Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Fábricas recuperadas en España por que non? / Martín Cúneo - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Fábricas recuperadas en España por que non? / Martín Cúneo

12/03/2015
By

Fábricas recuperadas en España por que non?

Con distintas fórmulas, centos de empresas en crise pasaron a mans dos traballadores

Martín Cúneo
02_muebles_viana_israel_r_citores_2

A plantilla de “muebles Viana”, nesta localidade navarra, mercaron a fábrica en quebra e a convertiron en cooperativa. / Israel R. Citores

Corría marzo de 1969. Dun día para outro, nada menos que a metade de Torrecilla de Cameros, na Rioxa, unhas 144 familias, víronse obrigadas a emprender un éxodo cara a Viana, en Navarra, onde se trasladou a empresa de mobles para a que traballaban. Alí, construíronse sete bloques de pisos para albergar ás 640 persoas emigradas. Uns poucos anos despois, Fermín Peña, con apenas 14 anos, empezou a traballar na empresa. E segue a facelo agora, 38 anos despois. A punto estivo, xunto co resto da equipo, de quedar na rúa hai dous anos, tra-lo peche de Mobles Salcedo. Agora xa non se chama Mobles Salcedo, senón Mobles Viana. E a empresa é dos traballadores.

A compañía gañou fama de combativa en repetidos ciclos de folgas. Non ía ser tan sinxelo terminar con eles. “Comezaron a dicir que as cousas ían mal e os donos decidiron pechala” conta Peña a Diagonal. Ó igual que outras 250.000 empresas desde o inicio da crise, Mobles Salcedo viuse obrigada a bota-lo peche.

As perspectivas para os 132 traballadores non poderían ser peores. “Na época na que estabamos e cos anos que temos… había que agarrarse a algo. Se non era aí ¿onde iamos traballar? Salvo dous ou tres, todos temos xa máis de 50 anos” di Fermín. Cos cartos adiantados que obtiveron da capitalización do desemprego, os traballadores mercaron a empresa e convertérona en cooperativa.

Unha historia que se repetiu desde o inicio da crise, en 2008, con diferentes nomes: Mec10, Profinox, Zero-Pro, El Nou Rals, Tafinox, Curvados Alzania… O número exacto de empresas “cooperativizadas” descoñécese, pero tódolos que estudaron o fenómeno coinciden en sinalar que son centos e que cada vez son máis. Só en 2012, último ano de que hai datos, os traballadores fixéronse co control de 150 empresas en quebra ou en risco de quebra en Europa. A metade delas atopábanse en España, segundo a Confederación Europea de Cooperativas de Traballo.

Empresas “cooperativizadas”

Cando se fala de fábricas recuperadas, o que ven automaticamente a cabeza é a experiencia arxentina” di Mariana Vilnitzky, periodista da revista Alternativas Económicas. En España, comenta esta periodista de orixe arxentina “existen outras fórmulas”.

Moitas das empresas cooperativizadas xorden da capitalización do paro ou das indemnizacións dos traballadores despedidos, que deciden facerse coa empresa. Noutras ocasións, a equipo pacta co propietario a transformación da empresa nunha cooperativa para evita-lo peche. Este foi o caso de Cuin Factory, en Vilanova i la Geltrú (Barcelona), onde o mesmo dono se converteu nun máis dos membros da cooperativa, cobrando o mesmo que tódolos demais: 900 euros. Noutros casos, os traballadores vítimas dun ERE crean unha nova entidade e quedan con parte dos clientes ou usuarios, como ocorreu con Musicop, unha cooperativa creada polos 35 traballadores despedidos da Escola de Música de Mataró (Barcelona), dependente do Concello. A nova cooperativa non só se mantivo, senón que creou novos postos de traballo.

A pesar do auxe de empresas cooperativizadas, o fenómeno segue sen ser significativo en relación á destrución de emprego provocada pola crise. Segundo comenta Vilnitzky, as consultas para iniciar novas cooperativas triplicáronse en moitas comunidades autónomas. Pero ás veces é demasiado tarde. “Cando chegan a preguntar, é porque xa se comeron todo o paro, cando xa estiveron buscando e buscando traballo… Entón é cando xeralmente comezan a pensar en armar algo propio. O problema é que cando chegan a iso xa non teñen forma de financialo” di “En Arxentina non tes paro, non tes nada -continúa- no momento en que quedas sen traballo, a necesidade de loitar polo teu posto de traballo é moito maior. O problema é que aínda en España hai xente que pensa que, se queda sen traballo, igual de aquí a uns meses consegue algo”.

Mellores resultados

As cooperativas son as que están aguantando mellor a crise” afirma a Diagonal Juan Antonio Bernabéu, autor do libro As cooperativas de traballo asociado como solución á reestruturación empresarial en época de crise económica. “As cooperativas manteñen o emprego, son capaces de xerar emprego, de evita-lo peche de empresas. Isto demostrase coas cifras” argumenta Bernabéu. Ata 2013, as cooperativas limitáronse a destruír emprego cun ritmo lixeiramente inferior ó resto de empresas, pero o ano pasado cambiou a tendencia: por primeira vez desde o inicio da crise, o número total de cooperativas medraba, un 23% máis que o ano anterior, confirman desde a Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado (Coceta).

Bernabéu argumenta que esta maior resistencia das cooperativas fronte ás empresas tradicionais débese a que teñen maior capacidade de adaptación: “Non son empresas ó uso, son empresas participativas, democráticas, nas que tódolos cooperativistas son donos da empresa, algo que lles permite unha axilidade de adaptación que non ten ningunha empresa estándar”. Unha capacidade de adaptación, recoñece, que ten o seu reverso escuro na autoexplotación e formas moi diversas de entende-lo cooperativismo, nunha gama que vai desde empresas de tres empregados ata un grupo como Mondragón, que en 2012 daba traballo a máis de 80.000 persoas.

O motivo último deste crecemento do cooperativismo e das empresas “recuperadas” resume Bernabéu, atópase en que se trata dun “modelo que nestes intres está a funcionar mellor que a empresa clásica”. Tamén “da necesidade da xente, que non quere quedar sen traballo”. Como o caso de Mobles Viana. “A empresa ía pechar… e agarrámonos a isto para poder ter traballo. E parece que acertamos”, di Fermín Peña.

¿Hai ou non fábricas recuperadas?

En España non existen polo de agora fábricas recuperadas polos traballadores que acadaran reinicia-la produción forzando a legalidade. Moito menos que acadaran, como no caso arxentino -onde existen 300 empresas recuperadas que dan traballo a 10.000 persoas- que as autoridades expropien ós antigos donos para entrega-la empresa ós traballadores. Intentouno a equipo de T-Solar en 2013, que mantivo ocupada esta fábrica de paneis solares de Ourense durante 129 días para evitar un ERE que afectaba a 170 persoas. Pero tiveron que abandona-la loita cando o xuíz ordenou o desaloxo. “A lei non lles axuda, os xuíces non lles axudan, sobre todo cando hai grandes inversións, maquinaria… A maioría das veces os traballadores teñen que empezar de cero” di Mariana Vilnitzky.

Fonte: https://www.diagonalperiodico.net/global/23617-fabricas-recuperadas-espana-por-no.html


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!