Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

A violación dos dereitos humanos ¿privilexio dos estados? / Rainer Huhle

04/06/2015
By

A violación dos dereitos humanos

¿privilexio dos estados?

Rainer Huhle

Nos últimos anos multiplicáronse os comentarios, pronunciamentos, chamados e observacións, por parte dos organismos internacionais responsables da vixilancia dos dereitos humanos, que fan mención non só dos actos dos gobernos senón tamén de grupos non estatais que empregan a violencia na persecución das súas metas políticas. Nalgúns casos, isto ocorreu a pedido expreso de gobernos que foron obxecto de graves acusacións de violación de dereitos humanos. Podemos mencionar, entre outros, os casos de Sri Lanka, Kenia, Liberia, Namibia, Cambodia, Colombia, Perú e O Salvador. O feito de que, de tal maneira, pareceu poñerse nun mesmo plano a acción de gobernos e de grupos non estatais causa alerta entre as organizacións que, con moita dedicación e compromiso, veñen preocupándose do respecto polos dereitos humanos no mundo.

Quéirase ou non, queda agora na axenda do debate entre gobernos e organizacións non gobernamentais de DDHH, o tema dos causantes das violacións de dereitos humanos, e a través diso, a cuestión da natureza mesma destes dereitos. ¿Os dereitos humanos, polo seu concepto intrínseco, son vinculados exclusivamente á acción dos Estados? ¿Ou son, ó contrario, algo que está ameazado por distintos actores sociais, ante tódolos grupos alzados en armas ou terroristas?

Esta discusión lévase a cabo non só entre gobernos e ONG, senón tamén no seo destas últimas. Non pode sorprender que as realidades diferentes dos distintos países produciran tamén diferentes opinións e teses en canto á conceptualización dos dereitos humanos.

No seguinte artigo propoñémonos presenta-los argumentos máis importantes desta discusión, tomando en referencia no contexto no cal se producen; e chegar a unha avaliación crítica que tome en conta a relevancia, e ata a explosividade política, do problema en cuestión. A base documental desta presentación consistirá principalmente nos textos das organizacións e o noso Centro de Información, a través das publicacións. Non obstante, as opinións aquí expresadas son de responsabilidade exclusiva do autor.

Poden distinguirse varios niveis de argumentación:

1) Os argumentos xurídicos que parten das definicións dos dereitos humanos no dereito internacional.

2) Os argumentos históricos que se refiren ó significado dos dereitos humanos dentro da historia da emancipación dos cidadáns do Estado.

3) Os argumentos políticos que discuten as consecuencias dos distintos conceptos de DDHH para as políticas de protección deles.

Imos discuti-lo problema segundo estes tres niveis, para ver despois a relevancia de cada un e a súa interrelación mutua. Consideremos primeiro os argumentos producidos a prol da exclusividade do Estado como único posible violador dos DDHH.

1. Os argumentos xurídicos

Os dereitos humanos son hoxe moito máis ca un mero ideal da humanidade. Son un amplo corpo de leis que obrigan ós Estados. A súa fonte máis importante é, sen lugar a dúbidas, a Declaración Universal dos Dereitos Humanos de 1948, a cal sen embargo non ten forza obrigatoria, tratándose dunha Declaración e non dun tratado. O espírito da Declaración Universal transmitiuse, doutro lado, a unha serie de convenios e pactos da comunidade dos Estados participantes da ONU, tal como o Pacto Internacional sobre Dereitos Civís e Políticos de 1966, a Convención contra a Tortura de 1984 e moitos máis, que si son tratados internacionais que obrigan ós Estados ratificadores a cumprir con eles.

A nivel nacional, a maioría das constitucións, comezando coa de EEUU de 1776, contén un catálogo dos dereitos fundamentais e inalienables dos cidadáns e as cidadás. Os dereitos penal e administrativo, normalmente traducen estes principios das constitucións en normas concretas para garantirlle ós cidadáns o goce dos seus dereitos fundamentais e para defini-los seus límites de maneira transparente e inequívoca.

Os tratados internacionais son pactos entre gobernos, tal como na mesma ONU é unha organización de Estados. Polo tanto, os suxeitos obrigados polos pactos internacionais de dereitos humanos son os Estados, non as persoas nin as organizacións privadas. O dereito internacional, pola súa mesma natureza, é un dereito de Estados. Desde esta perspectiva queda claro que tamén o dereito internacional de DDHH é un dereito pertinente exclusivamente ós Estados.

O dereito constitucional norma o funcionamento do Estado a nivel nacional. Fixa as relacións entre cidadáns e Estado. O núcleo de cada Constitución democrática é, en consecuencia, un catálogo dos dereitos civís e políticos dos cidadáns que o Estado debe respectar. Aquí tamén, o que é chamado a cumprir cos dereitos humanos é o Estado. Ten que adecuar todo o seu sistema legal, e por suposto o seu comportamento real, a un respecto cabal dos DDHH.

