Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
A Xunta só ve vantaxes para Galicia no TTIP, contra o que se preparan mobilizacións - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

A Xunta só ve vantaxes para Galicia no TTIP, contra o que se preparan mobilizacións

02/10/2014
By

protesta ttipattcO TTIP, o Tratado Transatlántico de Comercio que están negociando Estados Unidos e a UE dende hai meses, é sinalado por entidades sociais, economistas e forzas políticas de esquerda como unha ameaza os dereitos sociais e laborais existentes en Europa e tamén para certos sectores, por exemplo para a produción agrogandeira. De feito, o vindeiro 11 de outubro está convocado un Día Europeo de Acción contra o TTIP, con mobilizacións prevista xa en centos de cidades. En Galicia, a oposición ao Tratado está xa organizándose, e hai xa concentracións convocadas para esa data na Coruña, Ferrol e Ourense.

Porén, o Goberno galego só ve vantaxes e “oportunidades” na sinatura deste tratado. Este mércores o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta, Jesús Gamallo, respondeu no Parlamento a unha pregunta da deputada Tereixa Paz (BNG), sinalando que o tratado “non supón unha ameaza”. “Está ben claro que este tratado vai na liña de favorecer o comercio Transatlántico. Esta é unha negociación ‘win-win’. Ou gañan as dúas partes ou non se aproba o tratado”. Gamallo defendeu que o TTIP representa “unha oportunidade para moitos sectores” da economía galega e que por exemplo vai favorecer a exportación de viños galegos aos Estados Unidos, ou os sectores textil, a automoción ou o conserveiro, grazas á redución dos aranceis.

O director xeral xustificou, ademais, o escurantismo e a falta de información que dende hai un ano caracteriza a estas importantes negociacións. Pra Gamallo, “na fase na que nos atopamos esíxese certa reserva na xestión de información, non porque haxa nada oculto ou nada pernicioso”, senón porque se quere evitar “detallar cales son as auténticas liñas vermellas”, pois esa información beneficiaría a outra parte e “devaluaría as contrapropostas europeas”.

Porén, a visión do Goberno galego sitúase nas antípodas da que manteñen os grupos de esquerda. Despois de escoitar a resposta de Gamallo, a deputada Tareixa Paz (BNG) alertou de que o TTIP contitúe “un atentado á democracia”, que antepón o interese das transnacionais aos da cidadanía, con graves riscos para os servizos públicos, “susceptibles de ser privatizados” e para os dereitos laborais. Entre outras cousas, o tratado inclúe un capítulo sobre “protección de investimentos”, que lles outorga aos investidores dereitos para demandar os Estados cando consideren que algunha decisión democrática -realizada por institucións representativas e para o interese xeral- poida ter impactos negativos nas súas ganancias presentes ou futuras.

Tamén AGE manifestou en varias ocasións a súa oposición frontal ao tratado. O pasado 17 de setembro a eurodeputada Lidia Senra, durante o debate que tivo lugar no Parlamento Europeo a respecto do acordo de libre comercio Unión Europea-Canadá, coñecido como CETA, pediu a retirada deste tratado (moi semellante ao que se negocia cos Estados Unidos) porque “amais da entrega da soberanía dos pobos ás multinacionais, vai destruír mais postos de traballo nas pequenas e medianas empresas dos que vai crear nas grandes industrias, ataca gravemente aos servizos públicos, vai aumentar o proceso de destrución da agricultura labrega e mesmo afectar de xeito radical á crise climática”. Un tratado que podería implicar a entrada masiva de transxénicos en Europa, como denuncian tamén Amigos da Terra, CECU, COAG e Ecoloxistas en Acción.

AGE en Europa organizará actos e xornadas en Galicia, apoiados polo grupo parlamentar da esquerda europea, para divulgar entre a cidadanía galega os efectos negativos destes tratados “que se negocian co máis absoluto escurantismo”. Ademais, prevé presentar (ao igual que o BNG) mocións nos concellos para que os plenos municipais se pronuncien contra o TTIP.

Accións o 11 de outubro

Se durante meses un tratado da importancia do TTIP permaneceu fóra das páxinas dos medios de comunicación e era ignorado pola maior parte da poboación, nos últimos tempos distintos movementos sociais e forzas políticas veñen facendo un esforzo de explicación e concienciación sobre as consecuencias que este acordo podería ter para a cidadanía. A Campaña Non ao TTIP suma centos de apoios en toda España e o vindeiro 11 de outubro está convocado un Día Europeo de accións para parar os acordos TTIP, con mobilizacións en todos os países da UE. En Galicia están xa convocadas concentracións na Coruña (ás 20 horas no Obelisco) e en Ourense (ás 12 horas na Praza Maior).

De feito, este mesmo xoves presentouse no Ateneo de Ourense a Plataforma Cidadá ‘Non ao Tratado Transatlántico para o Comercio e o Invstimento. E noutras cidades, coma Ferrol, tamén se están a preparar accións para o 11 de outubro (o pasado luns numerosos movementos sociais mantiveron unha xuntanza neste senso).

En calquera caso, as negociacións seguen adiante e este mesmo luns os equipos de Estados Unidos e a Unión Europea abriron a sétima rolda de contactos, en Maryland, e coma sempre a porta pechada. Se nun comezo estaba previsto que xa a finais de 2014 estivese listo un borrador inicial, agora, a previsión é que este se adíe bastantes meses, mesmo até o 2016.

Fonte: http://praza.gal/movementos-sociais/7932/a-xunta-so-ve-vantaxes-para-galicia-no-ttip-contra-o-que-se-preparan-mobilizacions/


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!