Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Maio: A Sanidade - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Maio: A Sanidade

25/11/2014
By

A SANIDADE

De todas as formas de desigualdade, a inxustiza na atención sanitaria é a mais espantosa e inhumana”.  

Martin Luther King Jr.

 

QUE É A SANIDADE?

Conxunto de bens e servizos que se empregan para protexer e preservar a saúde das persoas.

 

QUE É A SAÚDE?

Dereito humano básico, inalienable e inexcusable no tempo do que debe gozar cada persoa no grao máximo. Este dereito establece que cada persoa debería ter acceso a unha atención sanitaria oportuna, aceptable, asequible e de calidade satisfactoria. O concepto de saúde non implica tan só unha ausencia de dolencias e enfermidades, senón, e sobre todo, un benestar físico e emocional.

 

A LOITA POLA SAÚDE: UN CHISCO DE HISTORIA

O inicio dos seguros sociais poden datarse na última metade do séc. XIX, en pleno auxe do salvaxe capitalismo industrial. As primeiras conquistas sanitarias tiveron éxito precisamente nos países mais avanzados tecnoloxicamente da época; Inglaterra e Alemaña.

  • 1875,     Alemaña: Garántese unha certa (aínda que moi precaria) atención sanitaria na poboación traballadora, provocado polo risco revolucionario impulsado por unha incipiente organización do movimento obreiro e porque unha man de obra enferma e mal alimentada difícilmente podería satisfacer as exixencias productivas do momento.
  • 1929,     E.U.A: O gran     crack dese ano trouxo consigo o “New deal´´ un paquete de medidas que garantía a cobertura sanitaria, unha pensión digna unha vez acadada a xubilación, unha reducción da xornada laboral a oito horas, etc.. Impuxéronse mecanismos estatais de incentivación     ó sector productivo público, controis ós capitais financieiros e un crecente desenvolvemento das infraestructuras e os servicios sociais. Esta política deu orixe a creación do chamado “Estado     do benestar” e durou ata a crise de finais dos anos 70.
  • Dende     finais dos 70:     O liberalismo máis cerril fixo acto de presenza coa subida ó poder por parte de Margaret Thatcher no Reino Unido en 1979 e a de Ronald Reagan nos EUA en 1980. A situación de precariedade e de     dependencia global rachou as cadeas da solidariedade e as políticas neoliberais, encarnadas no Fondo Monetario Internacional, o Banco Mundial e posteriormente a OMC, comezaron a meter man na economía dos distintos países subdesenvolvidos a través da débeda externa, toda vez que estes se negaran a seguir os ditados deste organismo. O     discurso neoliberal entón impulsou a desregulación do sector bancario, a diminución dos controis dos movimentos de capitais e as     desgravación fiscais ós ricos, poñendo, en último termo, os beneficios económicos, por riba dos dereitos e liberdades das     persoas e dos pobos.

 

CONTRA OS SERVIZOS PÚBLICOS: O DISCURSO NEOLIBERAL…

Baseándose nas políticas neoliberais, o Banco Mundial publica no 1987 unhas “recomendacións” para a financiación dos servizos sanitarios. A idea é trasladar ó persoal usuario os gastos xerados polo uso das prestacións sanitarias públicas ofrecendo esquemas de financiamento para os principias casos de risco. Actualmente o argumentario neoliberal contra o sistema sanitario apóiase en:

  • Aumento da esperanza de vida, descenso da natalidade e o envellecemento progresivo da poboación.
  • Esaxerado gasto farmacéutico.
  • Crecemento dos procesos crónicos e o aumento das persoas con pluripatoloxías.

