Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
AGE e BNG alertan dos efectos do tratado de libre comercio UE-EE.UU. - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

AGE e BNG alertan dos efectos do tratado de libre comercio UE-EE.UU.

18/07/2014
By

AGE e BNG alertaron este venres dos graves efectos negativos que pode provocar o Tratado de Libre Comercio e Investimento entre Estados Unidos e a Unión Europea (TTIP), que esta semana entrou na súa sexta rolda de negociacións en Bruxelas. As dúas formacións advirten de que o tratado, que ten como o

Boo, Sánchez, Senra, Noriega e Pérez, na rolda de prensa deste venres

Boo, Sánchez, Senra, Noriega e Pérez, na rlda de prensa deste venres

bxectivo liberalizar unha ampla gama de sectores económicos para facilitar a compravenda de bens e servizos, provocará “máis pobreza, máis exclusión social, e profundizará na ola de liberalización e privatización”, en palabras de Lidia Senra e facilitará que as “multinacionais pasen por riba dos dereitos dos consumidores”, segundo Ana Miranda.

AGE esixe a través dunha proposición non de lei que a Xunta se posicione contra o TTIP, demande a suspensión das negociacións e “apoie as iniciativas dirixidas a manter o carácter público dos chamados servizos socialmente útiles”. De igual xeito, o BNG vai promover a constitución dunha Plataforma Galega contra o TTIP e prepara un informe sobre as consecuencias económicas da aplicación do tratado en Galicia.

Nunha rolda de prensa celebrada este venres no Parlamento o deputado Antón Sánchez e a eurodeputada Lidia Senra, acompañados do coordinador de Anova Martiño Noriega, o responsable de organización de Esquerda Unida Rubén Pérez, e de María Xesús Boo, de Espazo Ecosocialista, sinalaron que “estamos diante dunha batalla entre as grandes corporacións e a democracia, e nós estamos da banda da democracia”.

Senra, que advertiu de que o acordo “introducirá mecanismos que dificultarán dar marcha atrás se un día chegan gobernos de esquerda ao poder”, solicitoulle na Eurocámara explicacións ao comisario de Agricultura e reclamou a paralización dunhas negociacións iniciadas en secreto en 2011. Pola súa banda, Rubén Pérez, cualificou de “moi preocupante” o “secretismo co que conducen este asunto, e a declaración de que o acceso á información será clausurado durante 30 anos”. Finalmente, Martiño Noriega anunciou mocións ao respecto nos concellos en que Anova conta con representación.

3195ea43d5e81ba0ebab756e1b74f615c481d3f8

Pola súa banda, a portavoz do BNG no Parlamento europeo, Ana Miranda cualificou o tratado de “atentado contra a soberanía alimentaria” que “permitirá que as multinacionais campen con total liberdade, provocando consecuencias moi graves de rebaixa dos estándares europeos de saúde, medio ambiente e dereitos de consumidores”. “Desde o BNG queremos que a cidadanía saiba as graves repercusión deste macrotratado comercial que se resume basicamente nunha: os intereses das multinacionais pasan por riba da soberanía dos pobos  e  dos dereitos dos consumidores”, engadiu.

Ademais da proposta de constitución dunha plataforma, e da redacción do devandito informe, o Bloque impulsará un manifesto para sumarse á Iniciativa Cidadán Europea presentada esta semana, que ten como fin xuntar un millón de sinaturas en toda Europa para presionar ao Consello de Ministros da Unión Europea  a anular o mandato de negociación do acordo TTIP.

http://praza.gal/audio/535/intervencion-de-ana-miranda-sobre-o-ttip/

Fonte: http://praza.gal/economia/7571/age-e-bng-alertan-dos-efectos-do-tratado-de-libre-comercio-ue-eeuu/


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!