Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Xuño: Transporte ou Mobilidade Sostible - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Xuño: Transporte ou Mobilidade Sostible

25/11/2014
By

TRANSPORTE OU MOBILIDADE SOSTIBLE

“Os coches multiplícanse máis que as persoas. Tamén respiran moito máis aire ca nós, ocupan a Terra e esgotan a nosa economía.”

Ernest Callenbach
Unha paisaxe conquístase coas solas do zapato, non coas rodas do automóbil.

William Faulkner
A sociedade de usar e tirar é un sistema inxusto a todos os niveis, que está esquilmando e contaminando o noso Planeta, ao tempo que destrúe o tecido social de moitas comunidades.

Alberto D. Fraila Oliver.
QUE É A MOBILIDADE SOSTIBLE OU TRANSPORTE SOSTIBLE?

Actuacións que axudan a reducir os efectos negativos do transporte a través de:

  • Prácticas de mobilidade responsable individual e/ou colectiva.
  • Desenvolvemento de     tecnoloxías que amplíen as opcións de mobilidade sostible.
  • Decisións dos axentes sociais (administración, colectivos,…) para promover ditas prácticas e sensibilizar á poboación.

 

CAL É A ORIXE DO CONCEPTO?

Dende a segunda metade do s. XX comeza a forxarse o proceso de globalización que trae consigo entre outras cousas un incremento desproporcionado do transporte de mercancías e persoas, así como, sobre todo, unha enorme urbanización da sociedade, que estoura de xeito descontrolado dende finais dos anos 70. Esta situación trae consigo un modelo de transporte urbano baseado no coche particular e un incremento insostible do consumo dos combustibles fósiles.

A preocupación polos problemas medioambientais e sociais xerados polo modelo capitalista a través do proceso da globalización provocaron a busca de alternativas que axudasen a paliar os efectos negativos deste modelo e a idear un novo modelo de transporte e de cidade sostible.

 

F437C402-9CFF-469F-BB71-1A9F3C705E442

Aparcadoiro de bicicletas en Holanda

 

CALES SON OS PROBLEMAS ACTUAIS DA MOBILIDADE?

O sistema capitalista actual entende todo como unha mercancía. Así pois o transporte enténdese como un sector máis no que o importante son os beneficios económicos, afastándose completamente da universalidade, a equidade, a redución de conxestións e o respecto do medio ambiente.

  • GEI (Gases de Efecto Invernadoiro)

 

    • A escala global os transpostes son responsables dun 13% das emisións (en 2050 poderían chegar ao 30% ou 50%).
    • O transporte terrestre representa un 74% destas emisións (un 40% proveñen de  vehículos industrais lixeiros e particulares).
    • En Europa, o transporte é o único sector que aumentou as súas emisións de GEI dende 1990 (+26%).
    • Os coches particulares son responsables do 12% das emisións europeas.
    • A extracción de combustibles fósiles implica unha altísima agresividade co medio como pode ser o fracking que provoca a contaminación do aire e das augas así como un risco sísmico.
    • Cada ano morren aproximadamente 2 millóns de persoas pola contaminación do aire.
    • A chuvia aceda provoca centos de millóns de mortes de animais ao ano, así como a acidificación de solos e augas. Nos 200 últimos anos a chuvia é 100 veces máis aceda.
    • O quecemento do planeta provocado polo efecto invernadoiro provocará que a final do s.XXI o nivel do mar poida subir ata 60 cm, así como desertización e aumento do risco de furacáns e tornados.

 

  • Urbanización da sociedade

 

    • En 1960 case o 33% da poboación mundial vivía en cidades, en 1999 o         47% da poboación (2.800 millóns de persoas) vivía nelas.
    • O FNUAP (Fondo de Poboación das Nacións Unidas) calcula que para 2030 o 61% da poboación mundial (5.000 millóns de persoas) vivirá en cidades.
    • A estrutura non racional das cidades fai que moitxs traballadorxs teñan que realizar grandes desprazamentos para acudir ao seu posto laboral, o que aumenta as emisión de GEI así como o empeoramento das condicións de traballo.
    • O 80% da contaminación acústica provén da circulación de vehículos e o 10% corresponde a obras, construcións e industrias. Na Unión Europea máis dunha cuarta parte da poboación está sometida a niveis a niveis de ruído superiores a 65dB (nivel de tolerancia máximo aceptado pola OMS).

