Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Os pobos indíxenas do Brasil en loita contra Coca-Cola / Maria Cappa - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Os pobos indíxenas do Brasil en loita contra Coca-Cola / Maria Cappa

22/04/2014
By

Os pobos indíxenas do Brasil en loita contra Coca-Cola

Maria Cappa

Pé de foto: Nixiwaka Yawanawá, indíxena brasileiro na presentación do Mundial de fútbol en Londres. FIFA

MADRID// “Brasil, deixa de destruír os indíxenas”, dicía a camiseta do indíxena amazónico Nixiwaka Yawaná na recepción do trofeo da Copa do Mundo en Londres, a mediados de marzo. A pesares de que a súa intención era posar xunto a el para denunciar que os indíxenas de Brasil seguen a ser asasinados para que as grandes multinacionais e os terratenentes podan ocupar as súas terras e explotar os seus recursos, nin a FIFA nin Coca-Cola, patrocinadora do Mundial, permitíronlle amosar a mensaxe completa mentres estivo xunto a copa.

Precisamente Coca-Cola, que ademais de ser unha das maiores patrocinadoras do evento deportivo tamén é unha das empresas promotoras do tour que está a facer a Copa do Mundo antes de chegar a Brasil, está involucrada en varias destas loitas territoriais dos indíxenas. E é que, segundo denunciou Oxfam nun informe publicado a finais de 2013, a empresa de refrescos merca o azucre para elaborar as súas bebidas a compañías que o producen en terras expropiadas aos indíxenas: Bunge e Usina Trapiche. A pesares desta colaboración, nun dos anuncios cos que fai promoción do Mundial aparece un indíxena sorrinte que consume esta bebida, algo que un grupo de activistas quixo denunciar mediante a elaboración dun cartel no que substitúen a fotografía do feliz protagonista pola dun policía que está a levar detido a un indíxena.

O informe elaborado por Oxfam denunciaba que o cultivo de azucre “deu lugar a adquisicións de terra a grande escala e conflitos pola terra en detrimento dos pequenos produtores de alimentos e as súas familias”. Segundo queda plasmado no estudo da ONG, desde o ano 2000 rexistráronse 800 adquisicións de terra para cultivar a grande escala cuxo territorio equivale a catro veces a extensión de Portugal, 33 millóns de hectáreas, en todo o mundo. Un territorio que, debido ao aumento da demanda de produtos como a soia, o millo ou o azucre, utilízase para a exportación ao servizo das multinacionais e non para satisfacer o consumo das pequenas comunidades locais.

En todas as rexións nas que espertou o interese por utilizar os seus terreos para satisfacer as demandas do mercado relacionadas co azucre producíronse conflitos. Entre estes lugares, Brasil, que ademais de ser o maior produtor de azucre do mundo (co 20% do subministro total) é responsable da metade das exportacións mundiais, aínda que se prevé que para o 2020 acade o 60%. Este é o motivo polo que unha oitava parte do total do seu territorio cultivable, 10 millóns de hectáreas, dedícana a producir azucre a grande escala.

Segundo recolle o informe de Oxfam, titulado A febre do azucre, Brasil pasou de sufrir 751 conflitos vinculados coa terra en 2008 a 1067 en 2012, con 36 mortes e 77 intentos de asasinato incluídos nese último ano. Conflitos violentos que, ademais de cos dereitos sobre as terras, teñen que ver co uso intensivo de auga, que poden deixar sen este recurso ás comunidades que habitan nesas zonas, o uso de pesticidas e fertilizantes ou os vertidos indiscriminados de residuos e o seu consecuente dano á saúde dos indíxenas ademais de destruír os seus recursos pesqueiros e deixalos sen a súa principal fonte de supervivencia.

Mato Grosso e Bunge

O primeiro dos conflitos nos que Coca-Cola está involucrada en Brasil ten que ver coa empresa Bunge (unha das tres comercializadoras máis grandes do mundo e unha das tres empresas máis potentes do sector neste país) e a súa filial no país carioca, Monteverde, localizada en Ponta Pora, un municipio ao sur de Mato Grosso do Sul, onde o cultivo de cana de azucre multiplicouse por tres entre 2007 e 2012 ata superar o medio millón de hectáreas. A cronoloxía do problema é a seguinte:

1960: as comunidades indíxenas guarani-kaiowá de Jatayvary comezan a tratar de formalizar os seus dereitos sobre a terra.

Anos 90: tras décadas sen obter logros, expúlsanos destes territorios durante catro anos. Á súa volta, denuncian ameazas por parte dos agricultores que traballaban nestas terras.

2004: a Fundación Nacional do Indio (FUNAI), o organismo federal encargado destas cuestións en Brasil, recoñece Jatayvary como terra indíxena.

2008: instálanse neste territorio dous xenios azucreiros: o de San Fernando, propiedade de Agropecuária JB (Grupo Bumlai) e do Grupo Bertin e Monteverde propiedade de Bunge.

2011: o Ministerio de Xustiza de Brasil limita o territorio dos guarani-kaiowá aos que, ademais de recoñecerlles os seus dereitos, outórgalles 8.800 hectáreas en Jatayvary.

Como o proceso de demarcación das terras xa comezara, o fiscal xeral solicitou a Bunge que deixase de utilizar os territorios desta rexión para cultivar azucre e que tampouco lla comprase a Monteverde. Como resposta, Bunge argumentou que o contrato o firmaran os antigos propietarios da súa filial e que, unha vez que a demarcación estivese ratificada pola presidenta da nación, considerarían rompelo. Por outro lado, comprometéronse a non renovar os acordos cando expirasen, en 2013, aínda que despois declararon que, en realidade, os contratos non vencerían antes de 2014. Segundo afirma Oxfam, Coca-Cola aclarou que non lle mercaba azucre directamente a Monteverde, aínda que si recoñeceu que o facía doutros negocios que Bunge ten en Brasil.

Pernambuco e Usina Trapiche

A empresa Serra Grande comprou a planta de refinado de azucre Usina Trapiche en 1998. Ese mesmo ano, expulsaron a 53 familias das súas terras, localizadas en Pernambuco, ao nordeste de Brasil, debido á intención de instalar unha refinería nestes terreos. Ademais, a compañía azucreira solicitou ao Estado a concesión dos dereitos sobre o estuario e as illas nos que residían estas familias.

Os indíxenas expulsados denunciaron que a compañía estaba arrasando os seus fogares e pequenas explotacións agrícolas ademais de estar ameazándoos sistematicamente para tratar de botalos. Unhas denuncias que, segundo Oxfam, seguíanse a rexistrar en 2012, cando diferentes traballadores da empresa foron acusados de queimar as súas cabanas. Pola súa parte, Usina Trapiche argumentou que estaban tratando de preservar o manglar, o terreo no que se instalaran, aínda que xa acumulaban diversas multas por contaminar o río, danar o medio ambiente e matar os peixes dos que se alimentaban as familias ás que desprazaran e que servían como fonte de ingresos para as comunidades de pescadores das inmediacións. A pesar de que en 2009 se lles recoñeceu ás familias expulsadas de Pernambuco o seu dereito sobre a reserva, tampouco foi ratificado pola presidenta, polo que aínda non é oficial. No seu informe, Oxfam confirma que tanto Coca-Cola como o seu rival, Pepsi Cola, admitiron mercar o azucre obtido por Usina Trapiche para elaborar os seus produtos.

Fonte:  http://www.lamarea.com/2014/04/15/coca-cola-favor-del-mundial-de-brasil-contra-los-indigenas/


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!