Se de tal maneira os dereitos humanos, a nivel internacional e nacional son ligados á dereito dos Estados, non é de sorprender que exista case unanimidade entre os xuristas de todo o mundo que os DDHH son esencialmente unha normalización dos dereitos das persoas fronte ós Estados e que son estes os responsables exclusivos para cumprir con eles e vixia-lo seu respecto. Neste sentido existe unha relación de dereitos e obrigacións “unidireccionais” entre o Estado e os cidadáns, empregando un termo de Javier Ciurlizza. Visto o Estado como único lexítimo representante do ben común, é el o único garante dos dereitos dos seus cidadáns e polo tanto o único que pode ser requirido en caso de violación destes dereitos.

Desde esta perspectiva, o término “violación dos dereitos humanos” non se aplica a unha determinada clase de actos atroces, tal como a tortura, a desaparición forzada ou o asasinato, senón, con todo rigor, á comisión destes actos polo Estado ou os seus axentes. Algúns teóricos das organizacións non-gobernamentais de DDHH en América Latina son enfáticos en insistir nesta diferencia elemental entre o que é un delicto (cometido por persoas particulares) e unha violación de dereitos humanos (cometida polo Estado). Rexeitando as posicións do seu goberno, contrarias a esta diferencia, os autores da “Comisión Intercongregacional de Xustiza e Paz” de Colombia sosteñen:

En todo este tratamento do delicto, o Estado conserva o seu carácter de ÚNICO GARANTE DOS DEREITOS HUMANOS (é dicir, dos dereitos iguais de tódolos asociados, referidos a unha mesma estrutura xurídica), principio no que se funda a súa máis radical lexitimidade. Por iso mesmo, o Estado é o ÚNICO EVENTUAL VIOLADOR de tales dereitos. As demáis transgresións ás normas necesarias de convivencia cidadá, que poden ser consideradas na linguaxe común como violacións dos dereitos humanos, xa no campo xurídico teñen que tipificarse con outra categorías, coa fin de evita-la confusión sobre quen é o responsable de garantilos, e coa fin, tamén, de evitar consagrar-la desigualdade en dita garantía.” (subliñados no orixinal)

De feito, todo o sistema de dereito internacional baséase neste principio de que os Estados son os responsables por salvagarda-los DDHH. Constatouno tamén a Comisión Interamericana de Dereitos Humanos (CIDH), nun documento que busca camiños de como a Comisión podería dar máis atención ós grupos armados como causantes de atropelos ó goce dos dereitos humanos dos cidadáns nos países onde actúan. Di a CIDH:

Todo o sistema de protección dos dereitos humanos está deseñado en función do recoñecemento do Estado como suxeito da relación xurídica básica en materia de DDHH e contra el preséntanse as denuncias por violación dos dereitos recoñecidos na Convención.”

O Estado a raíz da súa maior lexitimidade adquire tamén unha maior responsabilidade polos dereitos humanos. Á luz destas reflexións revélanse como absurdas as afirmacións do Procurador Xeral de Colombia no seu segundo Informe sobre DDHH cando di que: “… o Estado, a pesar da súa maior forza militar, é entre os actores armados, o único cunha lexitimidade fora de dubida, por canto é o que menos viola os DDHH.”

¿Cales serían as consecuencias se se desviara deste principio “vertical” (Ciurlizza) da responsabilidade polos dereitos humanos? Na resposta a esta pregunta, tamén, os autores da “Comisión Intercongregacional de Xustiza e Paz” colombiana son drásticos. Se se aceptara unha responsabilidade de actores alleos ó goberno por presuntas violacións de dereitos humanos, teríamos que aceptar tamén unha forza distinta da do Estado para garantilos.

Chegaríase, entón, a unha especie de “Feudalismo Xurídico”, onde os cidadáns terían que buscar que grupo lles ofrece mellores garantías para protexe-los seus dereitos humanos, e acollerse á súa protección. A ninguén se lle oculta que de alí seguiríase necesariamente a desigualdade dos cidadáns ante a lei; a destrución do Estado de Dereito; a desnaturalización mesma do concepto de dereitos humanos e o rápido deslizamento cara á barbarie.”

Se se resalta así o monopolio do Estado pola garantía – e tamén a violación – dos dereitos humanos, é un paso consecuente o responsabilizalo tamén por tódolos crimes que se cometan contra os dereitos humanos dos seus cidadáns. Estes crimes, no caso que se produzan por parte de outras persoas diferentes dos axentes do Estado, son delitos e non violacións de dereitos humanos segundo a definición xa explicitada, que parte da responsabilidade do actor. A única maneira de reconciliar estas dúas ópticas queda en imputarlle ó Estado tamén a responsabilidade por estes crimes de lesa humanidade non cometidos, pero tampouco previdos ou castigados por el. Recórrese, nesta argumentación consecuente, á vulneración dos dereitos humanos por omisión. A tortura, a desaparición, etc cometidos por un grupo terrorista son así definidos como delito para os que os cometen, e a súa vez como violación de DDHH. Polo Estado responsable do goce dos seus cidadáns destes dereitos, que non impediu ou sancionou os crimes. Pono con toda claridade o autor chileno Felipe Portales:

Evidentemente que si o Estado, por omisión, non cumpre coa súa función de restablece-lo imperio do dereito, estariamos tamén en presenza dunha violación de dereitos humanos. Pero o suxeito que a causaría sería sempre o propio Estado e non o particular que comete o delito que non é sancionado.”

