GRUPOS DE TRABALLO DE ECOAR)))
GRUPO DE ACCIÓN:
- Elabora, planifica e coordina accións.
- Deseño de materiais.
- Realiza proxectos de dinamización e/ou alternativa social.
- Difunde as diferentes iniciativas e accións.
Componse de:
-
Equipo de Acción: Desenvolve todo tipo de iniciativas de rúa (manifestacións, concentracións, bloqueos,…)
-
Equipo de (Contra)cultura. Teñen como obxectivo a creación de accións escénicas de rúa orientadas cara ao cambio social a través da concienciación social, política e cultural.
-
Equipo de (Contra)información: Realiza iniciativas tanto dixitais como de rúa para poder achegar información crítica e construtiva á cidadanía (contrapublicidade, graffitti,…).
-
Equipo de Difusión: Difunde as diversas campañas e inciativas (pegadas de cartaces, reparto de folletos,…)
GRUPO DE (CONTRA)DISCURSO:
- Elabora discurso e contradiscurso
- Organiza actividades de formación como palestras, charlas, proxeccións….
- Realiza, traduce e compila información (libros, vídeos, documentos, representacións,…)
Componse de:
-
Equipo Documentación: Encárgase de todo o proceso de investigación, estruturación e elaboración de textos, informes e información.
-
Equipo de Tradución e Ortografía: Encárgase da tradución e corrección ortográfica de toda a documentación que produce e recibe a plataforma.
GRUPO DE MEDIOS:
- Xestiona todo o relacionado coa comunicación a medios.
- Homoxeiniza as mensaxes
- Canaliza as demandas informativas.
- É o referente da organización fronte aos medios.
- Elabora os materiais informativos e fai “noticiable” aquilo que interese á plataforma, ben referido ao seu traballo, propostas e denuncias ou ben ao que afecte ao seu ámbito ou contorna social.
GRUPO DE REDES:
- Desenvolve e ocúpase de todo o que atinxe ao eido tecnolóxico.
- Xestiona e mantén a páxina web e as redes sociais
- Deseña o material gráfico tanto dixital como físico.
- Deseña campañas e estratexias de difusión e encárgase do seu desenvolvemento no eido dixital.
- Desenvolve ferramentas informáticas e aplicacións.
Componse de:
-
Equipo de Web: Xestión, seguimento, construción, protección e actualización constante da web (seguridade, desenvolvemento de ferramentas,…).
-
Equipo de Redes Sociais: Mantemento, xestión e actualización das redes sociais (publicacións, usuarixs,…).
-
Equipo de Audiovisual: Xera todo tipo de materiais para promocionar e difundir as iniciativas e informacións que seguen a liña da plataforma (vídeos promocionais, documentais, fotografías,…).
GRUPO DE XESTIÓN DO ACTIVISMO:
- Xestiona a incorporación e saída das organizacións e persoas en ECOAR))) e nos diferentes grupos que o conforman.
- Realiza as análises e avaliacións tanto externas como internas.
- Procura a acción coordinada de/con todos os grupos, colectivos, asociacións e persoas.
- Elabora todo tipo de documentación e estratexias necesarias para o funcionamento coordinado e efectivo.
Componse de:
-
Equipo de Coordinación e Xestión Xeral: Xera estratexia, avalía, elabora documentación xeral e procura a acción coordinada da plataforma. Tamén se encarga da captación, entradas e saídas. (DAFO, protocolos, documentación estratéxica, seguimento xeral,…).
-
Tesourería: Xestiona a economía da plataforma así como de constrúe iniciativas coherentes para recadar fondos (balances, recadación en actos, presupostos,…).
-
Equipo de Legal: Asesora e xestiona nas cuestión legais da plataforma (solución de dúbidas, documentación, asistencia,…).
-
Internodal: Busca accións, iniciativas e contactos dende o plano local ao internacional.
Todos os grupos encárganse de dar soporte ás distintas organizacións e/ou activistas sobre calquera dúbida ou necesidade que teñan nos diferentes eidos.