Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Reino Unido prevé aprobar a lei sobre espionaxe máis extrema da "democracia occidental" - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Reino Unido prevé aprobar a lei sobre espionaxe máis extrema da “democracia occidental”

13/12/2016
By

Reino Unido prevé aprobar a lei sobre espionaxe máis extrema da “democracia occidental”

Nadia Prupis , CommonDreams

A Carta do Fisgón está lista para converterse en lei, a finais de 2016, tras o seu paso esta semana polas dúas cámaras do Parlamento inglés.

gchq

Oficinas do GCHQ no Reino Unido.

O proxecto de lei de Reino Unido coñecido como ‘Carta do Fisgón’ está listo para convertirse en lei tras o seu paso polas dúas cámaras do Parlamento esta semana. Só necesita a aprobación da Casa Real, o que se prevé que suceda a final de ano.

O proxecto de lei dos Poderes da Investigación (IP) é, segundo  a describen os defensores da transparencia, a lei de vixilancia máis extrema aprobada nunha democracia. Aprobada no medio do caos causado tras a votación do Brexit e o histórico revés do presidente electo  Donald Trump, o proxecto de lei ten implicacións que van máis aló das fronteiras.

Jamie Killock, director executivo de liberdades civís da organización Open Rights Group, dixo o pasado xoves: “A aprobación do proxecto de lei IP vai ter un impacto máis aló Reino Unido. É probable que outros países, incluíndo réximes autoritarios con poucas salvagardas dos dereitos humanos, usen esta lei para xustificar os seus propios poderes de vixilancia intrusiva”.

Open Rights Group resume  as disposicións máis importantes do proxecto de lei. Por unha banda, os provedores da internet estarían obrigados a almacenar o historial de navegación en web dos seus clientes durante un ano. A policía e o goberno van ter poderes sen precedentes para acceder a estes datos a través dun motor de procura que poderá ser utilizado para realizar perfís. Os servizos de seguridade manterán a súa capacidade de reunir datos de comunicacións de forma masiva. A policía e os servizos de seguridade terán novas capacidades de hackeo. Os servizos de seguridade poderán acceder e analizar bases de datos públicas e privadas, aínda cando a maioría dos datos sexan respecto de persoas que non son sospeitosas de cometer ningún crime.

O proxecto de lei codifica os estatutos revelados en 2013 polo informador da Axencia Nacional de Seguridade (NSA polas súas siglas en inglés) Edward Snowden,  “do mesmo xeito que incrementa a vixilancia por parte da policía e outros departamentos do Goberno”, continúa Killock. “Vai seguir habendo unha falta de protección da privacidade nos acordos con EE UU sobre o comparto internacional de información. O Parlamento tamén fallou á hora de dirixir as implicacións da integración técnica do GCHQ (a Oficina de Comunicacións do Goberno de Reino Unido) e a NSA”.

O xefe de privacidade de Nacións Unidas, Joseph Cannataci, tachou previamente ao proxecto de lei de “dar máis que medo”, nun panel, a semana pasada en Brasil, do Fórum da Gobernanza da internet. “É a idade dourada da vixilancia, [os gobernos] nunca antes tiveron tantos datos. Estou a falar só de metadatos, non fun ao contido”, dixo Cannataci. Tamén criticou aos medios de Reino Unido e aos membros do Parlamento que están a favor da vixilancia polo que chamou “unha ofensiva” para enturbar o debate e facer presión por unha lei máis dura.

“Facer unha análise dos medios de comunicación sobre a maneira na que o establishment británico está a impulsar noticias sobre a lei e a necesidade desta lei e facervos esta pregunta: se isto non está orquestrado, entón que?”, dixo.

Matt Burgess,é un xornalista de Wired UK que fixo unha extensiva cobertura sobre este proxecto de lei, escribiu en Twitter que a Carta do Fisgón “foi descrita como peor que a de China, e aínda así foi aprobada de unha maneira incríblemente fácil”.

Snowden tamén escribiu: “Reino Unido acaba de legalizar a vixilancia máis extrema na historia da  democracia occidental. Supera a muchas autocracias”.

Killock anotou, nun artículo de opinión en Newsweek a semana pasada, que “todas estas prácticas parecen existir desde hai moitos anos, en segredo e sen voto parlamentario. As creativas interpretacións ocultas das nosas leis xa existentes permitiron que os chamados “poderes masivos” recompilasen información sobre millóns de persoas, conectasen secretamente os cables internos de Google ou Yahoo! e hackearan a compañías estranxeiras, como o provedor nacional de telecomunicacións de Bélxica, converténdoas en condutos de vixilancia”. A única razón que coñecemos, por suposto, é polas accións de Edward Snowden, revelando que a NSA estadounidense e a británica GCHQ estaban dispostas”.

O proxecto de lei foi aprobado un días despois de que Trump elixise ao falcón do Tea Party   Mike Pompeo como cabeza da CIA. Pompeo é un defensor da vixilancia masiva que previamente pedira a pena de morte para Snowden.

“Pensarías que a total revocación da democracia e a falta de responsabilidade serían suficientes para provocar a indignación dos miembros do Parlamento británico”, escribiu Killock en Newsweek. “Pensarías que este paso de pinchar teléfonos concretos enfocados a criminais coñecidos ao manto da vixilancia para empezar a pescar novos sospeitosos merecería un debate nacional”.

“Aparentemente non”, conclúe.

Fonte: Diagonal


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!