuro que soñamos.”
 
Vigo, xuño 2014
ODS-Coia – Parroquia Cristo da Victoria – G.A.S.


</description>
<dtstart tzid="Europe/Madrid">20140630T180000</dtstart>
<dtend tzid="Europe/Madrid">20140630T210000</dtend>
<location>Rúa de Baiona, 9, 36209 Vigo, Pontevedra, España</location>
<sequence>0</sequence>
<summary>ASEMBLEA ABERTA de INFORMACIÓN e DENUNCIA das POLÍTICAS SOCIAIS</summary>
<url uri="/ecoarglobal.org/event/asemblea-aberta-de-informacion-e-denuncia-das-politicas-sociais/" />
</vevent>
<vevent>
<uid>ai1ec-3743@ecoarglobal.org</uid>
<dtstamp>20170420T113425Z</dtstamp>
<categories>ODS-Coia</categories>
<contact>Oficina Dereitos Sociais Coia; dereitossociais@gmail.com; http://odscoia.arkipelagos.net/</contact>
<description />
<dtstart tzid="Europe/Madrid">20140704T160000</dtstart>
<dtend tzid="Europe/Madrid">20140704T180000</dtend>
<location>MARCO @ Rúa Príncipe, 36202 Vigo, Pontevedra, España</location>
<sequence>0</sequence>
<summary>Recollida de firmas da ILP pola Renda Básica</summary>
<url uri="/ecoarglobal.org/event/recollida-de-firmas-da-ilp-pola-renda-basica/" />
<x-wp-images-url>thumbnail;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/07/marco_41-150x150.jpg;150;150;1,medium;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/07/marco_41-300x211.jpg;300;211;1,large;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/07/marco_41.jpg;779;550;,full;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/07/marco_41.jpg;1000;706;</x-wp-images-url>
</vevent>
<vevent>
<uid>ai1ec-3819@ecoarglobal.org</uid>
<dtstamp>20170420T113425Z</dtstamp>
<categories>ODS-Coia</categories>
<contact>Oficina Dereitos Sociais - Coia; dereitossociais@gmail.com</contact>
<description>Recollida de sinaturas pola Renda Básica diante do Mercado do Calvario.</description>
<dtstart tzid="Europe/Madrid">20140718T170000</dtstart>
<dtend tzid="Europe/Madrid">20140718T200000</dtend>
<geo>+42.219817;-8.752986</geo>
<location>Mercado do Calvario @ Rúa Urzaiz, 183, 36205 Vigo, Pontevedra, Spain</location>
<sequence>0</sequence>
<summary>Recollida sinaturas ILPD pola Renda Básica</summary>
<url uri="/ecoarglobal.org/event/recollida-sinaturas-ilpd-pola-renda-basica/" />
<x-wp-images-url>thumbnail;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/07/calvario_ilp_web-150x150.jpg;150;150;1,medium;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/07/calvario_ilp_web-212x300.jpg;212;300;1,large;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/07/calvario_ilp_web-724x1024.jpg;724;1024;1,full;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/07/calvario_ilp_web.jpg;900;1272;</x-wp-images-url>
</vevent>
<vevent>
<uid>ai1ec-3824@ecoarglobal.org</uid>
<dtstamp>20170420T113425Z</dtstamp>
<categories>ODS-Coia</categories>
<contact>Baladre; dereitossociais@gmail.com</contact>
<description>Convidámosvos pois a participar nestas xornadas que en Vigo se desenvolverán en Coia, o día 24, nos locais da parroquia do Cristo da Victoria, co seguinte programa:
10:00 – 11:30: Represión e cadea. Locais da parroquia Cristo da Victoria.
12:00 – Concentración polos dereitos sociais no Concello de Vigo.
14:00 – Xantar comunitario nos locais da parroquia Cristo da Victoria.
16:00 – Roteiro ata o Parque de A Bouza.
16:30 a 18:30 – Os nosos Barrios, as nosas loitas. Na carballeira do parque de A Bouza.
Para máis información e o programa completo da Escola Social: http://www.coordinacionbaladre.org/noticia/caravana-marcha-del-20-al-24-de-julio</description>
<dtstart tzid="Europe/Madrid">20140721T100000</dtstart>
<dtend tzid="Europe/Madrid">20140724T190000</dtend>
<location>Parroquia Cristo da Victoria @ Rúa de Baiona, 9, 36209 Vigo, Pontevedra, Spain</location>
<sequence>0</sequence>
<summary>Escola Social de Verán</summary>
<url uri="/ecoarglobal.org/event/escola-social-de-veran/" />
<x-wp-images-url>thumbnail;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/07/marcha_gz_web-150x150.jpg;150;150;1,medium;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/07/marcha_gz_web-212x300.jpg;212;300;1,large;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/07/marcha_gz_web-723x1024.jpg;723;1024;1,full;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/07/marcha_gz_web.jpg;900;1273;</x-wp-images-url>
</vevent>
<vevent>
<uid>ai1ec-3992@ecoarglobal.org</uid>
