Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Setembro: Autodeterminación, Nacionalismo e Independentismo - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Setembro: Autodeterminación, Nacionalismo e Independentismo

26/11/2014
By

AUTODETERMINACIÓN, NACIONALISMO E INDEPENDENTISMO

“Unha nación é un plebiscito diario
Ernest Renan

QUÉ É A AUTODETERMINACIÓN?

O dereito de libre determinación dos pobos ou dereito de autodeterminación é o dereito dun pobo a decidir as súas propias formas de goberno, perseguir o seu desenvolvemento económico, social e cultural, y estruturarse libremente, sen inxerencias externas e de acordo co principio de igualdade. A libre determinación está recollida nalgúns dos documentos internacionais máis importantes, como a Carta das Nacións Unidas e os Pactos Internacionais de Dereitos Humanos. Tamén numerosas resolucións da Asamblea Xeral de Dereitos Humanos. É polo tanto un principio fundamental do Dereito internacional público e un dereito dos pobos, que ten carácter inalienable e xera obrigas para os Estados.

O concepto ten, certamente, un carácter polémico, e no discurso político contemporáneo aparece tamén vencellado a posicións extremistas ou situacións de desestabilización. Un dos motivos da polemicidade do termo habería que buscalos en que adoita estar ligado ao concepto de “pobo” para o que tampouco hai unha definición categórica estricta. Unha concepción maioritariamente occidental considera tamén “pobo” ao conxunto de habitantes dun Estado unitariamente considerado, mentres que as diversas minorías nacionais ou pobos indíxenas dentro de Estados autodefiníronse como pobos. As súas reinvindicacións poñen de manifesto a tensión e os conflitos que existen entre o dereito de libre determinación dos pobos e integridade territorial dos Estados.

O dereito de autodeterminación ten unha natureza composta e polifacética, dado que comprende aspectos políticos, económicos, sociais e culturais; e precisa para unha efectividade plena a concurrencia de todos estes elementos. Non se esgota nun único exercicio puntual, senón que garante o dereito de cada pobo a manter as súas formas de goberno e o seu camiño propio cara ao desenvolvemento económico, social e cultural.

Miles-catalanes-participan-centro-Barcelona-manifestacion-independentista

Manifestacción Independentista en Cataluña

INDEPENDENTISMO E AUTODETERMINACIÓN

O independentismo e a autodeterminación dos pobos aparecen como termos sinónimos hoxe en día, pero realmente achegan matices diferentes.

O independentismo é unha corrente política, procedente en xeral do nacionalismo, que propugna a independencia dun territorio respecto do estado ou estados en que se circunscribe, mentres que o dereito de autodeterminación dos pobos é o dereito que ten un pobo a decidir  as súas propias formas de goberno e polo tanto como se relaciona co resto dos pobos. Moitos dos pobos que apelan ao dereito de autodeterminación buscan a independencia do estado no que se atopan circunscritos, pero o independentismo non é a única vía da autodeterminación. A autodeterminación dun pobo (aínda que a independentista sexa a maioritaria) tamén pode buscar  o federalismo,  confederalismo, unitarismo ou calquera outra forma de relación conforme ás aspiracións dese pobo.

Relaciónanse de xeito confuso tamén o independentismo e a secesión que, aínda que similares, son conceptos diferentes. Mentres que no independentismo hai un pobo que procura acadar un novo estado, no secesionismo o obxectivo é a vontade dun estado xa preexistente de separarse da unión con outros estados.

O NACIONALISMO

Fundamentalmente o nacionalismo é un principio político que sostén que debe haber congruencia entre a unidade nacional e a política.
Xa sexa como sentimento, xa como movemento, a mellor manera de definir o nacionalismo é atendendo a este principio. Sentimento nacionalista é o estado de carraxe que suscita a violación do principio ou o de satisfacción que acompaña a súa realización. Movimento nacionalista é aquel que obra impulsado por un senimento deste tipo. O principio nacionalista  pode ser violado de múltiples xeitos. Pode ocurrer que os límites políticos dun estado nin inclúan a todolxs membros do que é a nación, ou pode que si que o faga (mais incluíndo así mesmo xente allea a ela); ou pode tamén que se dean ámbalas dúas situacións; que non todolxs membros da nación formen parte dese estado e que este si inclúa xente non pertencente a esa nacionalidade. O que sí é inadmisible en calquera caso é que xs dirixentes dunha unidade política pertenzan a unha nación diferente da maioría da xente gobernada.

  • O caso do nacionalismo autoritario ou fascista: O fascismo é un nacionalismo levado ós seus últimos extremos, é dicir, excluínte e totalitario; de xeito que non todos os nacionalismos son, nin moito menos, fascistas mais sí é certo que todos os fascismos son nacionalistas. O ultranacionalismo como é lícito consideralo é un elemento común a tódolos movementos fascistas, xa que pretenden a rexenaración espiritual da patria a costa de voltar a vista a un pasado case mitolóxico
  • O curioso caso do nacionalismo universalista: E aquel que, por así dicilo, predica tamén o seu ideario para todas as nacións sen distinción. Teñen por anclaxe a salvagarda das distintas culturas, así como a dun sistema político internacional e pluralista, que faga diminuír as tensións internas (e externas) dos estados.
indigenismo

Mulleres indixenas do EZLN

A AUTODETERMINACIÓN INDÍXENA E O CASO DA “PACHAMAMA”

O movemento indixenista proclama tamén que a autodeterminación é o dereito máis importante dos pobos indíxenas e esíxelle aos estados nos que fican presos que recoñezan un marco no que poidan desenvolver a súa soberanía como queda recollido no dereito internacional.

Especialmente vencellado ao movemento indixenista está a cultura da Pachamama. Unha divinidade que representa á Terra, mais non só o chan ou a terra xeolóxica, así como tampouco só a natureza; é todo iso no seu conxunto. Non está localizada nun lugar específico, mais concéntrase en certos lugares como mananciais, vertentes ou apachetas. É unha deidade que actúa directamente, por presenza e coa cal se dialoga permanentemente, ben sexa pedíndolle sustento ou desculpándose por algunha falta cometida contra a terra e por todo o que nos prové. Esta visión da Terra é totalmente allea á visión antropocéntrica que o ser humano ten coa natureza en Occidente e só é comprensible dende o profundo respecto e veneración cara ao coidado da Terra e os recursos naturais.

E TI… QUE PODES FACER?

Infórmate e informa sobre a historia, cultura e sociedade, así como das diversas situacións dos pobos. Actúa naquelas campañas, iniciativas e accións que apoien o dereito que ten todo pobo a decidir sobre si mesmo. Insírete e participa en colectivos e todo tipo de organizacións que aposten pola libre elección e o poder de decisión dun pobo sobre como se organiza e se relaciona co seu redor.


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!