Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Máis patentes. Menos xenéricos. Menciñas máis caras

25/02/2015
By

Máis patentes. Menos xenéricos. Menciñas máis caras

3195ea43d5e81ba0ebab756e1b74f615c481d3f8Os fármacos e a información, técnicas e investigación médicas tamén quedaran afectados. No eido dos medicamentos, Estados Unidos debería suaviza-las súa agora estrita regulación. Por contra, en Europa, as técnicas médicas terían patente, algo que hoxe non sucede. Isto provocaría o encarecemento da medicina en xeral.

Coa patente do ADN, os exames ligados á xenética serán máis caros. “As farmacéuticas encarecerían os tests ligados ó Alzhéimer porque o illamento do ADN sería privado” di Carles Muntaner, catedrático de Saúde Pública na Universidade de Toronto. Polo mesmo motivo, a investigación sobre o cancro tamén sería moito máis cara. “Privatízase un producto natural, o código xenético, e pagarase para a investigación e probas que se deriven” explica Muntaner, que alerta de que a agrupación de produtores de fármacos en Estados Unidos influencia directamente as negociacións do TTIP.

Co encarecemento da sanidade, os estados terían dificultades para pagala e deberán abri-la porta a servizos privados.

Co TTIP, as farmacéuticas queren acada-lo alongamento da duración das patentes, co que se reducirá a dispoñibilidade dos xenéricos. Tamén queren limita-la potestade dos gobernos de fixa-los prezos dos medicamentos, que garantiría un acceso universal. “O de Estados Unidos é o sistema sanitario máis caro e menos equitativo da OCDE, é un desastre e nos estamos a importalo. Di Muntaner, que non entende que CiU, que defende a soberanía de Catalunya, apoie un tratado que arrebata a soberanía ós estados.

Orixinal: http://www.elperiodico.com/es/noticias/economia/mas-patentes-menos-genericos-medicinas-mas-caras-3826255


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!