Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
25 anos e un día de insumisión ó exercito - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

25 anos e un día de insumisión ó exercito

03/03/2014
By

Fai un cuarto de siglo do movemento social que acabou coa “mili”

25 anos e un día de insumisión ó exercito

 

 

A Asemblea Antimilitarista de Madrid, Alternativa Antimilitarista (MOC) celebrou onte o vintecinco aniversario da Insubmisión nun acto “de costas ó congreso”.

O xoves 20 de febreiro cumpríronse 25 anos dende a primeira presentación de insubmisos ó Servizo Militar Obrigatorio ante as autoridades militares.

Miles foron os que os seguiron, tanto nas presentacións ós centros rexionais de mando, coma ós xulgados e incluso a cadea. Nin os tribunais civís ou militares (4.000 xuízos celebrados) nin as inhabilitacións, nin as penas de cárcere (máis dun millar de condeas) puideron frear este movemento social coñecido coma insubmisión.

Finalmente, foron máis de 20.000 insubmisos, tanto ó Servizo Militar Obrigatorio (SMO) coma á posterior Prestación Social Sustitoria (un intento estatal de mitiga-lo aumento exponencial da desobediencia antimilitarista). En maio do 2002, cinco meses despois da desaparición do SMO, foron excarcerados os últimos insubmisos. Tiñan rexeitado o indulto que se lles outorgara.

A insubmisión anegou a axenda política, aumentou o rexeitamento social ó exercito (a súa posterior profesionalización a piques estivo de fracasar pola falta de aspirantes) e disparou, coma efecto colateral, as solicitudes de obxección de conciencia legal, chegando a saturar e facer impractible de facto, a xestión da PSS.

Nembargantes, a fin do servizo militar obrigatorio non foi celebrada polo movemento insubmiso coma unha vitoria, senón coma un paso máis cara á desmilitarización social, na que, a día de hoxe, segue centrada a acción antimilitarista.

O legado da insubmisión é significativo: amosou á sociedade que é posible poñer en práctica a desobediencia civil e loitar de maneira eficaz dende a nonviolencia. Serviu de referente a moitos movementos sociais. En resumo, a insubmisión demostrou que a organización e as estratexias colectivas poden poñer en xaque a institucións tan grandes e poderosas coma o exército.

 

Unha loita única e exitosa

 Aínda que os Testemuños de Xehová rexeitaran incorporarse ó exército dende 1954, non será ata 1971 cando se presente o primeiro “obxector de conciencia nonviolento” no Estado español. Trátase do valencián Pepe Beunza, que pasará máis de tres años no cárcere e marcará o inicio dun dos movementos de desobediencia civil máis importantes de Europa na última parte do século XX.

Dende ese ano, pero sobre todo dende que, en 1989, 57 mozos puxeran en marcha a campaña de insubmisión promovida polo MOC, a negativa a realiza-lo servizo militar obrigatorio e a Prestación Social Substitutoria (PSS) non parou de medrar ata o 2001, ano en que a última substitución da mili deixa os cuarteis.

O fin da leva obrigatoria débese sen dúbida á acción dun movemento que, coma unha pandemia, extendeuse por toda a sociedade. En 12 anos, 20.000 mozos declaráronse insubmisos e 1.670 cumpriron parte ou a totalidade das súas condeas xudiciais na cárcere por defende-lo seu dereito a non face-la mili nin a PSS. Dous deles, Unai Salanueva e Kike Mur, remataron suicidándose na cadea.

YouTube Preview Image

 


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!