<dtstamp>20170420T113425Z</dtstamp>
<categories>ODS-Coia</categories>
<contact>ODS Coia e GAS; odscoia@riseup.net; odscoia.arkipelagos.net</contact>
<description>Tras unha pequena pausa a ODS-Coia, o G.A.S. e a parroquia “Cristo da Victoria” volvemos ás rúas para continuar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica.
O venres 7 de novembro de 10:00 a 13:00 montaremos unha mesa de recollida de de sinaturas diante do ALCAMPO de COIA (r/Grove 1).
Asina esta iniciativa para esixir aos representantes políticos a implantación dunha Renda Básica a nivel estatal. A Renda Básica establece o dereito de toda persoa a recibir unha cantidade periódica que cubra as súas necesidades básicas. Constitúese como un dereito individual, universal e incondicional. A contía da Renda Básica será a equivalente ao limiar da pobreza, é dicir, de 645,33 €.
Agardamos polas vosas sinaturas!</description>
<dtstart tzid="Europe/Madrid">20141107T100000</dtstart>
<dtend tzid="Europe/Madrid">20141107T130000</dtend>
<location>Rúa Grove, 1, 36209 Vigo, Pontevedra, Spain</location>
<sequence>0</sequence>
<summary>Recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica.</summary>
<url uri="/ecoarglobal.org/event/recollida-de-sinaturas-da-ilp-pola-renda-basica/" />
<x-wp-images-url>thumbnail;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/11/2014_11_07_ilp_auchan_web-150x150.jpg;150;150;1,medium;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/11/2014_11_07_ilp_auchan_web-212x300.jpg;212;300;1,large;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/11/2014_11_07_ilp_auchan_web-724x1024.jpg;724;1024;1,full;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/11/2014_11_07_ilp_auchan_web.jpg;830;1173;</x-wp-images-url>
</vevent>
<vevent>
<uid>ai1ec-3994@ecoarglobal.org</uid>
<dtstamp>20170420T113425Z</dtstamp>
<categories>ODS-Coia</categories>
<contact>ODS Coia e GAS; odscoia@riseup.net; odscoia.arkipelagos.net</contact>
<description>O Foro Galego de Inmigración, xunto coa Oficina de Dereitos Sociais de Coia e máis o Grupo de Axitación Social (GAS), convocamos un acto público, con rolda de prensa previa o martes día 11 de novembro a partires das 11:00 diante da Delegación da Xunta de Galiza en Vigo(r/Concepción Areal 8) para denunciar a intolerable discriminación que sofren ás persoas migrantes comunitarias no acceso ás prestacións sociais da Xunta de Galiza.
O acto incluirá unha concentración de colectivos sociais aberta ao conxunto da cidadanía, e a lectura dun comunicado conxunto.
O Foro Galego de Inmigración e os colectivos vigueses que convocamos este acto e promovemos o comunicado que se lerá de forma pública no mesmo, levamos tempo denunciando as restricións e as vulneracións de dereitos ás que están sometidas as persoas migrantes, que van moito mais alá das actuacións que de cando en vez saltan á primeira plana dos medios de comunicación. No labirinto institucional e burocrático tamén atopamos múltiplas fronteiras e altas doses de racismo e xenofobia.
Como exemplo destas fronteiras interiores temos as restricións que se impoñen ás persoas migrantes á hora de acceder ás prestacións sociais -dereito que segue negado aquelas que carecen de documentación e se atopan en situación de máxima vulnerabilidade-, situación que non só non mudou coa aprobación da Lei de Inclusión Social de Galicia senón que estamos a identificar novos atrancos.
En concreto temos detectadas bastantes situacións en Vigo na que persoas migrantes comunitarias residentes na cidade, ás veces dende hai moito tempo e normalmente de nacionalidade portuguesa, non poden acceder a RISGA (Renda de Inserción Social de Galicia) coa xustificación de non seren considerado residentes, pola normativa que establece a Lexislación Europea e Española de Estranxeiría, cando en realidade son persoas que cumpren o requisito de tempo de empadroamento que establece a norma para poder acceder a estas prestacións.
