Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
As Canarias vs grandes petroleiras / Norma Willow - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

As Canarias vs grandes petroleiras / Norma Willow

17/12/2013
By

Entre os continentes de Europa e África, e no traxecto cara as Américas, máis de 12 millóns de persoas visitan as Illas Canarias cada ano.

Tres das sete illas volcánicas son patrimonio da humanidade, contan con ecosistemas únicos, son un territorio fráxil e tamén un hábitat moi diverso de vida marítima. Tamén poden representar para Europa un modelo no uso das enerxías renovables e ser pedras de toque dun futuro sostible, xa que o arquipélago proponse acadar a autosuficiencia plena no ano 2025.

Porén, en marzo de 2012, o goberno español autorizou prospeccións petrolíferas nas costas de Lanzarote e Fuerteventura, ambas reservas da biosfera da UNESCO, e xustificou o proxecto como unha posible solución ao déficit de 26.000 millóns de euros do país. Se as predicións son correctas, podería tratarse do maior xacemento petrolífero da historia española.

Millares de residentes das Canarias, así como activistas da Península, iniciaron campañas de protesta contra Repsol ante o perigo de vertidos que poderían devastar a vida silvestre, o turismo e a pesca. Os manifestantes canarios mobilizáronse nas principais illas e tamén nas rúas de Madrid para deter as prospeccións.

Como comunidade autónoma, as Canarias son politicamente parte de España e están divididas nas dúas provincias de Tenerife e Las Palmas. Teñen o seu propio goberno, parlamento e administración e o goberno central recoñece a súa propia “nacionalidade”.

Ao estar consideradas como un dos destinos turísticos máis atractivos de España, a contaminación poría en perigo o sustento de millares de familias. As perforacións chegarían ata os 6.000 metros de profundidade en pozos escavados a uns 28 quilómetros de Lanzarote e Fuerteventura. Unha investigación científica impulsada por ecoloxistas avaliará o impacto na vida oceánica, onde se identificaron máis de 50.000 plantas e especies animais.

A auga potable nas illas é un ben escaso que provén en parte de desalinizadoras, polo que supón a posibilidade de contaminación mariña. Os intereses económicos aumentan o perigo de vertidos de cru. A isto engádense os temores fundados de que as perforacións causen movementos sísmicos, xa que estas son illas de orixe volcánica e propensas á actividade sísmica natural.

Ademais, a nova reforma do sistema eléctrico español de xullo de 2013 ocasionou un gran descontento entre os insulares. Os recortes de 3.500 millóns de euros nas axudas do sector das enerxías renovables van contra outras políticas en pro do desenvolvemento sostible.

A introdución dun novo imposto sobre os paneis solares, que grava abusivamente o uso da rede eléctrica, fai que a xeración da propia enerxía a nivel familiar sexa antieconómica. A nova lei foi criticada pola Comisión Nacional da Enerxía española e provocou o rexeitamento xeral, xa que calquera que se negue a conectarse á rede eléctrica enfróntase a multas de ata 30 millóns de euros.

Acoso á sostibilidade.

Existe un gran descontento social xunto coa incerteza de se España acadará os obxectivos no uso das enerxías renovables establecidos pola UE para o 2020. O mundo espera os resultados que, de seren positivos, representarían un precedente no uso da enerxía solar para outros países.

Son malas noticias para a pequena illa de El Hierro, que estaba destinada a ser unha das primeiras do mundo en utilizar o 100% de enerxía renovable. A central hidroeólica recibiu o recoñecemento internacional pola súa tecnoloxía pioneira e o seu plan de residuos cero. Se consegue utilizar con éxito os recursos naturais do vento, do mar e incluso dos cráteres volcánicos, será un referente para outras pequenas comunidades insulares.

O Plan de Sostibilidade aprobouse hai uns 16 anos, aínda que os seus precedentes hai que buscalos nos anos sesenta e pasou moito tempo ata que foi aceptado. Son parte do desenvolvemento do proxecto algúns elementos como a xeración de emprego local, a expansión do turismo relacionada co interese científico por El Hierro ou o reinvestimento dos beneficios na comunidade.