2. A argumentación histórica

Esta insistencia na “unidireccionalidade” da garantía dos dereitos humanos entre Estado e cidadán ten o seu fundamento non só no sistema actual de dereito internacional senón tamén na historia do desenrolo do concepto mesmo dos DDHH na historia política de Europa. Desde a Carta Magna de Inglaterra de 1215 ata as expresións clásicas dos dereitos humanos nos textos das revolucións francesa e norteamericana, as conquistas dos dereitos civís e políticos foron, sen excepción, froito da loitas activas por parte dos súbditos por arrebatar estes dereitos ó soberano estatal.

Na historia occidental, o nacemento do Estado moderno e a conquista dos dereitos civís de toda a cidadanía son un mesmo proceso. Se ben é certo que, por exemplo no caso alemán, o Estado moderno puido desenrolarse durante longo tempo sen o recoñecemento dos dereitos civís para tódolos seus cidadáns, tamén é certo que o modelo histórico ideal á que tendeu o Estado occidental, era o Estado de dereito que outorga dereitos iguais de liberdade a tódolos seus cidadáns e cidadás (a elas non antes deste século).

Desde esta perspectiva histórica, os dereitos humanos son marcados pola súa orixe nas loitas contra o poder do Estado. Non son uns dereitos abstractos, ahistóricos, senón ligados á súa contraparte, o Estado. A razón da súa existencia é limita-los poderes do Estado. Cando o Estado, e só o Estado, transgride a súa esfera de acción limitada polos DDHH dos cidadáns, fálase, entón de “violación de dereitos humanos”.

3. A argumentación política

Ademais dos argumentos xurídicos e os que se refiren á teoría histórica deles, adúcese tamén unha serie de argumentos políticos para facer valer-la restrición do concepto de DDHH. Á relación entre o Estado e os cidadáns. Chama a atención que, neste esforzo, coinciden nas súas posicións os críticos da acción estatal con outros que se inquedan dunha perda de autoridade do Estado.

3.1 A argumentación desde a defensa dos dereitos humanos

Para os defensores dos dereitos humanos, en particular os membros das ONG activas neste área, resulta moi reveladora a posición tomada por gobernos como o peruano ou o colombiano ante a ONU, pedindo a inclusión dos crimes de grupos subversivos na axenda das instancias da ONU que tratan dos DDHH. Sospeitan, e con moita razón, que estes gobernos poñen a acción dos grupos armados na axenda de DDHH. Coa intención de revitaliza-lo seu propio comportamento como Estado, o cal, en ambos casos, presenta unha longa serie de graves violacións de DDHH. A presentación dun panorama xeneralizado de violencia, ou de moitas violencias de diversa autoría, ocultaría a responsabilidade especial que lle compete ó Estado como único garante recoñecido dos DDHH dos seus cidadáns. Admitindo a idea de que son varios grupos, entre eles o Estado, quen violan os dereitos humanos, a culpa dos axentes estatais podería aparecer menos grave. Entraríase a un debate sobre distintos grados de responsabilidade, sobre culpables de violencia e contraviolencia, sempre co resultado de ofusca-la responsabilidade particular e en última instancia, do Estado, que non se pode comparar coa de outros autores de violencia. Os grupos defensores dos dereitos humanos teñen un interese lóxico en insistir nesta responsabilidade suprema do Estado. Toda a lóxica das súas actividades baséase na idea do Estado como encargado por toda a sociedade de vixia-los DDHH de cada un. Só ó Estado dirixen os seus reclamos, porque só a el se lle recoñece como lexítimo representante do ben común.

Pola mesma lóxica, os representantes do Estado debería saudar esta actitude que explícita ou polo menos implicitamente recoñece o monopolio estatal da lexítima representación dos cidadáns, e tamén o monopolio do Estado do exercicio lexítimo da violencia. Cando por exemplo os autores da “Comisión Intercongregacional” de Colombia definen a diferencia entre as violacións de dereitos humanos, que comete o Estado, e os delitos, que comente organizacións guerrilleiras ou outros grupos privados, agregan, con respecto a estes delitos, sen vacilar: que “É obriga do Estado reprimilos, facer efectivas as normas de administración de xustiza e impedi-la súa impunidade.”

