Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Ante a nova lei de telecomunicacións, urxe fortalece-los medios libres - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Ante a nova lei de telecomunicacións, urxe fortalece-los medios libres

19/08/2014
By

Ante a nova lei de telecomunicacións, urxe fortalece-los medios libres

Cidade de México. A reforma da lei de telecomunicacións é parte da construción dunha estada legal que permite a criminalización, a represión e un excesivo control da sociedade organizada, porque esta lei mestúrase con outras que están a impedir facer uso do espazo público, que están limitando a participación das persoas do dereito á defensa dos territorios” advirte Carlos Ventura Calleja, membro do Centro de Dereitos Humanos Fray Francisco de Vitoria.

Pola súa banda, Carlos Brito Ocampo, integrante da Rede en Defensa dos Dereitos Dixitais, manifesta que a liberdade de expresión é o libre fluxo de información e mensaxes e coa lei isto veríase afectado; ademáis, advirte, continúan coa idea de marxina-los medios libres e comunitarios coa legalización; mentres que cos medios universitarios formularán recortes de orzamento. E a liberdade de expresión non se pode concibir sen esa liberdade de voces.

Os avances cos medios comunitarios e indíxenas foron practicamente nulos, expresa Brito Ocampo, pois continúa a idea de querer imporlles unha demanda histórica da reserva do espazo. “Os medios libres non buscan unha concesión e fan unha declaración política ó Estado de que non queren ser regularizados, pero ó non querer “legalizarse” son perseguidos e procesados penalmente, por entende-la comunicación doutra forma”, indica.

O periodista Jenaro Villamil, experto no tema, escribiu na revista Proceso que “o peor da última versión deste ditame de telecomunicacións e que pecha toda posibilidade a que os medios comunitarios e indíxenas se volvan alternativas viables” pois di “non haberá unha reserva do espectro digna. Non haberá condicións de competencia. Restrínxelles a un radio de transmisións de 20 watts de potencia e torres de 30 metros máximo. Noutras palabras, calquera radio relixiosa ou parroquial terá máis potencia. Ás emisoras dependentes das universidades restrinxiranlle-los recursos. Os medios públicos non serán tales senón extensións das oficinas do goberno federal ou dos gobernadores”.

A postura de Desinformémonos, revista electrónica de contido libre e manexo de temas sociais, definida politicamente como impulsora do “periodismo de abaixo” é que ante o fortalecemento dos monopolios e as restricións ás radios indíxenas e comunitarias, os medios libres teñen o reto non só de permanecer a pesares da persecución e o hostigamento na súa contra, senón de medrar e fortalece-los seus contidos, pois serán unha opción informativa cada vez máis importante e en moitos momentos única, para unha audiencia á que lle están coartando os seus dereitos. Para informar e difundir, sinala a equipa do portal semanal, “non se precisa o permiso nin a concesión de ninguén”. En coincidencia coas voces de outros medios libres, Desinformémonos centra o recoñecemento da información na poboación da xente que accede ós seus contidos. E, en sintonía coas radios libres que se inscriben abaixo e á esquerda, advirte que “as frecuencias teñen que ser recuperadas pola xente, pois a legalidade ás veces garante a permanencia das radios ou espazos de comunicación, pero isto só coarta a autonomía e a capacidade de alcance e interacción coa sociedade”.

“A reforma á lei de telecomunicacións” afirma Ventura Calleja “pon en evidencia a un Estado obsesionado co control das accións da sociedade civil e, aínda máis, da sociedade organizada” expresa o defensor de dereitos humanos, sobre o punto que faculta ó Estado a acceder, en calquera momento, ás bases de dados coa información de tódalas comunicacións.

Desde a chegada á presidencia de México de Enrique Peña Nieto, quen deu a orde dun operativo militar en San Salvador de Atenco no 2006, onde foron torturados, violentados e apresados centos de homes e mulleres pola defensa do seu territorio; o seu goberno tense caracterizado pola criminalización de defensores dos dereitos humanos, loitadores sociais, activistas e periodistas. Agora, con esta nova lei “non hai cadeados suficientes para dete-lo poder e o uso discrecional que pode chegar a ter este Estado” manifesta o membro do centro de dereitos humanos.

É imposible desliga-lo dereito á información do dereito á liberdade de expresión, manifesta Agustín Ramírez Ramírez, presidente da Asociación Mexicana do Dereito á Información (AMEDI). Neste senso, indica, a iniciativa de lei de telecomunicacións violenta estes dous dereitos, dado que a Corte Interamericana de Dereitos Humanos (CIDH) sinala que a concentración dos medios de comunicación é unha violación directa do dereito á información, porque impide a pluralidade e a diversidade de voces.

A lei de telecomunicacións

A lei Telecom é unha lei secundaria que regula unha reforma constitucional do ano 2013, relacionada co dereito e servizo das telecomunicacións. A lei fíxose pública en abril e pretende regular desde a concentración dos medios de comunicación ata temas relacionados co dereito á intimidade e o acceso ás novas tecnoloxías.

Desde que se presentou a iniciativa no Senado ata hoxe, hai algúns avances, sinala Carlos Brito, pois aínda que a lei segue igual, o tema que implica a neutralidade das redes e os bloqueos ás sinais xa non se contemplan dun xeito aberto, pero podería haber unha redefinición da palabra neutralidade e volver a poñela en marcha.