 

…REALIDADE FRONTE ÁS FALACIAS DO NEOLIBERALISMO

  • Diversos estudos amosan que o sistema sanitario público é menos custoso que o sistema mixto ou o maioritariamente privado.
  • O único que busca en último termo o neoliberalismo é meter man nun importante volume de fondos que ata agora fuxían do control do sector privado. Trócase polo tanto a lóxica sanitaria: da xustiza     e a solidariedade social á pura e lucrativa obtención de beneficios económicos.
  • Os impostos especiais (impostos finalistas á marxe dos Presupostos Xerais do Estado), os copagos e as taxas sanitarias para que se poidan soster este tipo de sistemas establecen un acceso desigual á sanidade, segundo o seu nivel socio-económico.
  • O 1% da poboación copa o 55% do gasto hospitalario e o 18% do gasto farmaceútico. Se non existira un sistema de solidariedade e redistribución, a meirande parte da poboación non tería acceso ao sistema sanitario, polo que a universalidade do mesmo sería imposible.

 

Introducir o mercado nos sistemas de protección pública implica que os gastos increméntanse, a cobertura descende, os niveles de calidade minguan e a corrupción infíltrase no sistema.

scaleCAG43PKP

Manifestación contra os recortes en sanidade.

 

COMO É A PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE?

No estado español a universalización do dereito á atención sanitaria fixouse a través da Lei Xeral de Sanidade de 1986, mais ó pouco de publicarse comezou a recibir ataques.

  • Llei d´Ordenacio Sanitaria de Catalunya (LOSC, 1990): establecía unha     separación entre as funcións de compra e provisión, e permitía a provisión privada con financiamento público.
  • Informe Abril (Informe e recomendacións da Comisión de Análise e Avaliación do Sistema Nacional de Saude (SNS), 1990): que propuña medidas como o establecimento de copagos, a empresarización da provisión sanitaria, a ampliación do papel do Mercado no sistema sanitario mediante a fortalecemento do papel das     aseguradoras e a laboralización do persoal sanitario. Convén aclarar que, si ben nese momento ningunha das medidas foi posta en práctica, sí que o foron 21 anos despois co RD 16/2011.
  • RD 16/2012 fala de “medidas urxentes para garantir a sostenibilidade     do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e a seguridade     das súas prestacións” cando precisamente, debido o seu calado privatizador e excluinte, o seu efecto é o contrario. Como mostra do impluso privatizador no Estado Español vallan os exemplos dos     planes de privatización en Madrid (que afectaban a 6 hospitais e 27 centros de saúde), Cataluñas (18 e 46), Castilla- La Mancha (4     hospitais) , así até o punto do que non hai comunidade do Estado     sen que ceibada destas     iniciativas.

Na Galicia o punto de anclaxe destes proxectos abrollou cedo:

  • Hospital Comarcal de Verín: modelo de privatización a partir da introdución da xestión privada no sistema público mediante fundacións sanitarias (o MEDTEC, neste caso, 1995)
  • Novo Hospital de Vigo: o financiamento e a xestión serán completamente privadas (ademais de encarecerse 1.000 millóns).
  • Dende     a entrada do goberno de Núñez Feijoo en 2009 foise eliminando progresivamente o dereito á atención sanitaria universal pública, gratuíta e de calidade, a través de fórmulas empresariais que fraccionan o sistema sanitario en múltiples entidades con modelos de xestión diferenciada:

 

    • Desmantelamento e privatizarción do Sistema Público de Saúde Galego
    • Introdución do copago polos servizos.
    • Plan 2011-2014 para a construción de infrestruturas sanitarias a traǘes de concertos que deixa sen cartos suficientes para os gastos correntes da sanidade pública.

 

 

E TI… QUE PODES FACER?

A ideloxía liberal basea a súa idea de sociedade no concepto de responsabilidade social. O egoísmo individualista que propaga o capitalismo oponse frontalmente á solidariedade social que debe primar no sistema sanitario. Ti es responsable directo do fortalecemento ou desleixo dunha sanidade pública que debe ter como principios a universalidade, a accesibilidade e a equidade. Infórmate sobre a as cuestión realcionadas con esta cuestión. Pide que cambien as normas que non respecten os principios da sanidade pública e fai un uso responsable da mesma. Participa nas mobilizacións e iniciativas que defendan a sanidade pública e o dereito a saúde baseados na solidariedade e na dignidade das persoas. Únete a plataformas, colectivos e asociacións que velen polas mesmas. Infórmate dos teus dereitos e deféndeos con toda a túa forza.


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!