Temos así por unha banda un elemento claramente discriminador na medida que o documento que xustifica o tempo de residencia na cidade é o certificado de empadroamento e nestes casos esíxelles, a maiores, a inscrición no Rexistro Central de Estranxeiros, Rexistro que non é obrigatorio para residir legalmente segundo establece a propia normativa de estranxeiría. E temos, por outra banda, unha fonda inxustiza xa que a inscrición nese Rexistro esixe a xustificación de ingresos suficientes para residir no territorio español. Así polo feito de non ter ingresos non poden acceder a ese Rexistro, e polo feito de non poder acceder a ese Rexistro non teñen dereito á prestación social específica para as persoas en situación de pobreza e exclusión social. Quedan así excluídas xusto as persoas migrantes que máis o precisan.
Concentrámonos o martes día 11 de novembro en Vigo, en definitiva para cuestionar unha lexislación que resulta contraria aos principios recollidos na propia Lei de Dereitos Sociais, e na Constitución do Estado, que recolle a obriga da administración e dos poderes públicos de garantir o benestar de todas as persoas, sen ningunha distinción. Por iso, denunciamos estes feitos e a trama de mecanismos institucionais que funcionan como fronteiras interiores ao promover a exclusión dunha parte da comunidade no aceso á dereitos fundamentais. Os dereitos sociais son un ben común e por iso mesmo reclamamos:
Ningunha persoa sen dereitos! Nin fronteiras exteriores, nin fronteiras burocráticas</description>
<dtstart tzid="Europe/Madrid">20141111T110000</dtstart>
<dtend tzid="Europe/Madrid">20141111T120000</dtend>
<location>Rúa Concepción Arenal, 8, 36202 Vigo, Pontevedra, Spain</location>
<sequence>0</sequence>
<summary>Acto público de denuncia das discriminacións ás persoas migrantes no acceso á RISGA</summary>
<url uri="/ecoarglobal.org/event/acto-publico-de-denuncia-das-discriminacions-persoas-migrantes-acceso-risga/" />
<x-wp-images-url>thumbnail;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/11/11_11_14_migrantes-1-150x150.jpg;150;150;1,medium;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/11/11_11_14_migrantes-1-212x300.jpg;212;300;1,large;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/11/11_11_14_migrantes-1-724x1024.jpg;724;1024;1,full;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/11/11_11_14_migrantes-1.jpg;1754;2480;</x-wp-images-url>
</vevent>
<vevent>
<uid>ai1ec-4118@ecoarglobal.org</uid>
<dtstamp>20170420T113425Z</dtstamp>
<categories>ODS-Coia</categories>
<contact>ODS Coia e Medicos do Mundo; odscoia@riseup.net; http://www.odscoia.arkipelagos.net</contact>
<description>Médicos do Mundo de Vigo co apoio da xente da ODS-Coia convidámosvos a participar no obradoiro titulado: “Axudas Sociais: información ao servizo dos nosos dereitos”.
Dito obradoiro celebrarase o Venres 5 de decembro a partires das 10h00 nos locais que Médicos do Mundo ten en Vigo (rúa Illas Baleares 15 baixo).
Esta actividade dirixida a todas aquelas persoas que sofren problemas para chegar a fin de mes, ante esta situación animamos a informarse sobre as axudas sociais, tanto autonómicas como municipais: RISGA, Axudas de Emerxencia…
Precisamos coñecer os nosos dereitos para os defender!</description>
<dtstart tzid="Europe/Madrid">20141205T100000</dtstart>
<dtend tzid="Europe/Madrid">20141205T140000</dtend>
<location>Local Medicos do Mundo @ Rúa Illas Baleares, 36203 Vigo, Pontevedra, Spain</location>
<sequence>0</sequence>
<summary>“Axudas Sociais: información ao servizo dos nosos dereitos”</summary>
<url uri="/ecoarglobal.org/event/axudas-sociais-informacion-ao-servizo-dos-nosos-dereitos/" />
<x-wp-images-url>thumbnail;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/12/5dec_web-150x150.jpg;150;150;1,medium;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/12/5dec_web-300x211.jpg;300;211;1,large;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/12/5dec_web.jpg;779;550;,full;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2014/12/5dec_web.jpg;850;600;</x-wp-images-url>
</vevent>
<vevent>
<uid>ai1ec-4246@ecoarglobal.org</uid>
<dtstamp>20170420T113425Z</dtstamp>
<categories>ODS-Coia</categories>
<contact>ODS COIA; odscoia.arkipelagos.net ;  http://facebook.com/asembleaabertacoia</contact>
<description>
A Asemblea Aberta de Coia e a Parroquia do Cristo da Victoria convocamos de urxencia unha Rolda de prensa nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria (r/Baiona 9 baixo – Coia) ás 17h30 para valorar as detencións de tres persoas vinculadas ao noso colectivo, dar conta do sucedido e denunciar o crecemento das dinámicas de represión inxustificada que estamos a padecer..