 

 

  • Descoordinación, Privatización e Prezos elevados.

 

    • A privatización vai asociada á idea dunha mellor xestión dos recursos así como a unha mellor eficiencia e coordinación. Porén o que sucede é que a visión do transporte como un negocio fai que cada empresa vexa ese servizo como algo da súa propiedade polo que:

 

      • Os prezos elevados impiden un uso universal do transporte pois non todo o mundo ten acceso aos mesmos.
      • A distribución dos traxectos establécense baseándose na obtención do maior número de usiarixs e non conforme a dar cobertura a toda a sociedade.
      • Non hai coordinación coas outras empresas de transporte senón que cada unha fai a guerra pola súa conta, polo que se poden producir duplicación de traxectos, zonas baleiras de transporte,…

 

 
QUE SOLUCIÓNS PRESENTA A MOBILIDADE SOSTIBLE?

  • Vertebración dun transporte integral. Consideración dos medios de transporte como un todo coordinado, abandonando a idea de que cada parte debe organizarse segundo queira e onde se deben ter en conta as presións ambientais, a interrelación con outros sectores e os efectos sociais e económicos.

 

  • Planificación e deseño urbanístico sostible, lóxico e funcional. As cidades deben regular un uso responsable dos vehículos na cidade así como o favorecemento dos modos non motorizados de circulación e a proximidade dos servizos.

 

  • Fiscalidade favorable. O transporte público, a bicicleta e o automóbil compartido deben     gozar de deducións fiscais a través de modalidades que eviten a  fraude, así como a creación dun marco legal que facilite a   adquisición de vehículos eléctricos.

 

  • Cambio de modelo de prezos e de acceso. As zonas urbanas e metropolitanas deben evoluír cara ao uso de   abonos de tarifa plana que se poidan conseguir de xeito axustado ao nivel adquisitivo de cada persoa. Ademais eses abonos deben ter carácter universal e deben poder empregarse en diferentes zonas dun mesmo territorio.

 

  • Abandono  do avión en prol do ferrocarril. Unha boa estruturación do sistema ferroviario debe ser a         alternativa ao transporte aéreo dentro de cada estado polo seu alto custo ecolóxico. O axuste dos prezos e a vertebración do territorio a través dun bo sistema de ferrocarril sosterán un transporte cunhas baixas emisións de GEI. Ao tempo tamén debe situarse a taxación do combustible do transporte aéreo ata situala no mesmo nivel impositivo que o transporte convencional.

 

  • Electrificación do transporte público urbano. Aposta polas redes de tranvía e de autobuses de motores híbridos.

 

  • Priorizar a xestión e a pacificación do tráfico. Orientar a política de xestión do tráfico evitando a construción de túneles, atallos ou aumentos de capacidade das vías para coches, o que levará ao crecemento do uso da bicicleta e a pé.

 

  • Transporte rural integrado. Crear sistemas de enlaces regulares e múltiples entre as zonas urbanas e o rural que eviten o fomento da posesión de vehículos privados que ao tempo axuden a un incremento da demanda deste servizo. Ademais a adecuación dos sistemas de enlace para poder levar os sistemas de transporte intermedios (como a bicicleta) dentro dos mesmos, así como a habilitación de sistema de coche compartido

 

  • Creación dun marco legal que regule a mobilidade. Establecemento dunha lexislación de financiamento    do transporte público para poder facer posible un sistema de eficiente enerxéeticamente.

Que conflitos existen hoxe?

  • Vitrasa: O transporte urbano na cidade de Vigo neste ano 2014 vén de subir o seu prezo un 6%, pasando de 1,24 a 1,32 euros ademais da suspensión da tarxeta verde para todas aquelas persoas que non estean empadroadas na cidade. Isto implica dar un paso máis adiante coa xa liquidada universalidade de acceso ao mesmo. Ademais a distribución das liñas segundo pautas de rendibilidade fai que moitas partes do concello teñan un servizo deficitario ou nin sequera o teñan.