3.2 A argumentación relativizante dos Estados

Tódolos Estados modernos, pola súa banda, reivindican este monopolio de facer xustiza e da violencia lexítima. Non queren, sen embargo, asumir unha responsabilidade correspondente a esta posición exclusiva, en materia dos DDHH. Esta falta de lóxica non deixa de cobra-lo seu prezo. No seu afán de relativiza-los seus propios actos de violación de dereitos humanos no contexto de outras violencias, os gobernos enrédanse entre a necesidade de pórse a un mesmo nivel con estes outros causantes de violencia e a súa pretensión de manter unha autoridade moral e unha lexitimidade superiores. Dun lado, os gobernos esixen das organizacións de DDHH que condenen os crimes de grupos subversivos ou terroristas como violacións de dereitos humanos. Pero non queren acepta-las consecuencias. A única maneira de condenar unha violación de dereitos humanos como tal, para as organizacións de DDHH que se basean nos conceptos xurídicos arriba expostos, sería recoñecer ó seu autor como garante lexítimo de estes mesmos dereitos humanos. Chegaríamos entón a unha dobre (ou múltiple) lexitimidade de poderes, un resultado que obviamente non queren os gobernos. O que en realidade queren, e aí a súa saída enganosa do dilema, é unha exculpación política dos seus propios actos violatorios dos DDHH, conformándose, para acadar isto, co abandono da noción xurídica do concepto de DDHH.

Tanto ante a ONU como ante a opinión pública dos seus respectivos países, estes gobernos dilúen o sentido preciso que teñen os DDHH dentro do dereito internacional nunha serie de argumentos políticos, que tenden a explica-as razóns porque algúns funcionarios do goberno cuestionado caeron na comisión de certos “excesos”, contrarios ás nobres intencións do goberno, por suposto. Os dereitos humanos, de tal maneira, pérdense dentro dun mar de violencias sen distincións:

O primeiro aspecto que debe subliñarse é a necesidade de ve-lo problema de dereitos humanos, coa súa evidente gravidade, como estreitamente interrelacionado cunha situación de violencia xeneralizada, de orixes múltiples e posta en acción por axentes moi diversos”

O Procurador Xeral de Colombia, no seu Primeiro Informe non deixa dúbidas sobre a intención de esta confusión conceptual, cando, no seu “Informe sobre Dereitos Humanos” afirma que: “…é hora tamén de problematiza-la noción tradicional dos dereitos humanos, é horas de trascende-lo paradigma tradicional dos dereitos humanos segundo o cal é o Estado o único axente violador dos mesmos”

Do mesmo modo, o goberno peruano busca xustifica-las súas propias accións coa violencia exercida por grupos alzados en armas. Pero cando os organismos de dereitos humanos condean as accións destes grupos, esta condea tampouco é aceptada, salvo se se expresa en termos estritamente políticos. Se polo contrario, unha organización basea a condea da violencia subversiva no dereito internacional, é dicir, cando o fai no terreo da súa propia acción, o goberno comeza a darse de conta da trampa que el mesmo se tendeu.

Un exemplo gráfico é a polémica orixinada entre o goberno peruano e a prestixiosa ONG “Americas Watch”, por unha condea de Sendeiro Luminoso, emitida por Americas Watch que, para tal efecto, baseouse no dereito internacional humanitario. Para unha organización de DDHH como “Americas Watch” resulta insuficiente condear só os actos que chega a recoñecer como violacións, sexa dos dereitos humanos, sexa do dereito internacional humanitario. (A diferencia entre ambos corpos de dereito non importa neste contexto. A relevancia da distinción entre os dous conceptos verase abaixo.) Da condea ten que pasarse á acción de requirirlle ó violador polo menos a abstención de futuros actos similares. Americas Watch fixo isto, no caso dos crimes de Sendeiro Luminoso, por medio dunha carta pública dirixida ó xefe da organización, Abimael Guzmán, requiríndolle o respecto das Convencións de Xenebra. Americas Watch referiuse ó artigo 3 común das Convencións de Xenebra de 1949, que prevé garantías para o trato humano de calquera persoa que non toma parte activa en accións de combate. O mesmo artigo aclara que esta obrigación é vinculante para tódalas partes, independentemente do se estatus xurídico, e que a súa aplicación non implica outorgar ningún estatus xurídico (p.e. de forza belixerante) ó requirido. A pesar de iso foi exactamente este o reproche do goberno peruano, que acusou a Americas Watch de intentar outorgarlle o estatus de forza belixerante a Sendeiro Luminoso e proporcionarlle, de tal maneira, un marco legal para os seus ataques contra as forza de seguridade peruanas.

Con razón anota Americas Watch a contradición evidente entre esta desaprobación e a permanente insinuación do mesmo goberno de que os organismos non-gobernamentais de DDHH. Estarían cegos fronte ós crimes de Sendeiro e outros grupos subversivos.