– O día 15 de decembro foi detido un rapaz do noso barrio por un presunto delito de atentado á autoridade, dándose a circunstancia de que nin sequera se atopaba no lugar dos feitos.

– O día 7 de Xaneiro outro compañeiro, Xurxo, foi acusado falsamente por feitos similares

– No día de hoxe consumouse unha terceira detención polos feitos do día 15. Novamente, ao noso compañeiro Diego impútanselle delitos de atentado e lesións. Estas acusacións carecen de todo fundamento.

 
Contra o que D. Abel Caballero está a dicir, esta Asemblea vén dende a súa constitución empregando únicamente medios pacíficos de presión e protesta. Esa é a nosa opción e nela nos mantemos.</description>
<dtstart tzid="Europe/Madrid">20150110T173000</dtstart>
<dtend tzid="Europe/Madrid">20150110T190000</dtend>
<location>R/Baiona 9 baixo - Coia -Vigo</location>
<sequence>0</sequence>
<summary>ROLDA de PRENSA antes as MENTIRAS POLICIAIS no conflito da rotonda</summary>
<url uri="/ecoarglobal.org/event/rolda-de-prensa-antes-mentiras-policiais-conflito-da-rotonda/" />
</vevent>
<vevent>
<uid>ai1ec-4253@ecoarglobal.org</uid>
<dtstamp>20170420T113425Z</dtstamp>
<categories>ODS-Coia</categories>
<contact>ODS Coia; nonarotonda@gmail.com  ; http://odscoia.arkipelagos.net/</contact>
<description>


O VENRES 16 de xaneiro a Asemblea Aberta de Coia convoca unha MANIFESTACIÓN baixo o lema: XUSTIZA SOCIAL. NIN CARTOS NA ROTONDA, NIN ESTADO POLICIAL!