A lei é moi ampla, explica Carlos Ventura, pero o que máis preocupa en materia de dereitos humanos son os que teñen que ver cos medios sociais, públicos e indíxenas; a neutralidade e o uso de Internet e o título octavo da reforma, que ten que ver coa cooperación coa xustiza; en poucas palabras, a lei quere regular tódolos servizos das telecomunicacións.

En México, a información, o entretemento e a difusión de contidos está en mans duns poucos, explica o presidente de AMEDI. A televisión, por exemplo, que é o medio polo que máis recibe información a xente, está dominada polas empresas Televisa e TV Azteca, que basicamente teñen os mesmos contidos pola competencia que as preside.

Do mesmo xeito, “o acceso á banda ancha e Internet en México, tamén esta en mans dun monopolio e coa reforma ían permitir que un solo operador tivera facultades de limita-los contidos, atentando contra a neutralidade da rede. Pero isto xa non o contemplan pola presión social” expresa Agustín Ramírez.

Ventura Calleja sinala tamén que hai todo un apartado sobre o uso da información. Advirte que “o que se busca regular neste tipo de lexislación é que o Estado, especificamente o poder executivo, poida solicitarlle a calquera provedor de servizos de Internet, que reteña os dados de calquera persoa polo tempo que considere necesario”.

Na Fronte pola Liberdade de Expresión e Protesta, que agrupa a diversas organizacións, entre elas o centro de dereitos humanos Fray Francisco de Vitoria, considera que en aspectos como a xeolocalización “non hai ningunha parte da lei que permita a intervención do poder xudicial para emitir unha orde que faga posible que unha autoridade do executivo poida solicitar reter este tipo de dados ás empresas provedoras do servizo de Internet ou telefonía” expresa Carlos Ventura.

A intervención de comunicacións ten que ver co seguimento en tempo real, desde un dispositivo móbil e a detención de dados, que está como tema central nas discusións sobre a neutralidade de Internet e “aínda segue en debate se o Estado pode ou non intervir ou poñer filtros para ver que información flúe ou non” refire Ventura.

“Hai unha especie de intención, por parte das autoridades, de controlar aspectos relacionados cos servizos da rede, unidos ás da telefonía e xeolocalización, porque están intimamente relacionados” expón Carlos Ventura e agrega que a falta de regulación explícita na lei telecom e os intereses fácticos de por medio, fai que a cidadanía, as organizacións e os pobos se manifesten en contra, porque evidentemente é unha violación ó dereito da privacidade, da información e ante a seguridade xudicial.

Esta lei é inconstitucional, manifesta Carlos Ventura, en función de que se están a viola-los dereitos humanos fundamentais para un Estado democrático, é dicir, contraponse a dereitos recoñecidos internacionalmente, que a Constitución mexicana valida en función do artigo primeiro.

En materia de seguridade dixital “vemos que evidentemente o Estado ten as ferramentas e as tecnoloxías para poder xeolocaliza-las persoas, e iso xa se recoñece no Código Penal Federal, só que aí si media unha orde xudicial, e nesta lei de telecomunicacións non; por iso se corre o risco de que calquera autoridade, especificamente a Secretaría de Gobernación, pida información.

Carlos Ventura expresa que polo modo no que este goberno atacou ós activistas, é evidente que si hai unha tecnoloxía para recadar información “na que Gobernación, coa fusión da Secretaría de Seguridade Pública, recada información da rede. Trátase de tecnoloxías que non son alleas ó que queren facer e é unha práctica que xa se fai, o risco é a ilegalización”.

Na lei contemplábase a posibilidade de que por razóns de seguridade nacional, poderían bloquearse sinais de información e comunicación nunha zona determinada e precisamente “son este tipo de aberracións as que non nos parecen e teñen que seguir denunciándose”.

Na Constitución está contemplado, explica Ramírez Ramírez, a protección ás audiencias, pero non os mecanismos para executala. Actualmente son os códigos de ética onde se establecen os dereitos das audiencias e os concesionarios teñen a facultade de defini-los códigos de comportamento dos operadores. Coa iniciativa preténdese que a Secretaría de Gobernación, baixo criterios políticos, supervise e vixíe os contidos da televisión, quitándolle esta función ó Instituto Federal de Telecomunicacións que actualmente ten a regulación.

As organizacións agrupadas na Fronte pola Defensa, consideran que é unha lei que violenta, restrinxe e limita dereitos da información, comunicación; a transparencia e a liberdade de expresión.

Ventura engade que xa se fixeron mitins ás aforas do Senado, explicando de maneira moi didáctica como o Estado quere intervir e controla-las comunicacións e protexe-las grandes empresas.

Para Agustín Ramírez, falta que se promova o acceso e a construción de medios comunitarios e sociais, pois “estes son a alternativa ós medios comerciais; máis do 70 por cento da xente infórmase a través da televisión, por iso se precisa fortalece-los medios comunitarios e públicos para ter outras opcións” e engade que o Estado debe garantir que calquera persoa poida acceder ó espectro, xa que é un ben da nación e non debe estar nas mans duns monopolios.

Fonte: http://desinformemonos.org/2014/07/ley-telecom/print/


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!