Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Agosto: Interculturalismo: Soberanía Alimentar, Enerxética e Tecnolóxica - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Agosto: Interculturalismo: Soberanía Alimentar, Enerxética e Tecnolóxica

25/11/2014
By

INTERCULTURALISMO: SOBERANÍA ALIMENTAR, ENERXÉTICA E TECNOLÓXICA

 

“Teñen a forza, podrán avasallarnos, pero non se deteñen os procesos sociais ni co crime ni coa forza. A historia é nosa e a fan os pobos.”

Salvador Allende

 

Que é a Soberanía?

A soberanía é a capacidade que posúe un pobo para gobernar sobre si mesmo en tódolos eidos que lle atinxen (territorio, habitantes, leis,…). O concepto de soberanía relaciónase directamente coas nocións de lexitimidade e independencia, fronte ao uso arbitrario do poder e ao dominio dun pobo sobre outro.

 

Que soberanías hai no terreo socio-económico?

Soberanía alimentar

Facultade de cada pobo para definir as súas propias políticas agrarias e alimentarias apoiándose no desenvolvemento sostible e na seguridade alimentaria.

Baséase na idea de… protección do dereito dos pobos a alimentos nutritivos, axeitados, accesibles, producidos de forma sostible e ecolóxica, e o seu dereito a decidir o seu propio sistema alimentar e produtivo.

Oponse a…

  • política da FAO (baseada na dispoñibilidade de alimentos) incidindo na importancia da orixe e o modo de produción dos alimentos.
  • política da OMC (baseada no principio de libre comercio e deixando vía libre ao dumping (vender un produto por baixo do seu prezo de custo), os transxénicos (alimentos producidos artificiosamente a partir da enxeñaría xenética),…) incidindo no fortalecemento e control da economía a través da lexislación.

BeFunky_cuadro interculturalidad-page-001

 

Soberanía Enerxética

Capacidade dunha comunidade para exercer o control e para regular de xeito racional, limitado e sostible a explotación dos recursos enerxéticos.

Baséase na idea de… protección do dereito dos pobos ao control autónomo e á distribución equitativa dos seus recursos enerxéticos nun marco de substentabilidade ambiental.

Oponse a… calquera modelo de produción centralizado e en mans de poucas persoas ou empresas así como ao emprego de combustibles fósiles, caros e pouco accesibles para a cidadanía.

 

Soberanía Tecnolóxica

Capacidade dunha comunidade para tomar decisións en relación coa tecnoloxía que emprega; como, cando e por que modificala, e, sobre todo, con quen traballar este aspecto crucial para o desenvolvemento dunha sociedade.

Baséase na idea de… protección do dereito dunha comunidade de dominar os seus medios tecnolóxicos de tal xeito que non poidan ser controlados por outros intereses alleos.

Oponse a… o modelo capitalista actual que se basea nun modelo privativo que só proporciona ao consumidor o dereito ao uso da tecnoloxía adquirida. Incide na idea de autoconsumo e creación colectiva e aberta.

 

Soberanía dos pobos e Globalización?

No mundo actual o neoliberalismo impón a súas liñas ideolóxicas e o seu sistema de valores. A rendibilidade económica, a eficiencia, a “modernidade” ou a velocidade, son conceptos ligados ás ideas de homoxeneidade e de poder, a través das cales a globalización impulsa á sociedade mundial cara á eliminación da biodiversidade natural e cultural.

A autonomía dos pobos e a súas soberanías sométense a un sistema onde as empresas transnacionais e as financeiras réxense por un marco caracterizado pola non existencia de leis para elas. Un marco onde impoñen as súas normas fronte a uns gobernos que só son competentes para regular o seu territorio. O mundo vive unha nova onda colonizadora (onde non hai necesidade de ocupar os territorios fisicamente) baseada no desenvolvemento de normativas que consisten en baleirar de poder os órganos de soberanía popular para llo ceder ás empresas progresivamente a través de diferentes mecanismos (lobby, ocupación dos órganos do estado, contracción de débeda,..).

 

Que modelos confrontan o sistema da Globalización?

Fronte á situación anterior o ecoloxismo e o inteculturalismo buscan a conservación da biodiversidade natural e cultural, respectivamente. A soberanía dos pobos en cada eido, o autoconsumo (capacidade que ten x consumidor/a para producir unha parte ou a totalidade do que precisa para cubrir as súas necesidades) e a heteroxeneidade (cada pobo coñece mellor que ningún outro o medio onde está instalado polo que pode aplicar sobre este e sobre si mesmo, as accións, políticas e iniciativas máis axeitadas) son tres alicerces nos que sustentar o modelo alternativo ao actual. Existen milleiros de factores e modelos que confrontan o modelo actual capitalista pero hai dúas liñas que marcan especialmente a xeración dunha nova cultura que rache coa existente:

  • Conservación dos Pobos Indíxenas. Os pobos indíxenas son colectividades que asumen unha identidade étnica en base a unha cultura, unhas institucións e unha historia que os definen como pobos autóctonos dun territorio. Actualmente considérase que no mundo hai 370 millóns de indíxenas (5% da poboación mundial). Estes pobos, repartidos en 70 países dos 6 continentes, conservan máis de 5000 das 7000 linguas que hai no mundo (é dicir, os pobos indíxenas sosteñen o 75% das linguas do planeta). Ademais os pobos indíxenas empregan prácticas que se basean na adaptación natural ao medio, polo que axudan a protexer a diversidade biolóxica mundial. Os chamados “17 biolóxicos”, os 17 países que albergan máis de 2/3 dos recursos biolóxicos do planeta son os territorios tradicionais da maioría dos pobos indíxenas do mundo.
  • Cambio cara a un Estilo de Vida Sostible en occidente. A cultura occidental é quen impulsa o modelo capitalista actual, que xa hoxe abrangue todo o planeta e que empurra cara a unha situación non sustentable (calcúlase que en 2050 seremos 9.000 millóns de habitantes e necesitaremos 2,5 planetas como a terra para cubrir as nosas necesidades de consumo) Fronte a isto xorden novas liñas que rompen con esta filosofía e que se apoian nun estilo de vida sostible (concepto que se basea en dar resposta ás necesidades básicas, ofrecer una mellor calidade de vida, minimizando o uso dos recursos naturais e emisións, e sen comprometer as necesidades das xeracións futuras). Este estilo baséase na innovación e a colaboración, fronte ao modelo capitalista tradicional baseado na competición.

Congreso Nacional Indígena

 

E ti… Que podes facer?

Procura informarte e buscar cooperativas e colectivos que aposten pola soberanía tecnolóxica, alimentar e enerxética. Consume produtos de quilómetro cero (produtos que se producen na túa propia localidade) que sexan respectuosos co medio ambiente e procura camiñar cara a converterte nun prosumidor  (as persoas que consumen o que elas mesmas producen). Actívate e implícate con outras persoas en tecer redes de produción-consumo locais. Adhírete a colectivos que aposten pola soberanía alimentaria, tecnolóxica e enerxética.


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!