Como na anterior manifestación, celebrada o pasado 12 de decembro, sairemos desde a Praza de América ás 20:00 para chegar, logo de percorrer a avenida de Castelao, á rotonda de Coia onde remataremos cunha concentración e coa lectura dun comunicado.
Semella que o alcalde está disposto a empregar toda a forza que ten de man para a calar a resistencia veciñal en contra das obras de instalación do barco. Unhas obras que estiveron paradas até o luns, cando de noite e con forte presenza policial, entraron de novo as máquinas.
O que o seu goberno intentar silenciar é que a nosa loita camiña na procura da Xustiza Social desde a non violencia. Desde o comezo do conflito a represión foi en aumento, ao punto de termos a tres compañeiros imputados por mentiras policiais, termos a persoas violentadas nas actuacións policiais, termos sancións  por tocar a bucina…
O que lle doe é que estamos a desvelar publicamente o seu “malgoberno” e tamén o desastre dunhas políticas sociais, para a galería, que deixan a moitas persoas da cidade sen luz, sen vivenda, sen alimentos básicos… en definitiva: sen dereitos sociais.
Nesta loita non sobra ninguén!  Por iso animamos a tódas as persoas, colectivos, asociacións, entidades deportivas… que turren con nós para facer posible outra cidade, na que as persoas e as súas necesidades sexan o primeiro.

XUSTIZA SOCIAL. NIN CARTOS NA ROTONDA, NIN ESTADO POLICIAL!
— 


Asemblea Aberta de Coia
nonarotonda@gmail.com  |  @AsembleaDeCoia  |  facebook.com/asembleaabertacoia
XUSTIZA SOCIAL. NIN CARTOS NA ROTONDA, NIN ESTADO POLICIAL!



— 

OFICINA DEREITOS SOCIAIS – COIA (ODS-Coia)
odscoia.arkipelagos.net | odscoia@riseup.net |@odscoia | tel: 696 618 732 – 679 758 663
Estamos os luns de 17h00 a 19h00 en Coia, nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria (rúa Baiona 9, Vigo)

