Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

O BNG cangués insta ó pleno contra o plan de libre comercio UE-EEUU

19/10/2014
By

O BNG cangués insta ó pleno contra o plan de libre comercio UE-EEUU

3195ea43d5e81ba0ebab756e1b74f615c481d3f8O BNG de Cangas presentou unha moción, para o seu debate plenario, na que insta á corporación a declara-la insubmisión do concello ó tratado de Liberación do comercio e inversións (TTIP) que está a negociar a Unión Europea e os Estados Unidos e que, en opinión desta formación nacionalista, “representa un serio perigo para a democracia e a debida protección dos dereitos sociais, laborais, ambientais e de saúde, antepoñendo o interese comercial de investidores e empresas supranacionais ó interese xeral”.

O Bloque, a través do seu portavoz, Mercedes Giráldez, quere que o Concello de Cangas saia na defensa dos servizos públicos básicos para a solidariedade e redistribución social, que estarían ameazados por dito acordo, e que se solicite do Ministerio de Administracións Públicas o seu apoio a tódalas iniciativas dirixidas a mante-lo carácter público dos servizos básicos. Ademais, demanda ó Ministerio de Economía que faga pública toda a documentación de que dispón en relación ó tratado “que se está a negociar de xeito secreto e aínda carecemos de documentos oficiais, máis alá de filtracións” e que suspenda as negociacións sobre o TTIP.

O BNG alude a unha perda de soberanía das institucións públicas en favor de multinacionais para garantiza-los seus beneficios económicos e cre que o Concello de Cangas debe oporse e abrir un debate “público e democrático sobre o que está en xogo”.

Fonte: http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2014/10/20/bng-cangues-insta-pleno-plan/1115283.html


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!