Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Comunicación e guerra /Washington Uranga - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Comunicación e guerra /Washington Uranga

27/05/2015
By

Comunicación e guerra

Washington Uranga

Ademais das moitas consideracións políticas e humanitarias que se poden facer en torno ao conflito armado na Franxa de Gaza, tamén se pode sinalar que as bombas e os mísiles non son a única munición que se usa. Dentro da estratexia da guerra a información e a comunicación son parte das armas que se empregan. E pode dicirse que neste plano rexístrase o mesmo desequilibrio que existe no terreo militar e que queda en evidencia no saldo de vítimas dun e doutro bando en conflito. Xunto ao seu poderío militar, Israel e os seus aliados despregan tamén unha enorme maquinaria propagandística e comunicativa para xustificar as súas accións bélicas.

Como adoita ocorrer de xeito repetido nos conflitos armados, os periodistas -entendendo baixo este concepto a todos aqueles que realizan ou desenvolven actividades de comunicación ­quedan sobrecargados de responsabilidades éticas que superan de largo as que ten calquera traballador dos medios no que chamamos a vida cotiá “normal”. Referíndose á “Ética e información responsable do correspondente de guerra”, o catedrático Jaime Vázquez Allegue, da Universidade de Granada (España), sostivo que “o correspondente ten nas súas mans a responsabilidade de informar sobre uns feitos, pero tamén posúe o poder de converterse nun medio de presión e un xeito de crear conciencia. Ao mesmo tempo, o correspondente sabe que coas súas palabras e a información que transmite pode crear unha determinada opinión pública e dar lugar a una conduta social. En certo sentido, a súa responsabilidade ética inclúe a capacidade de exercer presión sobre gobernos e administracións xerando unha opinión pública determinada ou exercendo presión a través da información nunha dirección específica”. E engade que “só deste xeito o correspondente pode ofrecer unha visión completa e obxectiva, humana e solidaria na transmisión do estano no que se atopa un conflito”. (Ponencia presentada no Congreso “La ética de la comunicación a comienzo del siglo XXI”, realizado na Universidade de Sevilla, publicado en actas, páxina 90, en liña http://monitorando.files.wordpress.com/2011/04/libre-actas-congreso-etica-comunicacion.pdf).

Os periodistas non somos obxectivos nin neutrais. Pero iso non exime da esixencia ética de aterse á veracidade dos feitos. A ofensiva israelí sobre Gaza reformula o tema de maneira dramática. En medio da guerra, a información veraz, axustada aos feitos e en perspectiva de dereitos humanos é, sen dúbida, unha salvagarda para a vida de moitas persoas. Aínda que, paradoxalmente, acceder a esa información e difundila pode ocasionar risco de vida e incluso a morte dos periodistas.

O correspondente de guerra -segue dicindo Vázquez Allegue- xa non é un mero descritor do conflito (…) é un observador internacional que dá conta do que ve para confirmar ou desmentir os datos e as informacións oficiais.”

Para mostra están os exemplos. O 17 de xullo último a cadea norteamericana NBC decidiu retirar da Franxa de Gaza ao seu correspondemte, o periodista exipcio-estadounidense Ayman Mohyeldin. Motivos: “razóns de seguridade”, aduciu a emisora. Mohyeldin foi acusado de parcialidade a favor dos palestinos, entre outros motivos por publicar en Twitter e Instagram fotos de familiares das vítimas. Dous días despois o correspondente foi reposto tras unha avalancha de denuncias de censura formuladas nas redes sociais. A CNN tamén relevou a Diana Magnay, a súa correspondente en Gaza, despois de que a periodista publicase o 17 de xullo un tweet informando de que “os israelís na colida de Sderot aplauden cando as bombas impactan en Gaza; ameazan con esnaquizarnos o coche se digo unha palabra equivocada. Escoura”, sintetizou Magnay na súa mensaxe en Twitter. Logo a CNN decidiu trasladala a Moscova.

Non hai información neutral. Menos no medio da guerra. Pero aínda en situacións extremas o ocultamento dos feitos non pode ser nunca un aporte. A única contribución á paz, incluso co risco que isto implica, consiste en aterse á veracidade dos feitos.

Fonte: http://www.pagina12.com.ar/diario/laventana/26-252330-2014-08-06.html


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!