O resultado un tanto paragóxico de estas polémicas é que as organizacións non-gobernamentais de DDHH aparecen como os defensores do monopolio de poder lexítimo dos Estados, pola súa aplicación consecuente co concepto de dereitos humanos reservados á relación cidadán-Estado, co Estado como garante supremo de aqueles dereitos. Desde a óptica das ONG de dereitos humanos, este monopolio estatal non soamente se deriva do sistema xurídico. É tamén unha necesidade política porque non se pode recoñecer (en ambos sensos da palabra) outro garante responsable do respecto polos DDHH.

4. As posicións tomadas polas organizacións de Dereitos Humanos

De feito, as ONG latinoamericanas, case sen excepción, manteñen esta noción dos dereitos humanos coma exclusivamente referidas á relación cidadán- Estado. No Perú, onde os numerosos actos atroces de Sendeiro Luminoso, non só contra representantes do poder senón ante todo contra poboadores humildes, constitúen un reto especial para as ONG de DDHH, a gran maioría de elas condean tallantemente ás organizacións subversivas. Pero aínda no caso peruano, as ONGs de DDHH. Normalmente non empregan o termo “violación de dereitos humanos” na formulación de estas condeas. Unha revisión dos pronunciamentos publicados ó respecto no Perú, produce unha seria de termos alternativos, para cualifica-los actos de SL, tal como: “prácticas salvaxes”, “homicidios arbitrarios e deliberados”, “violencia política”, “actos de terrorismo”, “crimes crueis”, “asasinatos a sangue fría”, “asasinatos masivos”, “masacres de persoas indefensas” etc. O común de todos estes termos é que expresan unha condea forte e inequívoca a nivel ético a/ou político dos actos subversivos, pero evitan o termo “dereitos humanos”. No Informa Anual de 1992 da “Coordinadora Nacional de Dereitos Humanos” do Perú, atópase a fórmula seguinte:

As accións de Sendeiro tornaron en violacións sistemáticas dos dereitos fundamentais de miles de peruanos, dereitos protexidos pola lexislación e os principios éticos da civilización.”

Substitúase o termo “dereitos humanos” por “dereito fundamental”, o que en esencia di o mesmo, pero mantén a reserva en canto ó uso da palabra “dereitos humanos”. A nivel semántico revélase así certa incomodidade das ONGs na cualificación dos actos dos grupos subversivos, que se explica perfectamente por dous motivos dificilmente conciliables: de condea-los crimes de aqueles grupos, e á vez manter-la distinción esencial entre unha violación de dereitos humanos e outros crimes.

Nalgúns casos si se emprega o termo “dereitos humanos”, pero se evita utilizalo no contexto da frase “violación de dereitos humanos”. Esta saída semántica do dilema propón p.e. a OEA, cando na súa “Resolución sobre Consecuencias de actos de violencia perpetrados por grupos armados irregulares no goce dos dereitos humanos”, resolve:

2. Expresa-lo seu máis enérxico rexeitamento ós crimes perpetrados por grupos armados irregulares e a súa profunda preocupación polo efecto adverso no goce dos dereitos humanos que tales actos provocan”

Certamente é admirable a virtuosidade de esta frase, que á vez que recoñece que polo actuar dos grupos armados se violan os DDHH dos cidadáns afectados, evita establecer unha relación causal directa entre as accións dos grupos alzados en armas e esta violación de dereitos humanos. Queda así aberto como se debe interpreta-lo causal do “efecto adverso” que é “provocado” (e non “producido”). De maneira comparable, a Sub Comisión da ONU, nunha resolución do 27 de agosto de 1992, atende o pedido do goberno peruano de condear a Sendeiro Luminoso é o mRTA, pero sen usa-lo termo “violación de dereitos humanos”:

2. Expresa o seu máis profundo repudio e indignación ante as accións criminais dos grupos terroristas Sendeiro Luminoso e Movemento Revolucionario Tupac Amaru.”

Un ano máis tarde, a mesma Sub Comisión deu un paso máis o falar, bailando na corda frouxa, de “violacións de dereitos humanos”, que son “ o feito de grupos terroristas”:

“La Sous-Commission condamne énergique- ment les violations des droits de l’homme qui sont le fait des groupes terroristes du Sentier Lumineux’ et du Mouvement Tupac Amaru’.”*

Tamén a moi debatida opinión da “Comisión da Verdade para El Salvador”, respecto ás accións do FMLN durante a guerra de El Salvador, ubícase claramente dentro da doutrina ortodoxa. Se ben a Comisión da Verdade sostén que o FMLN pode ser responsable de actos violatorios non só do dereito humanitario senón tamén do dereito internacional dos dereitos humanos, faino cunha clara condición limitante:

Hai que recoñecer que cando se da o caso de insurxentes que exercen poderes gobernamentais en territorios baixo o seu control, tamén se lles pode esixir que cumpran con certas obrigas en materia de dereitos humanos, vinculantes para o Estado segundo o dereito internacional; por ende, resultarían responsables en caso dun incumprimento. O FMLN sostivo oficialmente que tiña determinados territorios baixo o seu control e efectivamente exerceu ese control.”