Cun desemprego do 30% e un historial de secas e emigración, a sostibilidade podería representar o inicio dunha nova era para os insulares. Quizais sexa o momento no que a sorte da illa cambie despois de que a actividade volcánica en 2011 a afectase gravemente. Porén, as discusións sobre tarifas e dereitos entre os propietarios locais e os representantes das compañías (baixo supervisión gobernamental) paralizaron o aforro estimado de 1.800 millóns de euros anuais, o de 6.000 toneladas de gasóleo e 18.700 toneladas de CO2.

Non é a primeira vez que as Canarias paralizaron unha explotación petrolífera. A primeira proposta de Repsol no 2001 foi rexeitada tres anos máis tarde por uns “controis medio ambientais deficientes”. A opinión pública non cambiou e a controversia sobre os perigos de contaminación da explotación petrolífera, que se poden prolongar durante máis de 20 anos, segue.

Prométense de tres a cinco mil novos postos de traballo, aínda que é unha promesa discutible, xa que se trataría de persoal de alta cualificación. Un estudo do impacto ambiental mantense en segredo para as dúas illas máis afectadas. Porén, se a exploración petrolífera ten éxito, podería reducir as importacións de combustible nun 10%, investiríanse 7.500 millóns de euros nas Canarias e os pozos poderían producir uns 150.000 barrís de cru diarios.

En 2014 comezarán as exploracións para determinar os límites da área explotable, a cal está dentro dos 48 quilómetros das costas marroquís. Outro aspecto conflitivo do tema: Marrocos advertiu dunha posible violación da súa zona económica exclusiva e tamén realizou a súa propia exploración de viabilidade.

Porén, o proxecto é tentador nestes tempos tan difíciles. A crise global que golpeou o mercado inmobiliario español hai cinco anos causou unha gran recesión e a perda de millares de postos de traballo. Na actualidade 5,9 millóns de españois están desempregados, a cifra máis elevada desde 1930, cun 55% de xoves entre 16 e 24 anos sen traballo.

Estímase que 350.000 familias foron desafiuzadas desde o 2008; algunhas ocupan edificios baleiros ou viven na rúa. Por primeira vez na súa historia, a Cruz Vermella pediu doazóns para axudar á poboación española. Un breve respiro de xustiza social veu de parte dos bombeiros, que rexeitaron levar a cabo o desafiuzamento dunha señora de 85 anos.

Segundo Cáritas, máis do 30% da poboación canaria está por debaixo do limiar de pobreza. As illas teñen a taxa máis alta de desemprego da Unión Europea, co 62% de xoves no paro. A falla de oportunidades obrigará a moitos insulares, como tamén aos peninsulares, a marchar de casa para atopar traballo noutros países.

A pesares de todo, a poboación local está unida no rexeitamento ás prospeccións petrolíferas e está gañando o apoio internacional de organizacións como Greenpeace, Amigos a Terra e World Wildlife Fund na defensa de máis de 300 zonas protexidas, 43 zonas especiais para paxaros e 11 reservas mariñas que son visitadas por baleas, golfiños e tartarugas. Numerosas institucións académicas apoian a protección destes recursos, xa que son importantes áreas de estudo para os investigadores oceanográficos e as universidades.

A aposta das illas por un futuro respectuoso co medio ambiente xunto co seu desenvolvemento social, económico e cultural é digno de admiración; é un agasallo para os outros. Na actualidade, mentres os grupos locais móvense e pasan información aos turistas nas praias, o número de activistas está crecendo sen pausa.

Porén, é unha loita de David contra Goliat, e o tempo transcorre amodo. A xente necesita crecemento económico, un teito onde acubillarse e un prato na mesa, pero existe outra alternativa á destrución do planeta. Mentres os recursos da terra esgótanse e as compañías petroleiras vense obrigadas a perforar en sitios remotos, estas dúas illas poderían estar en calquera outra parte e os seus habitantes ser calquera outro pobo dos que teñen que enfrontarse á crise de sostibilidade e á supervivencia.

Norma Wilow, artista e escritora, vive en O Ferro, onde traballa na revista cultural Ruído.

Simpermiso electrónico ofrécese semanalmente de forma gratuíta. Estamos realizando unha campaña de microfinanciamento que finalizará o 22 de decembro para poder renovar a web. Se lle interesou este artigo, considere a posibilidade de contribuír ao desenvolvemento deste proxecto político-cultural realizando unha doazón a: http://www.verkami.com/projects/7097-sinpermiso-br-una-nueva-web-br-para-seguir-luchando

Tags: ,


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!