PP, PSOE, CIU e UpyD votan en contra de realizar un referendo sobre o Tratado de Libre Comercio EEUU-UE
#TTIP As negociacións segredas do Tratado Comercial entre a UE e os EEUU chega o Parlamento. A moción servirá para despexar dúbidas sobre a postura dos grupos parlamentares
O pleno do Congreso dos Deputados discutiu onte unha moción sobre o proxecto de Asociación Transatlántica de Comercio e Inversións que a Comisión Europea e Estados Unidos negocian na actualidade de costas á cidadanía. A moción serviu para comproba-la postura dos diferentes grupos parlamentares sobre un tratado comercial que pretende eliminar ou axustar á baixa entre o 25 e o 50% de leis, directivas e normas europeas. A Campaña “non o Tratado Transatlántico de Comercio e Inversións” lembra ademais que provocaría unha maior precarización e eliminación de emprego e graves impactos sociais e ambientais.
Na moción presentada polo grupo parlamentar Esquerda Plural ínstase a rexeita-lo tratado, coñecido como TTIP polas súas siglas en inglés. O apoio declarado do Partido Popular ó tratado fai imposible que se aprobe a moción. Pero non resulta tan predicible a posición que manterá esta tarde o grupo socialista. Hai un ano o PSOE votou xunto os populares a favor do tratado no marco dunha proposición non de lei. Sen embargo, o candidato ó Parlamento Europeo Juan Fernando López Aguilar apuntou recentemente á suspensión das negociacións nun debate sobre política ambiental.
Os grupos parlamentares de PP e PSOE, co apoio de UpyD, sumaron hoxe os seus votos no Congreso dos Deputados para toma-la iniciativa parlamentar presentada polo grupo de EU, ICV-EuiA, CHA e defendida polo seu portavoz, José Luis Centella, para que a Cámara Baixa instara ó Goberno a “rexeitar” o futuro tratado de comercio e inversións que negocian na actualidade a Unión Europea (UE) e os EEUU e que, en todo caso, promovera un “referendo para a súa ratificación”.
En concreto, o texto da moción consecuencia de interpelación de EU sinala sobre este punto que o Executivo debía considerar que “calquera proposta de acordo comercial entre a Unión Europea e os EEUU debe ser sometido en tódolos Estados membros da UE e referendo antes da súa ratificación”.
En relación con iso, EU/Esquerda Plural defendeu onte en sede parlamentar unha moción “sobre a posición do Goberno español ante o acordo comercial entre a Unión Europea e os Estados Unidos chamado Asociación Transatlántica para o Comercio e a Inversión”. Dita moción, consecuencia dunha interpelación parlamentar, instaba a que se aprobase someter a referendo o acordo cando estivese finalizado. Ademais, propuña a creación dun grupo de traballo no seo da comisión de asuntos exteriores para que presentase un informe no prazo de seis meses sobre as repercusións legais, económicas e sociais do TTIP. Finalmente, rexeitaba frontalmente o sistema de privatización de resolución de conflitos que pretende negociarse entre os inversores e os estados.
Esta resolución foi rexeitada polo conxunto dos grupos, co que se corre o risco de que dito acordo termine aplicándose sen intervención directa da cidadanía europea.
Os socialistas, dixo, apoian a suspensión das negociacións “ata que non se introduzan as garantías relativas á protección de datos” e tamén relativas á “coherencia cos estándares sociais e a preservación do modelo social da UE”. Estas garantías non están en absoluto aseguradas nos documentos filtrados recentemente sobre as cinco roldas de conversacións entre a Comisión Europea e Washington. Sen embargo, votaron en contra da moción.
A moción insta a somete-lo tratado a referendo en tódolos Estados membros da UE, en caso de que prosigan as negociacións. Resulta fundamental que a cidadanía se informe e opine directamente sobre un acordo que afectará a súa vida diaria, con máis que probables privatizacións e recortes en dereitos laborais e normativas de protección ambiental. A Comisión lanzou recentemente unha consulta en liña sobre o tratado, pero as súas preguntas ambigüas e cargadas de tecnicismos non permiten entende-lo seu verdadeiro impacto.