</description>
<dtstart tzid="Europe/Madrid">20150116T200000</dtstart>
<dtend tzid="Europe/Madrid">20150116T210000</dtend>
<location>Praza de América, Vigo, Pontevedra, España</location>
<sequence>0</sequence>
<summary>MANIFESTACIÓN 16X: XUSTIZA SOCIAL. NIN CARTOS NA ROTONDA, NIN ESTADO POLICIAL!</summary>
<url uri="/ecoarglobal.org/event/manifestacion-16x-xustiza-social-nin-cartos-na-rotonda-nin-estado-policial/" />
<x-wp-images-url>thumbnail;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2015/01/MANI16a-150x150.png;150;150;1,medium;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2015/01/MANI16a-212x300.png;212;300;1,large;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2015/01/MANI16a-724x1024.png;724;1024;1,full;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2015/01/MANI16a.png;2000;2828;</x-wp-images-url>
</vevent>
<vevent>
<uid>ai1ec-4264@ecoarglobal.org</uid>
<dtstamp>20170420T113425Z</dtstamp>
<categories>ODS-Coia</categories>
<contact>ODS Coia e GAS; odscoia@riseup.net; http://www.odscoia.arkipelagos.net</contact>
<description>O próximo xoves 29 de xaneiro, ás 10:45 celebrarase a vista no proceso iniciado por unha compañeira da ODS-Coia contra a denegación de dúas Axudas de Emerxencia Municipal por parte do Concello de Vigo. En apoio desta compañeira, a ODS-Coia, a parroquia “Cristo da Vitoria” e G.A.S. convocamos unha concentración de apoio nas portas dos propios xulgados (r/Lalín, Vigo) a partires das 10:30 baixo o lema: O Concello reparte esmola, nós esiximos dereitos sociais!
Nesta demanda contencioso-administrativa estanse a recorrer dúas resolucións da Concelleira de Benestar Social, Isaura Abelairas, nas que se fan patentes, por unha banda, a absoluta falla de motivación das resolucións denegatorias desta clase de prestacións e o grave incumprimento da tramitación legalmente esixida no procedemento administrativo; e por outra banda, a arbitrariedade na concesión das axudas, e a falla de resposta eficaz, en contía e tempo, por parte do Departamento de Benestar Social do Concello de Vigo.
Os motivos de oposición alegados no recurso son:
– Infracción das normas reguladoras do procedemento administrativo: falla de cumprimento dos trámites legalmente esixidos. Incumprimento da estimación por silencio administrativo.
– Falla de suficiente motivación da denegación das axudas.
– Incumprimento das bases reguladoras das Axudas de Emerxencia en canto a produción e contido, por infrinxir a finalidade, requisitos de acceso e contía máximas das axudas.
O caso desta compañeira, que o xoves colocaremos diante do xuíz do Xulgado do Contencioso nº 1 de Vigo, non é máis que un exemplo dos centos de persoas que cada día ven como non se respectan os seus dereitos como administrados, como cidadáns, e como o Concello de Vigo perpetúa unha política social na que a opacidade, a irregularidade e a miseria son a regra xeral.
Este xuízo é o primeiro dunha loita, que o 18 de febreiro continuará, xa que outra compañeira acode tamén aos xulgados na procura da protección. Unha protección que o departamento de Benestar Social négase a ofrecer, malia a publicidade dun alcalde que fala das mellores políticas sociais do mundo, mentres as persoas sufrimos nos servizos sociais os: “non hai cartos”, “tes que te arranxar coa RISGA”, “xa recibiches moitas axudas”…. dun departamento colapsado e xestionado de costas ás necesidades básicas da xente.
 
Coia, xaneiro 2015
ODS-Coia, Parroquia Cristo da Vitoria e Grupo Axitación Social (G.A.S.)</description>
<dtstart tzid="Europe/Madrid">20150129T103000</dtstart>
<dtend tzid="Europe/Madrid">20150129T113000</dtend>
<location>Concello de Vigo, 36202 Vigo, Pontevedra, España</location>
<sequence>0</sequence>
<summary>Concentración no xulgado: O Concello reparte esmola, nós esiximos dereitos sociais!</summary>
<url uri="/ecoarglobal.org/event/concentracion-xulgado-o-concello-reparte-esmola-nos-esiximos-dereitos-sociais/" />
<x-wp-images-url>thumbnail;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2015/01/xulgado_aem-150x150.jpg;150;150;1,medium;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2015/01/xulgado_aem-212x300.jpg;212;300;1,large;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2015/01/xulgado_aem-724x1024.jpg;724;1024;1,full;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2015/01/xulgado_aem.jpg;850;1201;</x-wp-images-url>
</vevent>
<vevent>
<uid>ai1ec-4294@ecoarglobal.org</uid>
<dtstamp>20170420T113425Z</dtstamp>
<categories>ODS-Coia</categories>
<contact>ODS Coia; 696 618 732 - 679 758 663; odscoia@riseup.net; http://odscoia.arkipelagos.net/</contact>
<description> 


