Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Marzo: O Fascismo - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Marzo: O Fascismo

25/11/2014
By

Que é o fascismo?

Ideoloxía que pretende unha sociedade na que o Estado ten un papel proponderante que se indentifica cun parftido único, detentador dos intereses nacionais. Promove unha sociedade na que se “abole” a loita de clases e na que non hai definición dxs participantes “nin de esquerdas nin de dereitas”.  Anticapitalista declarado, o fascimo non dubida en recorrer á violencia, o terror e a propaganda para tratar de conseguir os seus obxectivos políticos.

 

Como se orixina e se propaga o fascismo?

O fascismo aparece cando se dan dous elementos á vez: unha crise profunda no sistema capitalista, que recurta de maneira importante os beneficios da elite; e cando existe un movimento social moi forte. O fascismo, que en condicións “normais” non pasa de ser un movemento político marxinal, aparece con forza se, por un lado, as clases populares non son quen de organizarse no seu propio interese; por outro lado, unha vez que o fascismo acadou un certo grao de implantación social a costa de desencantados polo sistema, o fascismo recibe a financiación que precisa para ser capaz de afrontar unha loita violenta co que será ou seu obxectivo histórico fundamental: a destrución das liberdades sociais e a organización popular. Incluso, a elite dominante pode ser capaz de permitir a expropiación do poder por parte do fascismo para acometer a tarefa de romper as resistencias e permitir, nun curto periodo de tempo, a recuperación das ganancias para as grandes corporacións. O fascismo é, polo tanto, unha ferramenta de uso desesperado da clase dominante.

el-gran-dictador

“O Gran Dictador”, unha crítica ao fascismo no seu pleno apoxeo.

 

Como se presenta o fascismo na sociedade actual?

Amencer Dourado en Greza e grupos neonazis son as imaxes que temos asociadas ao fascismo actual, pero tamén temos que prestar atención a Fronte Nacional en Francia, Partido da Liberdade en Austria, Unidade Nacional Ataque en Bulgaria, Partido pola liberdade en Holanda, Partido Popular en Suíza ou Partido do Progreso en Noruega, por mencionar forzas de extrema dereita con forte presencia nos seus respectivos estados…

No Estado Español, as forzas políticas fascistas máis salientables son o Movimento Social Republicano, Alianza Nacional ou Plataforma per Catalunya.

 

Por que se caracteriza o fascismo?

  • O papel do líder e culto á personalidade. A pesar dun elevadísimo populismo na concepción das relacións coa poboación, os sistemas fascistas caracterízanse por unha estrutura completamente vertical na que o escalafón máis alto ocúpao o líder a quen se presenta como único intérprete da vontade popular e da patria.
  • Patriotismo extremo e xenofobia. Os símbolos, bandeiras, a historia nacional etc exaltan de xeito constante a patria e o orgullo étnico, a “raza”.
  • Vulneración dos Dereitos e Liberdades das persoas. O fascismo anula ao individuo en detrimento dunha visión gregaria da sociedade. Hai un odio visceral a todo sistema político que implique a protección dos dereitos e liberdades das persoas.
  • Obsesión coa orde e a forza. O medo emprégase como escusa para controlar á poboación. O que fai que se dediquen inxentes cantidades de cartos ás forzas represivas (policía, militares,…) que pasan a ter un papel central na estrutura do estado. No fascismo tradicional é o exército quen ten unha supremacía social, hoxe soen ser os corpos policiais (especialmente os equipos especiais). As forzas de seguridade pasan a ter un poder case absoluto. A xente soe asumir que ten que renunciar aos seus dereitos a cambio de seguridade.
  • Populismo e relixión. O emprego de prexuízos e xeneralizacións unidos a unha terminoloxía común xeran un discurso no que se “alimenta” á masa. O fascismo, salvo casos particulares como o fascismo católico español, separa igrexa e estado.
  • Identificación e eliminación dxs “inimigxs”. O pobo condúcese cara a un frenesí patriótico e de seguridade que obriga a eliminar ao inimigo que se traduce en todas as minorías (raciais, relixiosas, ideolóxicas,…) e son calificadas de “lacras”, “terroristas”,…
  • Discriminación da muller e de todo “aquilo” que non siga o modelo masculino, heterosexual, “de correcta ideoloxía” e “puro”. A homosexualidade, as mulleres, as persoas de culturas ou etnias diferentes á maioritaria son borradas ou varridas socialmente.
  • Control absoluto dos medios de comunicación. Os medios de comunicación son gobernados directa (presión ou asasinato aos xornalistas, censura,…) ou indirectamente (regulación gubernamental, o apoio a determinados grupos empresariais,…) polo goberno.
  •  Clientelismo e Corrupción Á pesar dun discurso que ataca á corrupción como un dos grandes males nacionais, o fascismo xera un sistema necesariamente corrupto no que O poder corporativo é protexido o cal xera unha relación clientelar constante.  A percepción dos fascistas é que o estado lles pertence.
  • O poder popular é suprimido: non asociación, nin sindicación nin reunión fóra daquelas que o Estado fascista considere oportunas . Calquera tipo de mecanismo ou iniciativa que faciliten a organización popular son prohibidas e represaliadas.
  • Desprezo dos intelectuais, o racional e a creatividade.Todo tipo de liña intelectual que cultive o posicionamento crítico é aniquilada polos réximes fascistas, que se basean no dogma, o populismo e a educación militarizada.
  • O fascismo rexeita a representación como forma de participación política. A única canle válida para participar no poder é o propio partido fascista o os seus medios afíns (sindicatos verticais, ascociacións, organizacións xuvenís, etc)

 

Como se relacionan fascismo e capitalismo?

Segundo Bertold Brecht “estar contra o fascismo sen estar contra o capitalismo, rebelarse contra a barbarie que nace da barbarie, equivale a reclamar unha parte da tenreira e oporse a sacrificalo”. O capitalismo baséase no dominio dos medios e bens de produción por un grupo reducido de empresas e persoas que se apropian deles e obteñen beneficio dos mesmos a través do escravismo de quen traballa e de quen consume. Así pois o capitalismo vive nunha tensión constante que fai que ciclicamente a clase popular se organice e responda ao sistema establecido. Perante estas situacións as elites (e o sistema en xeral) responden, como a última das súas armas,  a través do fascismo, que nos leva a represión e a supresión de liberdades e dereitos, para defender o sistema establecido.

ilfasccismononpassera

Manifestación antifascista en Italia.

Que podes facer ti?

Infórmate de xeito crítico para escapar das concepcións xeralistas, dogmáticas e baseadas nos prexuízos sociais que defende o sistema fascista. Mobilízate en todas e cada unha das ocasións nas que vexas que se trata a algúns seres e colectivos como algo “inferior”. Intégrate en colectivos e/ou iniciativas que combaten o fascismo sistémico de xeito directo (plataformas e asociacións antifascistas) ou indirecto (asociacións en prol dos dereitos humanos, das persoas estranxeiras,…)


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!