Bayer se fai con Monsanto por máis de 60.000 millóns, a maior compra empresarial dos últimos 20 anos
A operación pode convertir á farmaceútica alema na líder mundial da industria de suministros agrícolas.
As compañías acordaron un indemnización de 2.000 millóns de dólares no caso de que non se concrete o acordo, dixo a persoa. Espérase que o acordo estea pechado para finais do 2017, dixo a fonte.
Bayer non estivo inmediatamente dispoñible para facer comentarios. As accións de Bayer estendían as súas ganancias a un 1,8 por cento tras coñecerse a noticia.
Bayer dixo a semana pasada que as conversacións con Monsanto avanzaran e que estaba disposta a ofrecer 127,50 dólares por acción pola empresa estadounidense, por enriba dos 125 dólares ofrecidos previamente, o que valoraría á empresa en máis de 65.000 millóns de dólares, incluíndo débeda.
As fontes dixeron a Reuters que a mellora no prezo asegurou a Bayer acceso a información máis detallada sobre o desempeño de Monsanto e achandou o camiño a negociacións máis detalladas.
Fonte: http://www.publico.es