O vindeiro mércores 18 de febreiro, ás 10h00 celebrarase un novo xuízo contra o Departamento de Benestar Social do Concello de Vigo, iniciado por unha compañeira da ODS-Coia, en reclamación contra a resolución pola que se lle denega unha Axuda de Emerxencia Municipal (AEM) para débedas de subministración (luz e gas). En apoio desta compañeira, a ODS-Coia, a parroquia “Cristo da Vitoria” e G.A.S. convocamos unha concentración de apoio nas portas dos propios xulgados (r/Lalín, Vigo) a partires das 9:30 da mañá baixo o lema: Fronte á esmola das axudas do Concello, esiximos dereitos sociais!Trátase do segundo xuízo contra este departamento pola cuestión das AEM, o pasado 29 de xaneiro celebrouse a vista na que unha compañeira demandaba ao concello pola denegación de dúas AEM. Até o momento non foi comunicada unha sentenza que agardamos con esperanza.
A solicitude denegada foi presentada o 02/07/2014 e o 14/11/2014 ditouse resolución denegando a mesma por dous motivos:
1º. A solicitante cobra unha RISGA de 239,03 euros. Segundo o criterio do Departamento de Benestar Social, uns ingresos suficientes para afrontar os gastos ordinarios (entre eles a luz e o gas). Así se recolle literalmente: “vostede percibe una RISGA dende xullo deste ano e a partir de agora ten que asumir os gastos xerais e suministro da vivenda, xa que son gastos ordinarios”.
2º. Tamén se denega a axuda por terse superado a contía máxima que se concede por vivenda e ano para as débedas de subministración.
Dende a ODS-Coia apoiamos este recurso xa que:
1º. Non pode admitirse que a unha persoa con dous menores ao seu cargo, de 5 anos e dúas semanas de idade, que conta como únicos ingresos cunha RISGA de 239 euros (máis pensión de alimentos), se lle indique dende o Departamento de benestar Social que non ten dereito a percibir máis axuda económica, por considerarse suficiente dita contía mensual para afrontar as súas necesidades básicas, e as da súa familia.
Ademais, as bases reguladoras non establecen a percepción da RISGA como circunstancia que impida ou restrinxa o cobro dunha AEM.
2º. Non é certo que a compañeira superase a contía máxima anual para axudas de subministración, xa que a base 7ª das bases fixa ese máximo (para luz e gas) en 800 €, e a recorrente percibiu durante todo o ano 2014 para eses dous conceptos un total de 519,41 euros, tal e como consta nos expedientes administrativos aos que tivemos acceso.
3º. Finalmente, ao terse superado o tempo máximo de resolución deste tipo de axudas (3 meses) a solicitude tivo que ser estimada por silencio administrativo, xa que o prazo para resolver finalizou o 02/10/2014 e a resolución non se dita até o 14/11/2014, e se notifica o 04/12/2014.

Contacto coa prensa: Esther 679 758 663




</description>
<dtstart tzid="Europe/Madrid">20150219T093000</dtstart>
<dtend tzid="Europe/Madrid">20150219T110000</dtend>
<location>Rúa Lalín, Vigo, Pontevedra, España</location>
<sequence>0</sequence>
<summary>Concentración: Fronte á esmola das axudas do Concello, esiximos dereitos sociais!</summary>
<url uri="/ecoarglobal.org/event/concentracion-fronte-esmola-das-axudas-concello-esiximos-dereitos-sociais/" />
</vevent>
<vevent>
<uid>ai1ec-4364@ecoarglobal.org</uid>
<dtstamp>20170420T113425Z</dtstamp>
<categories>ODS-Coia</categories>
<contact>ODS Coia; odscoia@riseup.net; http://www.odscoia.arkipelagos.net</contact>
<description>A ODS-Coia apoia a convocatoria de concentración da Asemblea Aberta de Coia que levará o lema: contra a criminalización da protesta. Basta de montaxes policiais! Será este xoves 12 de marzo ás 9:30, diante dos xulgados de Vigo.
O goberno de Caballero e a súa policía local seguen na procura de castigos “exemplarizantes” para acalar as protestas de Coia en contra do barco na rotonda.
Logo das mentiras que remataron na condena de Xurxo, agora van a por Diego (compañeiro da ODS-Coia) acusado dun delito de atentado. Dous axentes da policía local, supostamente lesionados nas protestas do 15/12/2014 na rotonda, están citados para prestar declaración, como denunciantes e prexudicados, o xoves 12 ás 10:00 e 10:30, respectivamente, no Xulgado de Instrución nº 4.
Estes axentes aínda están a tempo para deter esta maquinaria. Se teñen vontade de facelo é doado: contar na declaración do xoves a verdade que non contaron nos atestados, isto é, que non houbo ningún tipo de agresión cara eles, nin por parte de Diego, nin por parte de ningún outro membro da Asemblea Aberta de Coia.
As alí presentes sabemos que esa é a verdade, e por isto, convocamos unha concentración de apoio a Diego, e de rexeitamento á manipulación policial.
Acudide aos xulgados para dicir basta aos montaxes policiais, á represión.
Solidariedade coa loita veciñal, solidariedade con Diego!</description>
<dtstart tzid="Europe/Madrid">20150312T093000</dtstart>
<dtend tzid="Europe/Madrid">20150312T103000</dtend>
<location>Xulgado de Garda, Rúa Lalín, 4, 36209 Vigo, Pontevedra, España</location>
<sequence>0</sequence>
<summary>Contra a criminalización da protesta</summary>
<url uri="/ecoarglobal.org/event/contra-a-criminalizacion-da-protesta/" />
<x-wp-images-url>thumbnail;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2015/03/12m-150x150.jpg;150;150;1,medium;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2015/03/12m-300x211.jpg;300;211;1,large;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2015/03/12m-1024x723.jpg;779;550;1,full;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2015/03/12m.jpg;1193;843;</x-wp-images-url>
</vevent>
<vevent>
<uid>ai1ec-4367@ecoarglobal.org</uid>
<dtstamp>20170420T113425Z</dtstamp>
<categories>ODS-Coia</categories>
<contact>ODS Coia; odscoia@riseup.net; http://www.odscoia.arkipelagos.net</contact>
<description>Difundide en apoio ao noso compañeiro da ODS-Coia!



