Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Quen Somos

English, Castellano

 

COMO NOS DEFINIMOS

 

ECOAR))) é un Espazo de (Contra)discurso, Construción, e Coordinación de Alternativas e Resposta Social que busca converterse nunha ferramenta de utilidade para os movementos sociais e a cidadanía baseándose nos seguintes puntos básicos:

  • ANTICAPITALISMO
  • ANTIGLOBALIZACIÓN
  • CONSUMO RESPONSÁBEL
  • DEFENSA DO PÚBLICO
  • DEFENSA DOS DDHH (PC-DESC)
  • ECOLOXISMO
  • ESTADO” SOCIAL E LAICO
  • HORIZONTALIZACIÓN DA SOCIEDADE
  • INTERCULTURALISMO
  • NON VIOLENCIA

 

Ecoar))) busca crear un espazo de coordinación e mobilización xerando un tecido social crítico e activo para artellar, dende o local ao internacional, unha resposta unitaria á hexemonía capitalista a través da pluralidade, a actitude sumativa e o traballo en rede. É por isto que nos marcamos os seguintes obxectivos:

  • Creación de discurso e contradiscurso.
  • Iniciación, apoio e defensa de proxectos, plataformas e colectivos de dinamización e crítica social.
  • Dinamización do entorno través de accións e iniciativas participativo-reflexivas e críticas.
  • Seguimento e creación de iniciativas e redes que repercutan nas diferentes mobilizacións e impulsos sociais locais, nacionais e internacionais.
  • Potenciación e defensa dxs minorizadxs.

 


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!