Estas resolucións da OEA e da ONU, se ben son novidosas no senso de que, como órganos encargados de velar polos DDHH preocúpanse de actos cometidos por grupos non-estatais, desmenten claramente o afirmado polo procurador xeral de Colombia, de que “fíxose definitivamente hexemónica a tese segundo a cal non só o Estado, senón tamén outros actores armados de orientación contra-estatal, con pretensións de representación social e política, violan os dereitos humanos.”

O contrario é certo. Non hai ata o momento, opinión de peso que sosteña o que dixo o procurador de Colombia. Existe case unanimidade entre tódolos expertos de que os DDHH se refiren exclusivamente á relación cidadáns- Estado, e que polo tanto, son vulnerables soamente polo Estado. Unha opinión diverxente sostena o xurista peruano Enrique Bernales. Tamén Andrés Domínguez, ex-secretario executivo da Comisión Chilena de Dereitos Humanos, parece soster que os terroristas violan os dereitos humanos, cando din que “o terrorismo é sempre un fenómeno vinculado ós dereitos humanos” e afirma que “o terrorista aprópiase, mediante o sometemento por terror, da vontade do pobo como suxeito de dereitos personais e colectivos e como xeneradora de institucións e autoridades, polo que se sitúa na posición de poder propia do Estado que viola os dereitos das persoas.” É difícil avaliar este argumento mentres non se desenrole con máis precisión. Pero ó parecer non cuestiona, en principio, o monopolio do Estado á vulneración dos dereitos humanos, adxudicando máis ben ós “terroristas” unha especie de acto apropiatorio de ese monopolio.

5. Teoría dos Dereitos Humanos e opinión popular: a perspectiva das vitimas

Se este é o caso ¿por que entonces un debate sobre a cuestión de quen viola os dereitos humanos? A resposta queda no sorprendente éxito que, polo menos en América Latina, tivo a idea dos DDHH. “Dereitos Humanos” tornou nunha noción popular, as veces mistificada nunha instancia imaxinaria, con competencia de curar tódolos males da sociedade. “É algo, do que Dereitos Humanos debería ocuparse” é unha frase, oída con frecuencia, que ben expresa esta creencia popular no poder protector das organizacións que levan ese término nas súas escarapelas. Desde a perspetiva popular, desde os pobos vexados por moitas clases de opresores, pérdese con frecuencia esa diferenza tan cara ós teóricos e xurisprudentes. “Dereitos humanos” convértese en algo como un sinónimo de xustiza, unha nova manifestación da boa nova de que un día haberá xustiza.

Desde esta perspectiva de pobos que son masacrados, segundo os casos, por militares e policías, bandas armadas de narcotraficantes ou grupos políticos sublevados, pouco importa se os autores dos atropelos levan o uniforme estatal ou se obedecen ás ordes da revolución ou da mafia. A diferencia, tan cara ós teóricos, entre un Estado co seu monopolio de violencia lexítima e poderes particulares, poer por esto non menos poderoso, perde relevancia fronte a súa calidade común: a de unha violación dos dereitos elementais á vida. Os distintos autores das agresións que sofre a poboación, para esta moitas veces son igualmente distantes e alleos. A víctima dunha represalia dun grupo guerrilleiro sofre o mesmo dor que a que cae por un ataque contrasubversivo. Ante situacións como a peruana, onde os asesinatos de Sendeiro Luminoso, nos últimos anos foron moito máis numerosos que os cometidos por axentes do Estado, as ONG de DDHH non poden deixar de afrontar esta realidades.

A “indivisibilidade dos dereitos humanos”, concepto acuñado para enfatiza-la validez dos DDHH fronte os gobernos de tódolos tintes ideolóxicos – a diferencia das cegueiras de ambos lados durante a guerra fría- adquire desde esta óptica das vítimas unha dimensión adicional: os dereitos da persoa son iguais fronte a calquera violador. É un sentido moi profundo, pero poco técnico dos dereitos humanos, que constitue un verdadeiro reto para aquelas ONG de DDHH que teñen traballo en países ou rexións con forte presencia de violencia subversiva. Cabe preguntarse se o dilema se reduce simplemente a dous distintos conceptos de dereitos humanos, un baseado na súa teoría e o seu marco xurídico e outro que sería expresión dun clamor emotivo, pero pouco reflexionado, pola xustiza. Hai que examinar entón, novamente, os argumentos xurídicos, históricos e políticos expostos arriba.

6. O Dereito Internacional – ¿Dereito de gobernos ou de persoas?

É opinión case universalmente aceptada, tal como o vimos arriba, que os dereitos humanos regulan as relacións entre Estado e ciudadán. Pertence a esta esfera o así chamado “dereito internacional de dereitos humanos”. Existe, sen embargo, outro corpo de dereito internacional, que sí se aplica tamén a axentes non estatais: o dereito internacional humanitario (particularmente a menciona-las catro Convecións de Xenebra). Este dereito é, polo seu contido material e a súa historia, en esencia o reglamente do comportamento de forzas belixerantes. Busca “humaniza-la guerra”, definindo o permitido e o prohibido nela. As súas codificacións modernas inclúen provisións aplicables tamén ás guerras civís ou internas, e polo tanto a grupos sublevados en armas, sempre e cando estes últimos cumplan con certos requisitos que os converten nunha especia ce cuasi- goberno: unha estrutura de mando e certa capacidade de operar militarmente e controlar un territorio.

