Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Outubro: Manipulación informativa

24/10/2013
By

Situación actual

Hoxe en día, a forma en que as persoas forman o seu pensamento político é a través dos medios audiovisuais, máis que por calquera outro canle. Os medios de comunicación, polo tanto, son unha ferramenta de primeiro orde para a confrontación ideolóxica. Se ven ata finais do século XX foron prensa, radio, cine e televisión os mass media que dominaban a comunicación, agora mesmo deberemos entender que son principalmente os medios audiovisuais, aos que hai que engadir as redes sociais (youtube, Facebook, Twitter, etc) á televisión e o cine.

O discurso dominante é xerado a partir deses medios, uns medios de comunicación e de creación audiovisual que son controlados por grandes corporacións que os poñen ao servizo dos seus propios intereses. Desta maneira, a clase dominante crea un consenso ideolóxico, o que poderíamos entender por un sentido común compartido, a partir do seu control case absoluto das ferramentas de creación de discurso. Noutros momento históricos, se ben a ideoloxía da clase dominante seguía a ser a ideoloxía dominante, esta introducíase no resto da poboación por outros medios de control, como os sermóns e a imaxinaría das fachadas nas igrexas. Agora, o control dos principais medios de comunicación rempraza a esas antigas formas de control social. A televisión, o cine, o radio e internet representan o principal e máis importante campo de combate ideolóxico, desprazando o papel a un lugar totalmente secundario.

Esta situación, na que os poderosos controlan os medios de comunicación, plantexa unha forte contradición co concepto de democracia, xa que a dominio absoluto da información por parte de empresas privadas impide favorece o dominio ideolóxico sobre as persoas. Unha contradición que non se da co concepto de democracia parlamentaria capitalista, senón coa democracia entendida como a capacidade das persoas para involucrarse e decidir por si mesmas. Sen un control social dos medios de comunicación, é imposible acadar unha sociedade libre e democrática.

 

Que podemos facer.

 

Participar, na medida do posible, nos medios de comunicación de masas pois, aínda que son parte interesada de manter a situación, de defender o seu discurso dominante, é necesario que a nosa voz apareza nos maiores espazos de difusión posible para contrarrestar, na medida do posible, o fío ideolóxico dos poderosos e dotar de argumentos ao conxunto da cidadanía. Se son os medios de masas os que crean ideoloxía, teremos que tentar estar presentes.

Por outra parte, e dado que o anterior é difícil nunha correlación de forzas tan desfavorábel, faise necesario construír medios propios, pero non coa vocación de “medios alternativos”. Isto quere dicir que hai que desbotar a idea da marxinalidade coma elemento positivo. Se o obxectivo é dotar á maioría da sociedade da capacidade para construír a súa propia ideoloxía e afastala dun discurso totalmente contraproducente para a súa propia realidade material, non podemos adoptar formas que se autorepresenten coma alternativas, senón aquelas formas que normalicen a nosa presenza, a nosa maneira de comunicar. Sempre, claro está, dentro das nosas posibilidades.


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!