Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

A policía protexe a 552 adolescentes por risco de sufrir violencia machista.

02/03/2016
By

A policía protexe a 552 adolescentes por risco de sufrir violencia machista.

En total o Ministerio do Interior está a realizar un seguimento a 52.000 mulleres que teñen un risco de sufrir unha agresión por parte da súa parella ou exparella.

muleres552

Cabecera de la marcha del pasado 7 de noviembre contra la violencia machista.

O Ministerio do Interior, a través da policía, está a realizar un seguimento a 552 mulleres de entre 14 e 17 anos que están ameazadas de sufrir un episodio de violencia machista, segundo os datos do sistema de vixilancia integral VioGén que recolle a Cadea Ser.

Destas 552, un total de 326 teñen un risco leve de sufrir esa agresión e en 189 dos casos esa posibilidade é baixa. En cambio, 36 delas necesitan dunha maior protección policial ao determinarse que o risco de sufrir esa agresión é medio. Unha necesita vixilancia policial de maneira frecuente e un control ao seu agresor.

Segundo os datos do Rexistro de Violencia Doméstica e de Xénero, a finais de 2014, un total de 576 menores de idade tiñan unha orde de protección ou unha medida cautelar por violencia machista.

En canto ás vítimas adultas, a policía protexe actualmente a 52.000 mulleres, un terzo menos das que eran atendidas fai tres anos. Os colectivos de mulleres atribúen este descenso á redución dos persoais policiais. Os datos oficiais de 2014 que achega o Instituto Nacional de Estatística (INE) indican que 27.087 mulleres figuraban na base de datos como vítimas por violencia de xénero.

Fonte: http://www.eldiario.es

 

 

 


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!