Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Entrada de substancias prohibidas hoxe na UE - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Entrada de substancias prohibidas hoxe na UE

27/02/2015
By

Entrada de substancias prohibidas hoxe na UE

ttipalimentario

Centos de polos, nunha granxa estodunidense.

No eido agroalimentar, o obxectivo do TTIP é harmoniza-las políticas de Europa e Estados Unidos para favorece-las exportacións. Unha misión difícil, porque actualmente as políticas agroalimentares das dúas rexións son galaxias afastadas. Tra-la aprobación do acordo, poderiamos atopar nos nosos pratos alimentos tratados con substancias hoxe prohibidas en Europa.

En Estados Unidos é habitual limpa-las carcasas de polo con clorina, substancia daniña para o organismo. Con outro producto veñen tratados os pavos americanos, o 70% de eles alimentados con pasto que contén arsénico, potencialmente inocuo para o animal pero con efecto prexudicial para os humanos.

En Europa rixe o principio de precaución, cada elemento ten que pasar probas para demostra-la súa inocuidade sobre o corpo humano antes de ser empregado, mentres en Estados Unidos séguese o principio de recoñecemento mutuo, ou sexa ata que non se declare a súa toxicidade, pódese empregar calquera materia. Neste caso Europa tería que abandona-las súas políticas para abraza-lo principio de recoñecemento mutuo. As hormonas bovinas, prohibidas en Europa desde 1999 por ser canceríxenas, entrarían nas nosas dietas. Tamén cambiaría a lexislación no emprego de pesticidas, para igualala coa americana, máis permisiva.

Os lobis que máis premeron a nivel europeo foron dos sectores agroalimentarios e de industria biotecnolóxica transxénica, como Monsanto e Bayer” conta Esther Vivas, activista e experta en soberanía alimentar. “O seu obxectivo é acadar unha lexislación moito máis flexible, que lles beneficie”.

Orixinal: http://www.elperiodico.com/es/noticias/economia/entrada-sustancias-prohibidas-hoy-3826256


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!