Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Edgewater non poderá reclamar en Europa compensación por danos patrimoniais - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Edgewater non poderá reclamar en Europa compensación por danos patrimoniais

23/02/2015
By

Edgewater non poderá reclamar en Europa compensación por danos patrimoniais tra-la negativa da Xunta a Corcoesto

A Comisaria Europea de Comercio Exterior, Cecilia Malmström, confirma que a transnacional canadense non pode invoca-lo Acordo Económico e Comercial Global (CETA, polas súas siglas en inglés) para impugna-la decisión do Executivo galego, que cancelou a proposta mineira por motivos técnicos e económicos.

A resposta deuse en referencia á pregunta efectuada pola eurodiputada Lidia Senra (GUE/NGL) o pasado outubro sobre o dereito a indemnización da mineira por parte das autoridades galegas e verifica a consulta efectuada en setembro por Salvemos Cabana a instancias europeas sobre o mesmo particular, resolvendo que ningunha empresa canadense pode actualmente invoca-lo CETA nin presentar reclamacións por danos patrimoniais, dado que este aínda se atopa en fase de negociación.

“En calquera caso -sinala Malmström- os acordos de libre comercio, incluído o AECG, non modifican o dereito dos Estados membros a persegui-los seus obxectivos lexítimos de política pública, incluída a fixación de normas de protección ambiental. O AECG deixa claro que a UE e Canada manteñen o seu dereito a lexislar para acadar obxectivos lexítimos en materias como a saúde pública, a seguridade, o ambiente, a moral pública e a promoción e protección da diversidade cultural. Isto significa que un investidor non pode recibir unha compensación por lucro cesante, perda de beneficios ou custes sufridos”.

A CANCELACIÓN DO PROXECTO FOI FROITO DO INCUMPRIMENTO

Cabe lembrar, en calquera caso, que a anulación do proxecto por parte da Xunta de Galicia foi froito do incumprimento, pois a mineira non acadou o 25% de fondos propios de capital e reservas esixidos sobre o total da inversión do proxecto, cuantificado en máis de 100 millóns de dólares e que esixía multiplicar por sesenta o status económico da empresa, polo que non cabe recurso algún ó tratarse dunha decisión definitiva e irrevogable por parte do Executivo autonómico.

Desde a Plataforma xa se alertou desde o principio, á vista dos feitos e tras examinar detidamente os plans de Edgewater en Corcoesto, do fin meramente especulativo da proposta. O seu maior obxectivo era o beneficio dun pequeno grupo de investidores pero que podería carrexar unha serie de impactos totalmente inasumibeis para a Comarca de Bergantiños pola insostenibilidade ambiental e social do proxecto.

Para saber máis:

www.salvemoscabana.blogspot.com
facebook.com/salvemoscabana
twitter.com/salvemoscabana

Orixinal: http://www.rebelion.org/noticia.php?id=194220


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!