O terceiro punto da moción propón constituír un grupo de traballo no seo da Comisión de Asuntos Exteriores sobre o Tratado Transatlántico de Comercio e Inversións para que no prazo máximo de seis meses presente un informe que valore este acordo e a súa repercusión no Estado español. Se se ten en conta que o TTIP eliminaría ou axustaría á baixa entre o 25 e 50% de leis, directivas e normas na Unión Europea, é evidente que as políticas públicas españolas veranse directamente afectadas.
A experiencia de anteriores tratados comerciais apunta á especial ameaza que supón o sistema de resolución de conflitos entre inversores e Estados, un mecanismo que permitirá ás grandes empresas reclamar indemnizacións ante tribunais de arbitraxe se consideran que os seus beneficios económicos ou as súas expectativas de ganancias futuras vense afectados por leis ou políticas nun país no que investiran. É dicir, que se non gañan o que queren, poden demanda-lo Estado no que investiron en tribunais privados, como xa está a ocorrer en moitas partes do mundo.
– As declaracións de López Aguilar poden escoitarse no vídeo do debate a partir do minuto 1:21:15: http://www.ecologistasenaccion.org/article27858.html
– Máis información sobre a consulta da Comisión Europea e o sistema de resolución de conflitos: http://www.ecologistasenaccion.org/article27801.html
– Os documentos das negociacións filtrados poden lerse en: http://eu-secretdeals.info/
O portavoz parlamentario, José Luis Centella, argumentou durante a súa intervención no Pleno que “a chave está en quen dirixe, quen planifica a economía”, se o fan “institucións sen ningún control democrático” ou se o fan os “parlamentos democraticamente elixidos e con control cidadán”
Centella non aceptou as emendas presentadas por distintos grupos á redacción completa do texto da iniciativa por desvirtuar e rebaixar os principais obxectivos da mesma. No caso da feita polo PSOE argumentou que “é unha emenda que ven simplemente a intentar gardar certa imaxe pero que, en realidade, non fala da nosa proposta”.
Si aceptou o deputado de EU que os tres puntos dos que constaba a moción se votaran en dous bloques. Os dous primeiros foron rexeitados coa suma de votos de socialistas e “populares”, ademais doutros grupos, mentres que o terceiro non saíu adiante principalmente grazas á maioría absoluta do PP.
Este último punto emprazaba textualmente a “constituír un grupo de traballo no seo da Comisión de Asuntos Exteriores sobre o acordo comercial entre a Unión Europea e os Estados Unidos, a chamada Asociación Transatlántica para o Comercio e a Inversión (TTPI, para que no prazo máximo de seis meses presente un informe que valore este acordo e a súa repercusión no noso país”.
José Luis Centella argumentou as razóns que avalan a posición do seu grupo, tanto en contra do tratado como na forma en que se está negociando na actualidade. Indicou que non se trata de “confronta-lo libre comercio con proteccionismo”, cando “a chave está en quen dirixe, quen planifica a economía”, se o fan “institucións sen ningún control democrático” ou se o fan os “parlamentos democraticamente elixidos e con control cidadán”.
Referiuse Centella tamén ó deterioro que sufrirían as condicións laborais en Europa, especialmente en España, xa que o tratado “rebaixa a protección social e laboral”. Lembrou a continuación que “Estados Unidos non ten ratificadas seis das oito normas fundamentais da Organización Internacional do Traballo (OIT)”.
Advertiu, así mesmo, do cambio na cultura da protección ambiental que suporía este texto, “cámbiaa pola desregulación que existe nos Estados Unidos ó abrir definitivamente a porta ó fracking en Europa, porque o que busca fundamentalmente é acabar coa regulación que hai na Unión Europea”.
“Ó atoparse Estados Unidos -lembrou Centella- co que o seu tradicional “patio traseiro”, Mercosur, rebélaselles, ten que buscar outro e o atopa nunha dócil Europa disposta a converterse nese “patio traseiro”, onde os Estados Unidos poidan realmente face-lo seu agosto. Por iso, plantexamos que hai que frear este tratado, hai que frear ás grandes corporacións e facer unha economía ó servizo da xente”.
Na parte final da súa intervención o portavoz parlamentario de EU advertiu de que “sería simple e sinxelamente a fin da nosa cultura, arrasada polo pensamento único e a grande industria da cultura dos Estados Unidos”, porque este tratado de libre comercio “como tamén o foi o ALCA en América Latina, é a lei da selva, e xa sabemos que na lei da selva o grande sempre come ó pequeno”.
Fonte: http://www.tercerainformacion.es/spip.php?article67965