As normas do dereito internacional humanitario son bastante esixentes e coinciden nos seus puntos esenciais coas que buscan garantir tamén os dereitos humanos: prohibición de tratos crueis, de asasinatos fora de combate, etc. Polo tanto, moitas das atrocidades que algúns grupos subersivos cometen, son sancionadas e sancionables baixo as normas do Dereito Internacional humanitario. As ONG de DDHH e as organizacións internacionais de vixilancia polos dereitos humanos, tal como a Comisión Interamericana ou a mesma Comisión de Dereitos Humanos da ONU, coinciden en que este dereito sí é aplicable ós grupos subersivos, baixo as condicións mencionadas. Noutras palabras: na figura do dereito internacional sí se aplican, con outro nome, algunhas normas esenciais dos dereitos humanos (particularente o dereito á vida e a protección contra maltratos) a grupos non estatais. Esta operación é posible a través dunha interpretación específica do que son os grupos alzados en armas. Dentro do dereito internacional humanitario son considerados sumisos ás disposicións deste corpo de dereitos na medida en que cumren in nuce o rol dun Estado. De tal maneira se mantén o elemento “unidireccional” da relación Estado – ciudadano, a cal soamente é modificada conforme a situacións especiales tal como se producen nas guerras internas.

Enténdese porqué os organismos de DDHH recorren con certo alivio á dereito internacional humanitario: permite aplicar normas esenciais dos dereitos humanos ós grupos non estatais, sen viola-la regra de que os dereitos humanos só poden ser violados polo Estado. “Por fortuna”, di Juan Méndez, director executivo de Americas Watch, o Dereito Internacional Humanitario ten “normas aplicables ós conflictos armados que dan a solución.”

De feito, para o dilema dos organismos de DDHH hai alí unha solución tecnicamente limpia. Pero tamén limitada. Porque non tódalas situacións que producen graves violacións do dereito á vida e a outros dereitos fundamentais da poboación, por parte de axentes non estatais, son cubertos polo dereito humanitario. É notable que en esta discusión case sempre se omiten dúas referencias en importantes documentos do dereito de dereitos humanos, que poderían abri-lo camiño hacia a disolución do aludido dilema. Unha é o artigo 29 de Declaración Universal de Dereitos Humanos, que di, no seu acápite 1:

Toda persoa ten deberes respecto á comunidade, posto que só nela pode desenrolar libre e plenamente a súa personalidade.”

Neste artigo rómpese a unidireccionalidade dos dereitos humanos, complementándose a relación de ciudadán=posuídor de dereitos – Estado=garante de dereitos, por dous elementaos importantes:

1) a relación individuo – comunidade, a que implica unha relación horizontal e multidireccional entre os distintos individuos; e

2) o concepto de deberes como complementarias ós dereitos. Estes deberes non se refiren ó Estado, senón á comunidade.

A Convención das Naciones Unidas para a Prevención e a sanción do delicto de Xenocidio, que foi aprobada xusto un día antes da Declaración Universal, o 9 de decembro de 1948, no seu artigo 4º afirma:

As persoas que cometeran xenocidio ou calquera dos outros actos enumerados no artigo 3º (A asociación, instigación, tentativa e complicidade no xenocidio) serán castigadas, xa se trate de gobernantes, funcionarios ou particulares.”

Aquí unha violación de dereitos humanos, a máis terrible de todas, é vista e sancionada independentemente da función de quen a cometa. Parece que se trata dunha formulación excepcional dentro dos textos básicos do dereito de dereitos humanos. Na Convención contra a Tortura p.e., un documento moi avanzado en canto ós mecanismos de protección, defínese a tortura en función do estátus de perpetrador: só comete tortura quen o fai como funcionario público ou instigado ou autorizado polo estado (art. 1).

Isto non lle resta importancia á formulación do artigo 4 da Convención contra o Xenocidio. Ante o impacto todavía fresco do xenocidio máis grande da historia da humanidade, os redactores non quixeron deixar ningunha saída para a impunidade de outro xenocidio. Prevese así, como consecuencia, a condea de calquera persoa culpable de xenocidio, por un Tribunal Internacional (art. 6). Que este Tribunal nunca se instalou, non borra o feito de que aquí pensouse claramente na sancionabilidade dun crime de lesa humanidade, cometido por quen sexa, incluso expresamente persoas que non representen ningún poder estatal ou para-estatal.

En 1948, pódese concluir, todavía non había esa distinción tan nítida entre os dereitos humanos, violables exclusivamente polos Estados, e outros corpos de dereito.