 

  • A-76: O Goberno ten autorizada a construción dunha autovía que atravesará un espazo natural de especial fraxilidade paisaxística que se atopa protexido pola UE e catalogado como Espazo da Rede Natura 2000, ademais de atoparse en trámites de preparación para     ser candidata a Patrimonio da Humanidade na UNESCO. Esta autovía, da que aínda non está demostrada a súa necesidade pola baixa densidade de tráfico entre Ourense e Ponferrada, costará 1200 millóns de euros e cada kilómetro desta obra, que suporá a creación de 64 viadutos e 22 túneles, terá o prezo de 10 millóns de euros.

 

  • Transporte de Ría. A empresa Mar de Ons encargada do transporte de ría entre Vigo e Cangas vén de suprimir   en febreiro de 2014 as primeiras frecuencias da mañá aducindo a falla de pasaxeirxs. Resolución do 09/03/2006 do Tribunal de Xustiza da UE, declarou que este transporte non ten consideración de servizo público, posto que a UE ten un marco liberalizado así que son as empresas as que  teñen a facultade de fixar a oferta e as condicións da prestación, aínda que na resolución do 23/10/2007 establécese que os poderes públicos poden establecer     obrigas para o transporte público metropolitano. A Xunta, aínda así, non actúa ao respecto e xustifica que hai outro tipo de transporte que cubre eses mesmos percorridos. Ao mesmo tempo o incremento de prezos (case un 10% de suba do billete neste ano 2014), así como o “monopolio de facto” denunciado pola Plataforma pola Defensa do Transporte Público na ría de Vigo, contribúen a unha elitización do servizo.
384940_269469229767453_511889705_n

Tranvías no centro de Vigo

 

QUE TIPOS DE LOITAS HAI AO REDOR DA MOBILIDADE E O TRANSPORTE?

  • Reclaim the Streets (RTS) (Recupera  as rúas) é un movemento de resistencia que reclama a propiedade común dos espazos públicos. Oponse á dominación das forzas da globalización en xeral e ao coche como     principal medio de transporte en particular. A forza deste colectivo xeneralizou a denominación Reclaim the Streets para todas as accións políticas desta liña.  RTS caracterízase polas accións directas non violentas de recuperación (invasión de estradas, autovías,… e todo tipo de espazos públicos) con carácter autónomo que se teñen realizado por todo o planeta. RTS pensa que xs peóns non son quen causa a obstrución senón o traico rodado, así que ocupando a vía pública en realidade están “liberando” un espazo público.

 

  • Masa Crítica. Fenómeno ciclista que se dá en diversas cidades do mundo a través do que se busca amosar as vantaxes que achega a maior presenza das bicicletas nas cidades para reducir os problemas que achega o tráfico motorizado.  Caracterízase por accións de agrupación que buscan acugular o maior número de xente realizando unha marcha conxunta en bicicleta (na que tamén participan patinadorxs) “apropiándose” do espazo público.

 

  • Eu Non Pago. Movemento social de desobediencia civil que se basea na idea de que os gobernos democráticos están baseados no roubo e a corrupción, así que a cidadanía debe sacarse as castañas do lume sen obedecer ás     normas establecidas.  As súas iniciativas xeralmente de carácter festivo e baseadas na acción directa están organizadas a través de internet e as redes sociais, e consisten en non pagar por determinados servizos.

 

E TI… QUE PODES FACER?

O crecemento demográfico mundial, a concentración da poboación nas zonas urbanas ou o dano ao medioambiente son factores perante os que debes actuar de xeito individual e colectivo. Infórmate e informa ás persoas da túa contorna de como contribuír a xerar un medio sostible. Mide a túa pegada ecolóxica e busca vías para poder reducila. Desprázate de xeito sostible (a pé, en bicicleta, en transporte público, compartindo coche,…) e mobilízate nas diferentes iniciativas que busquen un xeito máis racional e sostible de vertebración onde ti habitas.


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!