Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
A carpa dos soños mapuches / Isabel Sánchez Benito - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

A carpa dos soños mapuches / Isabel Sánchez Benito

01/04/2014
By

A carpa dos soños mapuches

Chile. Había unha vez unha carpa dun circo que xa existía moito antes de ser realidade. Era unha carpa que por fora parecíase moito ás demais, pero que por dentro era algo diferente. Esta carpa, que naceu dun soño, non vendía entradas nin prometía incribles homes-bala. Aínda que o máis especial de todo era o lugar que ocupaba. Lonxe da cidade, nun terreo pelado que moi poucas persoas coñecían, asomaba esta grande carpa vermella e amarela. E xunto a ela, unha comunidade do pobo mapuche que, coma tantas outras en Chile e Arxentina, leva anos loitando para mante-las súas terras.

“Sempre soñei con ter unha carpa de circo, por iso chámase a Carpa dos Soños. Porque xa existía moito antes de tela: nos meus soños”. Ese é o comezo de esta historia: o día no que Diego soñou que tiña unha carpa de circo. Ou non. En realidade non. En realidade esta historia comeza moito antes. Esta historia empezou hai máis de 20.000 anos: dende que o pobo mapuche é pobo.

Con avós circenses, Diego Cabrera decidiu continua-la tradición familiar do espectáculo e estudou teatro. Pouco despois, viu a oportunidade de facer realidade o seu grande soño e conseguiu unha carpa de circo que, dende hai sete meses, convive en Viña del Mar (cidade na rexión de Valparaíso, Chile) xunto a unha comunidade mapuche que está a ser hostigada polo Goberno para abandona-lo lugar. Dende entón, a carpa de Diego sumouse á loita mapuche empregando a cultura coma arma. Festivais de música, teatro, circo, talleres e charlas conseguiron atraer xente da cidade, que puideron así coñece-lo lugar, a comunidade, a cultura deste pobo orixinario e, por enriba de todo, a súa loita.

“A autonomía, a autodeterminación e o respecto: iso é polo que estamos loitando tódolos pobos orixinarios”, explica Marisa Nilian, mapuche militante do Partido Continental (comunista). “E iso significa defende-la terra e a cultura; e xunto á cultura, defende-lo idioma, a filosofía, a relixión e a forma de autogoberno que ten o pobo mapuche. Non podemos seguir sendo avasalados nin chamados terroristas por defende-la terra”.

Sempre que poden e o bo tempo o permite, a comunidade organiza feiras costumistas, xornadas de reflexión e celebracións propias da cultura do seu pobo. E dende o mes de setembro do ano pasado, a Carpa dos Soños de Diego acompáñalles con actividades culturais e de entretemento. Así, sumando as súas forzas, logran manter vivo o lugar e comparten con tódalas persoas que chegan ata alí a cultura e a loita dun pobo silenciado.

“O Estado de Chile foi o máis sanguinario nesta loita. Nin sequera os españois”, asegura Marisa Nilian. “En realidade, os mapuches non podemos falar mal do español. Aquela foi unha loita corpo a corpo. E aínda que é certo que perdemos territorio, acadáronse acordos e firmáronse uns tratados que os españois sempre respectaron”, explica. “¿Pero cando ven a época sanguenta do noso pobo? Coa creación dos Estados-nación chileno e arxentino, que acordaron masacra-lo pobo mapuche a ambos lados da cordilleira; no lado de alá coa campaña do deserto e no de acá coa pacificación da Araucania. Pasaron por enriba de tódolos tratados e todo o sangue que correu durante a nosa loita pola autonomía e autodeterminación”.

Postos onde ofrecen tortillas de rescoldo, sopaipillas e artesanías. Colgan algúns carteis informativos e outros que piden a liberación de presos mapuches e, con disposición, varias persoas atenden a quen desexa coñecer máis sobre a causa dun pobo que convive cos chilenos pero do que pouco se coñece. O lugar vaise enchendo de xente. Tódalas persoas que chegan traen botellas de auga que van deixando xunto á entrada da carpa. Hai tres meses que o municipio cortoulle a auga á comunidade coma medida de hostigamento e ese é o xesto de solidariedade de quen veñen a desfrutar do espectáculo.

Hai dez anos que a comunidade, formada por 20 persoas, vive neste terreo. Pero cada cinco teñen que anovar un comodato (permiso) co concello de Viña del Mar para poder seguir ocupando o lugar. Tódolos documentos están en regra, sen embargo hai dous aos que reciben hostigamentos por parte do Goberno, “que quere sacarlle o crédito ó terreo” segundo explica Marisa Nilian. “Hai rato que queren terminar con isto”, comenta. “Por iso cortaron a auga, para ver se cansan e marchan; unha táctica sinistra: ¡están a nega-la auga, que é un dereito humán! Así claro que te poden rebentar nun día”.

Pero non os rebentaron. Porque, despois de tres meses de silencio a causa das ameazas recibidas por parte do Goberno, que lles pedía “non armar escándalos”, a comunidade enteira e outras persoas solidarizadas coa causa, unhas 50 en total, redactaron unha carta dirixida á alcaldesa de Viña del Mar e acercáronse ó municipio para entregala. “Ó principio non nos atenderon” conta Marisa. “Deixáronnos na planta de abaixo, onde había un montón de xente a facer trámites. Entón, un compañeiro comezou a falar en voz alta para que todos souberan que levabamos tres meses sen auga. A xente respostou con aplausos e palabras de apoio. Nese momento, recibiunos o avogado da alcaldesa”.

“Primeiro díxonos que aquelo non era da súa competencia e mandounos a outro lugar, pero mantivémonos firmes e amosámoslles tódolos documentos asinados. Despois mencionou non sei que problemas co orzamento. Un dos compañeiros respostoulle que alá arriba había 20 persoas, entre elas nenos, que levaban tres meses sen auga. Que se gastaban millóns nas eleccións, non lle viñera agora cos orzamentos. O avogado, sen máis argumentos, preguntounos: “Bo, a ver, pero vostedes ¿que é o que queren?”. “¡Auga! Respostámoslle. “¿E que máis?”. “Nada máis. ¡So auga!” Ó día seguinte, o municipio enviou un camión con auga á comunidade.

Marisa Nilien que creceu na cidade sen saber que era mapuche, cre que a independencia do seu pobo é a única vía para evitar que lles arrasen unha montaña porque queren extrae-lo ouro ou lles rouben a auga porque queren construír unha represa. “Que consulten ós pobos orixinarios se se pode face-la represa e por canto tempo, que lles consulten por canto tempo poden espreme-la terra para non matala… Porque esa é a filosofía dos pobos orixinarios: a terra. Pero como ó capitalismo non lle convén respectar esa parte da cultura das nacións orixinarias, teñen que reducilas ou facelas desaparecer” denuncia.

Pero o pobo mapuche non desaparece. A pesar de levar anos resistindo a opresión de gobernos que aplican leis antiterroristas para matalos en encarceralos e que despois de miles de anos fanlles pasar por estranxeiros nas súas propias terras, o pobo mapuche non desaparece. Porque continua loitando, aínda que se descoñeza. E porque hai carpas de circo que levantan a arma da cultura, aínda que non doia. Así é coma continúa esta historia: cun pobo que reescribe a súa propia historia e uns sonos que se van facendo realidade dentro dunha carpa de circo.

Fonte:  http://periodismohumano.com/en-conflicto/la-carpa-de-los-suenos-mapuches.html


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!