Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Onde están as mulleres nos libros de texto? / Pau Rodríguez - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Onde están as mulleres nos libros de texto? / Pau Rodríguez

21/10/2014
By

Onde están as mulleres nos libros de texto?

  • Un estudo da Universidade de Valencia revela que tan só o 7,5% dos referentes culturais e científicos que aparecen nos libros de texto da ESO son mulleres. É culpa da discriminación sufrida polas mulleres ao longo da historia ou houbo unha ocultación de referentes?

  • Este é un artigo publicado en El Diari de l’Educació

Pau Rodríguez

ilustracio_dones_def1-1024x505

Ilustracción Pol Rius

Non hai referentes culturais e científicos femininos nos libros de texto dos colexios. Por que en 600 anos de literatura castelá, ata o século XX, a única autora que se adoita citar nos manuais é Santa Teresa de Xesús? Esta pregunta formúlaa Ana López-Navajas, autora do estudo Análise da ausencia das mulleres nos manuais da ESO. Unha xeneaoloxía do coñecemento ocultado (en castelán), que continúa: “Por que non aparece Gertrudis Gómez de Avellaneda, recoñecida figura do romanticismo? Ou María Rosa Gálvez, do século XVIII, que enchía máis teatros que moitos compañeiros seus?”. Todas estas cuestións lánzaas ao aire o estudo, realizado pola Universidade de Valencia baixo o amparo do extinto Ministerio de Igualdade –época Zapatero– que constataba que os referentes femininos representan tan só o 7,5% do total de figuras que aparecen nos libros da ESO.

“É unha estafa cultural, roubáronnos referentes fundamentais”, sostén a autora do estudo, que considera que durante os anos silenciáronse figuras femininas que incluso no seu tempo gozaron de renome e que a tradición as foi afastando do foco principal. Pero pola contra, os editores de libros consideran que é a historia a que desprezou ás mulleres, non os que editan os libros de texto. “Por desgraza, na historia as personaxes máis influentes foron homes, e os libros de texto están condicionados por este feito”, defende Albert Garrido (Edebé), responsable do ámbito de libros de texto do Gremio de Editores de Cataluña.

Para realizar o estudo analizáronse 115 libros de 19 materias diferentes de toda a ESO. En total chegouse a crear unha base de datos con 5.527 persoas de referencia citadas nos manuais. Destas só 690 son mulleres, un 12,8%. Pero se se ten en conta o número de aparicións, para aventurar a súa importancia, as referencias a mulleres relevantes diminúen ata o citado 7,5% do total.

tabolapersonaxes femin

Fonte: Universidade de Valencia.

Por materias, a mostra tamén é suxerinte. “As materias de enfoque histórico e científico, as máis poderosas, teñen menos presenza de mulleres. En cambio, nas máis pertencentes á actualidade, como inglés ou francés, conteñen máis referencias”, apunta López-Navajas. En inglés e francés, de feito, a aparición de mulleres nos libros de texto é do 29% e o 21% respectivamente. Tamén teñen unha presenza destacada na proximamente desaparecida Educación para a Cidadanía (22%). Porén, as porcentaxes aproxímanse ao 10% cando se trata de Física e Química (8,5%), Ciencias Naturais (10,2%) ou Ciencias Sociais (6,6%).

Referentes culturais femininos esquecidos?

“A proporción seguiría a ser favorable aos homes, que gozaron de predominio social, e seguro que cando máis atrás vas na historia menos referentes culturais femininos hai, pero aínda así a presenza actual de mulleres nos libros non fai xustiza á súa importancia”, reivindica Tania Verge, Axente de Igualdade da Universidade Pompeu Fabra (UPF). “Moitos autores apoiábanse en autoras que non podían firmar e, polo tanto, no se recoñecían. Por exemplo, John Stuart Mill admitiu que a súa muller (Harriet Taylor) fora coautora de moitas das súas obras. Isto sabémolo hoxe, pero aínda así non o glosamos”, lamenta Verge.

Esta situación, segundo Verge, é un perigo para as mulleres –e a sociedade en xeral– que se quedan sen referentes válidos e que por méritos deberían constar nos manuais: “Esta situación fai que as mulleres sexan menos referencia de coñecemento e teñan menos autoridade na produción, e se lles quita protagonismo na historia. Todo isto é moi pernicioso actualmente, sobre todo para as mulleres, se se ten en conta que aprendemos por socialización e por modelos de referencia”.

Para combater esta situación, no propio estudo exprésase que unha segunda fase do proxecto será crear unha base de datos que permita intervir na incorporación de mulleres nos contidos e na adecuación do relato aos feitos. Non se trata dunha discriminación positiva, en palabras de López-Navajas, senón máis ben dunha revisión “con sentido crítico” que permita incluír ás mulleres de referencia por simple cuestión de méritos.

As editoriais apuntan ao currículo

Ante as conclusións do estudo, as editoriais argumentan que, en calquera caso, non son elas as que establecen que se debe estudar e que non, senón que é a Administración a que fixa os contidos que se deben impartir, e os libros adáptanse a iso. “Isto non é culpa do editor. Os filósofos estudan segundo o currículo oficial. Estamos condicionados polos programas educativos oficiais”, explica Antoni Garrido.

Ademais, Garrido vai máis aló dos referentes culturais e valora a presenza paritaria de homes e mulleres nos libros. “Somos moi coidadosos para conseguir certa paridade”, apunta. Garrido refírese non tanto ás personaxes históricas senón a presenza de homes e mulleres non reais –os que aparecen en manuais de exercicios, en narracións, en exemplos…–. Nestes casos –non recollidos no estudo– asegura que non hai discriminación e que, ademais, trabállase para non caer nos arquetipos máis tradicionais e sexistas, sobre todo en canto aos roles das mulleres.


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!