COMO NOS DEFINIMOS
ECOAR))) é un Espazo de (Contra)discurso, Construción, e Coordinación de Alternativas e Resposta Social que busca converterse nunha ferramenta de utilidade para os movementos sociais e a cidadanía baseándose nos seguintes puntos básicos:
- ANTICAPITALISMO
- ANTIGLOBALIZACIÓN
- CONSUMO RESPONSÁBEL
- DEFENSA DO PÚBLICO
- DEFENSA DOS DDHH (PC-DESC)
- ECOLOXISMO
- “ESTADO” SOCIAL E LAICO
- HORIZONTALIZACIÓN DA SOCIEDADE
- INTERCULTURALISMO
- NON VIOLENCIA
Ecoar))) busca crear un espazo de coordinación e mobilización xerando un tecido social crítico e activo para artellar, dende o local ao internacional, unha resposta unitaria á hexemonía capitalista a través da pluralidade, a actitude sumativa e o traballo en rede. É por isto que nos marcamos os seguintes obxectivos:
- Creación de discurso e contradiscurso.
- Iniciación, apoio e defensa de proxectos, plataformas e colectivos de dinamización e crítica social.
- Dinamización do entorno través de accións e iniciativas participativo-reflexivas e críticas.
- Seguimento e creación de iniciativas e redes que repercutan nas diferentes mobilizacións e impulsos sociais locais, nacionais e internacionais.
- Potenciación e defensa dxs minorizadxs.