Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Enerxías fósiles / Daniel Tanuro - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Enerxías fósiles / Daniel Tanuro

18/11/2013
By

OS XIGANTES DO SECTOR EXERCEN PRESIÓN SOBRE OS SINDICATOS

A prensa fixo eco da noticia: os presidentes dunha decena de empresas enerxéticas europeas esixen a fin dos subsidios para as… enerxías renovables. Declarárono publicamente nunha conferencia de prensa que tivo lugar a comezos de outubro. A francesa GDF-Suez, as alemás EON e RWE, as españolas Gas Natural Fenosa e Iberdrola, as italianas ENI e Enel, a neerlandesa Gas Terra e a sueca Vattenfallt representan aproximadamente a metade da capacidade instalada no conxunto da Unión. No nome de todas elas, Gérard Mestrallet, presidente de GDF-Suez, declarou: “Temos que reducir o ritmo ao que Europa instala parques eólicos e paneis solares. Isto é hoxe por hoxe insostible”.

Menos renovables, por favor

O argumento é o seguinte: o mercado está sobresaturado, a caída da demanda dende 2008 fixo descender os prezos por xunto á metade (pero non o prezo ao consumidor!), a enerxía solar e a eólica están comezando a resultar competitivas. Polo tanto, non ten sentido subvencionalas para engadir aínda máis capacidades baseadas nas enerxías renovables, pois iso reduce a rendibilidade das centrais eléctricas de carbón e de gas… e das nucleares.

Mestrallet e os seus amigos non mencionan que, en realidade, as enerxías fósiles e a nuclear reciben subvencións máis xenerosas que as renovables. Segundo a Comisión Europea, en 2011 as enerxías renovables recibiron 30.000 millóns de euros en forma de subsidios, as fósiles 26.000 millóns e a nuclear 35.000 millóns. En canto ás fósiles, cómpre engadir as “externalidades” soportadas pola colectividade (os gastos sanitarios derivados da contaminación, en particular), que ascenden a 40.000 millóns de euros. Así, en total dedícanse 66.000 millóns ao carbón, ao petróleo e ao gas. /1

Os xigantes da enerxía fósil denuncian que Europa “non teña unha política enerxética clara, previsible e obxectiva, baseada nunha regulación estable”. Para Mestrallet, “a política enerxética europea vai estrelarse directamente contra o muro”, pois xa non está garantido o subministro, as emisións de CO2 aumentan e as facturas tamén. E o patrón de GDF-Suez preconiza un “cambio radical da política enerxética europea”. Esta argumentación non se sostén: 1) Como pode estar ameazado o subministro se existe un excedente de capacidade? 2) Como o feito de reducir a oferta de corrente eléctrica fará descender os prezos ao consumidor? 3) De que xeito o freo ao despregue das renovables permitirá reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro?

De que se queixan?

Contrariamente ao que afirman os patróns da enerxía, Europa ten unha política enerxética “clara e previsible”. Resumida no “paquete enerxía-clima”, os seus obxectivos para o ano 2020 son os seguintes: 20% de redución das emisións e gases efecto invernadoiro, 20% de aumento da eficiencia enerxética e 20% de renovables na panoplia enerxética (das que un 10% serán biocombustibles nos transportes). O principal obxectivo do “paquete enerxía-clima” non é evitar unha catástrofe climática, senón axudar á industria europea a conquistar o liderado no mercado das tecnoloxías verdes. O cálculo é o seguinte: as reservas fósiles esgótanse, o futuro é o das renovables (e da enerxía nuclear), e se Europa consolida a súa superioridade neste terreo, terá a posibilidade de conquistar unha posición de forza fronte aos seus competidores…

Esta política debe combaterse dende un punto de vista ecosocialista. En efecto, é tanto inxusta dende o punto de vista social –agasallos ás empresas, aos especuladores e aos ricos, aumento do prezo da electricidade, certificados verdes (ou sistemas equivalentes) pagados pola colectividade, aumento do prezo dos produtos agrícolas- e ineficaz dende o punto de vista ecolóxico, por non dicir nociva, debido ás fugas de carbono derivadas das compras xeradas polo Mecanismo de Desenvolvemento Limpo /2, obxectivos moi insuficientes en materia de redución das emisións (faría falla polo menos o 30%, máis ben o 40%, de aquí ao 2020), aceleración da deforestación no Sur debido á importación de biocombustibles…

O menos que se pode dicir é que os xigantes da enerxía beneficiáronse moito da política climática da UE. En particular, recibiron cantidades de dereitos de emisión de CO2 moi superiores ás súas emisións reais, de xeito que puideron vender os excedentes no mercado do carbono. Incluso facturaron o prezo deses dereitos aos consumidores, cando non lles custaran nada!