Tras as mentiras dos axentes da policía local, que están a empregar a presunción de veracidade que se lles supón en contra da veciñanza, este mércores o noso compañeiro Diego acode aos xulgados para explicar o acontecido o 15/12 na rotonda de Coia.
Non estará só xa que a Asemblea Aberta de Coia convoca unha CONCENTRACIÓN diante do edificio novo dos xulgados baixo o lema:Solidariedade coa loita polos dereitos sociais, solidariedade con Diego! Será este mércores 18 de marzo a partires das 9:30.
Condenaron a Xurxo con mentiras, e agora queren facer o mesmo con Diego. A violencia, o medo e as súas mentiras non conseguirán acalar unha protesta chea de razóns: non se poden tirar os cartos nunha rotonda, cando unha maioría sofre gravísimos problemas para cubrir as necesidades básicas.
Axentes da policía local acusan a este traballador social dun delito de atentado por unha agresión inexistente. Non sabemos que move a estes axentes a manter unha versión que nada ten que ver co acontecido nesa data, pero non estamos dispostas a soportar esta vulneración de dereitos que castiga e reprime ás que defenden os dereitos da comunidade fronte aos intereses dunha minoría.
O goberno de Caballero non ten razóns para defender esta obra “faraónica” e pensa que pola forza poderá impor a desfeita que supón chantar un barco na rotonda dun dos barrios máis castigados polo empobrecemento.
Xuntas volveremos a berrar: Xustiza social. Nin cartos na rotonda nin estado policial!

</description>
<dtstart tzid="Europe/Madrid">20150318T093000</dtstart>
<dtend tzid="Europe/Madrid">20150318T113000</dtend>
<location>Xulgado de Garda, Rúa Lalín, 4, 36209 Vigo, Pontevedra, España</location>
<sequence>0</sequence>
<summary></summary>
<url uri="/ecoarglobal.org/event/4367/" />
<x-wp-images-url>thumbnail;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2015/03/18m-150x150.jpg;150;150;1,medium;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2015/03/18m-212x300.jpg;212;300;1,large;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2015/03/18m-724x1024.jpg;724;1024;1,full;/ecoarglobal.org/wp-content/uploads/2015/03/18m.jpg;992;1403;</x-wp-images-url>
</vevent>
</vcalendar>
