COMO PODES PARTICIPAR EN ECOAR)))
COMO COLECTIVO
ECOAR))) é unha estrutura onde os colectivos se coordinan de xeito efectivo por e para:
–Iniciar, apoiar e/ou defender proxectos, iniciativas e reivindicacións conxuntas ou individuais de dinamización e crítica social.
–Decidir o enfoque, construción e execución de accións e iniciativas conxuntas (liñas discursiva, comunicados de prensa, reparto de tarefas e asignación de responsabilidades,…)
ECOAR))) é unha ferramentaque pretende axudar tanto a cubrir as necesidades como a mellorar o impacto, acción e traballo dos diferentes colectivos,iniciativas e campañas (difusión de convocatorias, denuncias, accións, etc.; facilitamento de medios para a creación de recursos propios das organizacións (creación de páxinas web, vídeos virais…)).
Os colectivos…
…poden participar sempre que queiran nas asembleas xerais que se celebran quincenalmente (propostas, comunicacións, coordinación,…).
…poden participar mediante o emprego das distintas ferramentas que ECOAR))) pon a súa disposición (web, almanaque virtual, consultas, recollida de sinaturas, Revista A Boia,…).
…poden participar asesorando ou recibindo asesoramento nas diferentes cuestións relativas ao activismo (consultas legais, enfoques de campañas, modelos de documentos de prensa,…)
Que tipos de colectivos hai?
- COLECTIVO PARTICIPANTE
- COLECTIVO A TRAVÉS DE ENLACE
COMO ACTIVISTA
Que tipos de activismo hai?
-
ACTIVISTA
– participa regularmente na plataforma.
– ten poder de decisión.
-
ACTIVISTA PUNTUAL
– participa regularmente só ao longo dunha campaña ou tempada.
– ten poder de decisión mentres estea activx.
- COLABORADOR/A
– participa de xeito regular e encárgase de tarefas específicas (elaboración de documentos, colar cartaces,…)
– non ten poder de decisión.
- COLABORADOR/A PUNTUAL
– non participa regularmente e encárgase de cousas moi puntuais (reforza as tarefas que realizan xs colaboradorxs).
– non ten poder de decisión.
Como incorporarte ao traballo?
Segundo as túas motivacións e capacitación podes decidir onde encaixa máis o teu perfil. Así pois tes tres xeitos de participar dentro da plataforma.
o Incorporación a algún dos Grupos de Ecoar)))
o Incorporación a algún dos Equipos de Ecoar)))
o Incorporación á Asemblea de Ecoar)))
Formar parte de calquera das estruturas de Ecoar))) (Grupos, Equipos e Asemblea) non é incompatible coa pertenza nin con outras estruturas da plataforma nin con outro tipo de organización social (colectivos, partidos, plataformas, asociacións, sindicatos, agrupacións, cooperativas,…).
Características do activismo en ECOAR)))
Activo: “Non hai entes superiores que decidan por nós”.
Cumprir Sempre co Compromiso: “Eu motivo ás demais persoas”.
Responsable: “Só nos comprometemos co que podemos realizar”, “o medo non pode ser NUNCA quen marque a nosa actuación”.
Cualitativo: “Non se busca caer nin no activismo polo activismo, nin activarse sen norte ou para cumprir co que se espera, movémonos para acadar algo”.
Non Endogámico: “Somos unha parte da sociedade, non unha elite. Non só nós sabemos como”. “Non debemos caer no activismo da palmada nas costas”.
Flexible: “Cada activista aporta o que pode, como pode, cando pode”.
Coherente: “Búscase que o grupo leve unha liña práctica igual á teórica”.
Altamente Especializado: “Cada activista sabe que é o mellor que pode achegar ao resto e como facer mellorar o grupo”, “búscase xerar unha resposta social cualitativa”.
Efectivo: “As iniciativas parten de obxectivos, que se desenvolven nunha planificación e dos que se fai un seguimento e unha avaliación”.