 

Nova situación

Por que, entón, GDF, ENI, EON e as demais rebélanse agora contra a política europea ata o punto de manifestar publicamente os seus agravios? Porque a situación cambiou. É certo que a estratexia enerxética da UE segue a ser valida a longo prazo, pois os recursos fósiles acabarán esgotándose, pero a curto prazo o capitalismo estadounidense cambiou as cousas ao seu favor. Grazas á explotación sen restricións dos gases de xisto, os xistos bituminosos importados de Canadá, ás novas tecnoloxías de extracción de petróleo e etanol do millo, os EUA convertéronse nunha potencia enerxética. A súa dependencia do petróleo importado de Oriente Próximo diminuíu radicalmente: en 2010 pasou a ser o primeiro país produtor de gas do mundo (superando a Rusia) e incluso, de aquí a 2030, podería converterse no primeiro produtor mundial de petróleo, superando a Arabia Saudí!

Segundo a Axencia Internacional da Enerxía, a igual consumo, a factura de gas das empresas estadounidenses non representa máis que a metade das das súas competidoras europeas. No tocante á súa factura de electricidade, é dúas veces máis baixa que en Francia e o Reino Unido e tres veces máis baixa que en Xapón. Estas cifras son discutibles: de acordo cunha análise de Reporterre, a redución dos prezos do gas non é en realidade senón da orde do 30%, o que non é nin sequera suficiente para compensar a alza do prezo do carbón. “No mellor dos casos, a explotación dos gases non convencionais permitiu limitar a alza global do prezo da enerxía”, conclúe Reporterre /3. Porén, a vantaxe competitiva, en particular para determinados sectores industriais (química, petroquímica e metalurxia) é significativa. De aí que a patronal europea avogue por que a Unión suprima todas as trabas á explotación do gas de xisto. O Consello Europeo da Industria Química é o que máis exerce presión neste sentido. GDF-Suez inverte na prospección de gas de xisto en Gran Bretaña e proponse facelo en Polonia e Alemaña.

Manipular a opinión

Por que eses grandes patróns recorren a unha conferencia de prensa cando teñen acceso directo á Comisión Europea e aos gobernos? Porque teñen que competir cos capitalistas dos sectores verdes. Neste contexto, os “patróns fósiles” pretenden reforzar a súa posición manipulando a opinión pública en torno a dúas promesas: a diminución de prezos e a creación de postos de traballo. Dúas promesas que non son máis que unha falacia. No que respecta ao prezo do gas, cómpre subliñar que o seu descenso nos EUA só beneficiou ás empresas. Os particulares non pagan menos polo gas que antes e sofren todos os inconvenientes da contaminación da auga e do aire e da destrución dos paisaxes. E dado que nos EUA aumentou o emprego a raíz do relanzamento da economía, os “patróns fósiles” tratan de gañarse ás organizacións sindicais: “A ausencia dunha boa política enerxética impide á industria europea realizar o seu potencial como fonte de crecemento e emprego”.

Caerán nesta trampa as organizacións de traballadores? Por desgraza, non cabe descartalo. Se os sindicatos polacos se opoñen ao gas de xisto (por motivos ambiguos), en Francia a CFDT, a CFTC e a CFE-CGC puxéronse de acordo coa patronal MEDEF en considerar que as reflexións actuais sobre a política enerxética “non deberían deixar de lado o gas de xisto”… O certo é que unha verdadeira transición a favor das enerxías renovables creará infinitamente máis postos de traballo que o relanzamento capitalista que puidese derivarse (o que non é seguro, nin moito menos) da nova política enerxética esixida polos patróns do complexo industrial fósil. Claro que esta auténtica transición esixe un plan que articule unha serie de reformas de estrutura anticapitalistas: expropiación do sector da enerxía e do sector financeiro, supresión das producións inútiles e nocivas con reconversión dos traballadores e traballadoras, plan público de illamento das vivendas, agricultura campesiña ecolóxica en vez da agroindustria, desenvolvemento dos transportes públicos, redución radical do tempo de traballo sen diminución do salario, etc.

Porén, a pesares das súas profesións de fe a favor do desenvolvemento sostible e da “transición xusta”, as direccións das organizacións sindicais de case toda Europa aceptan na práctica discutir sobre a política enerxética… no marco do debate sobre a mellora da competitividade da economía. Digámolo claramente: proseguir por esta vía convertería aos sindicatos en cómplices do sistema capitalista nun momento no que este ameaza o planeta cunha catástrofe climática de gran amplitude con terribles consecuencias sociais.

Notas

/1 Inter Environment Wallonie sinala que estas cifras constaban nun informe da Comisión Europea e se retiraron antes de publicalo http://www.iewonline.be/spip.php?article6015

/2 O Mecanismo de Desenvolvemento Limpo é un dos mecanismos de mercado creado polo protocolo de Kyoto. As “inversións limpas” no Sur dan dereito a créditos de carbono intercambiables e equivalentes aos dereitos de emisión no mercado europeo. Calcúlase que máis da metade deses créditos non corresponden a verdadeiras reducións de emisións.

/3 http://www.reporterre.net/spip.php?article4549


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!