Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Estrutura - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Estrutura

English, Castellano

ESTRUTURA
GRUPOS DE TRABALLO DE ECOAR)))

 

GRUPO DE ACCIÓN:

    • Elabora, planifica e coordina accións.
    • Deseño de materiais.
    • Realiza proxectos de dinamización e/ou alternativa social.
    • Difunde as diferentes iniciativas e accións.

Componse de:

  • Equipo de Acción: Desenvolve todo tipo de iniciativas de rúa (manifestacións, concentracións, bloqueos,…)

  • Equipo de (Contra)cultura. Teñen como obxectivo a creación de accións escénicas de rúa orientadas cara ao cambio social a través da concienciación social, política e cultural.

  • Equipo de (Contra)información:  Realiza iniciativas tanto dixitais como de rúa para poder achegar información crítica e construtiva á cidadanía (contrapublicidade, graffitti,…).

  • Equipo de Difusión: Difunde as diversas campañas e inciativas (pegadas de cartaces, reparto de folletos,…)

 

GRUPO DE (CONTRA)DISCURSO:

    • Elabora discurso e  contradiscurso
    • Organiza  actividades de formación como palestras, charlas, proxeccións….
    • Realiza, traduce e compila información (libros, vídeos, documentos, representacións,…)

Componse de:

  • Equipo Documentación: Encárgase de todo o proceso de  investigación, estruturación e elaboración de textos, informes e información.

  • Equipo de Tradución e Ortografía: Encárgase da tradución e corrección ortográfica de toda a documentación que produce e recibe a plataforma.

 

GRUPO DE MEDIOS:

    • Xestiona todo o relacionado coa comunicación a medios.
    • Homoxeiniza as mensaxes
    • Canaliza as demandas informativas.
    • É o referente da organización fronte aos medios.
    • Elabora os materiais informativos e fai “noticiable” aquilo que interese á plataforma, ben referido ao seu traballo, propostas e denuncias ou ben ao que afecte ao seu ámbito ou contorna social.

 

GRUPO DE REDES:

    • Desenvolve e ocúpase de todo o que atinxe ao eido tecnolóxico.
    • Xestiona e mantén a páxina web e as redes sociais
    • Deseña o material gráfico tanto dixital como físico.  
    • Deseña campañas e estratexias de difusión e encárgase do seu desenvolvemento no eido dixital.
    • Desenvolve ferramentas informáticas e aplicacións.

Componse de:

  • Equipo de Web: Xestión, seguimento, construción, protección e actualización constante da web (seguridade, desenvolvemento de ferramentas,…).

  • Equipo de Redes Sociais: Mantemento, xestión e actualización das redes sociais (publicacións, usuarixs,…).

  • Equipo de Audiovisual: Xera todo tipo de materiais para promocionar e difundir as iniciativas e informacións que seguen a liña da plataforma (vídeos promocionais, documentais, fotografías,…).

 

GRUPO DE XESTIÓN DO ACTIVISMO:

    • Xestiona a incorporación e saída das organizacións e persoas en ECOAR))) e nos diferentes grupos que o conforman.
    • Realiza as análises e avaliacións tanto externas como internas.
    • Procura a acción coordinada de/con todos os grupos, colectivos, asociacións e persoas.
    • Elabora todo tipo de documentación e estratexias necesarias para o funcionamento coordinado e efectivo.

Componse de:

  • Equipo de Coordinación e Xestión Xeral: Xera estratexia, avalía, elabora documentación xeral e procura a acción coordinada da plataforma. Tamén se encarga da captación, entradas e saídas. (DAFO, protocolos, documentación estratéxica, seguimento xeral,…).

  • Tesourería: Xestiona a economía da plataforma así como de constrúe iniciativas coherentes para recadar fondos (balances, recadación en actos, presupostos,…).

  • Equipo de Legal: Asesora e xestiona nas cuestión legais da plataforma (solución de dúbidas, documentación, asistencia,…).

  • Internodal: Busca accións, iniciativas e contactos dende o plano local ao internacional.

 

Todos os grupos encárganse de dar soporte ás distintas organizacións e/ou activistas sobre calquera dúbida ou necesidade que teñan nos diferentes eidos.


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!