7. As dúas fontes históricas dos Dereitos Humanos

Este feito non sorprenderá moito se reconsideramos algúns dos elementos da historia dos dereitos humanos. Certo é que eles, en Europa e as súas dependencias en América, foron conqueridas nuinha loita permanente polas liberdades da cidadanía fronte ós seus soberanos. Pero detrás de estas loitas polas liberdades había sempre unha idea fundamental da dignidade e liberdade da persoa humana, idea concebida xa pola teoloxía da Idade Media e transformada séculos máis tarde no concepto dos dereitos naturais dos homes. A diferencia das loitas polas liberdades concretas, esa idea non requería dunha contraparte a cal oporse. Era autosuficienteno seu propósito de defini-los dereitos naturais de tódolos homes en tódalas situacións, e fronte a tódolos posible violadores de estes dereitos. No século XII, o clérigo Gratiano definiu o “ius naturale” así: “Ius naturale é o que contén a Lei e o Evanxeo, que obriga a cada un de face-lo outro o que quere que se lle faga a el; e prohibido de facerlle ó outro o que non quere que se lle faga a el.”

Atopamos esta fórmula, séculos máis tarde, na ética de Kant, e novamente, neste século, en termos non moi distintos, no artigo 29 da Declaración Universal de 1948. Obviamente, os dereitos naturais así concebidos non se poden transformar inmediatamente en dereito xurídico. Esta era a parte das distinas cartas que se arrebataron ós monarcas no curso da historia. Pero o concepto dun dereito natural fundamental, que non depende de ningún dereito formalizado, matén o seu vigor, e moito máis nos sectores populares, coa súa característica desconfianza á esfera do dereito codificado. En Alemaña, e posiblemente noutro idiomas máis, a máxima de Graciano é, ata hoxe en día, un dito proverbial moi coñecido.

8. O Dereito e o sentido da Xustiza

Esta outro historia das orixes dos dereitos humanos apunta a unha dimensión que é propia da loita polos DD.HH: a ética. Na condea moral e apelación á conciencia pública reside a forza principal do actuar das ONGs de DDHH, ante a falta de poderes de sanción efectiva.

Se a idea da defensa dos DDHH é acollida xeralmente por maiorías da poboación, é polo seu ontido ético, por un sentido básico de xustiza e de compaixón por vítimas consideradas perseguidas inxustamente. Este ética popular non acepta, onde é confrontada con violencias distintas das do Estado, unha distinción baseada simplemente en diferencias do estátus dos responsables da violencia. Certo é que a violencia subversiva moitas veces é aceptada pola opinión popular, tanto como o é, noutras situacións, a violencia estatal. A opinión pública non é, por si mesma, non-violenta. Pero xeralmente ten os seus criterios para distinguir entre violencia xusta e inxusta, e entre medios de loita aceptables e non aceptables, criterios moitas veces discutibles, pero non descartables para organizacións que dependen moito de esta opinión popular. As ONG teñen a posibilidade de influir nela, a través do seu labor de educación en dereitos humanos. Será difícil, sen embargo, modifica-lo sentido elemental de xustiza, que non distingue entre o Estado e outros axentes como moralmente responsables dos seus actos violatorios dos dereitos do pobo.

9. O reto político da violencia de axentes non estatais

Pero non só existe o reclamo por unha ética indivisible dos dereitos humanos. As organizacións de Dereitos Humanos, inter e non gubernamentais, vense tamén confrontadas coa esixencia de seren efectivas na salvagarda dos DDHH. As dúas demandas resultan difícilmente compatibles e constitúen o núcleo do reto político que se lles presenta actualmente a moitas organizacións de DDHH coas súas loitas incansables polos dereitos humanos adquiriron unha grande autoridade moral nos seus países respectivos, reforzada a través de moito recoñecemento internacional. A base de esta autoridade moral foi a obxectividade nas súas análises das violacións de DD.HH. E as acusacións ou condeas consecuentes con esta análise. Foi tamén o feito de que, en moitas ocasións, chegaron a obligar ós gobernos violadores dos dereitos humanos a recoñece-los principios de DDHH verbalmente, e, en casos contados, tamén nos feitos. Con iso, comezaron a constituirse, de forzas meramente morais, en organizacións dun poder político, moi limitado, pero real nalgúns casos.

Pedirlles agora ás organizacións de DDHH que amplíen o campo das súas accións cara ós crimes perpetrados por axentes non estatias, significaría, aparte dos problemas xurídicos xa mencionados, varios cambios nas estratexias establecidas das ONG. Por un lado, os axentes non estatis, para as ONGs de dereitos humanos, non existen como interlocutores válidos. Aquí non só hai o problema da lexitimidade de ese axentes, que crea os temores dos gobernos ó meterse as ONG de dereitos humanos cos grupos que, para os gobernos, son, non aptos para o diálogo. Os enredos resultantes poderían considerarse problema soamente dos gobernos. Pero aquí hai tamén o problema real para as ONGs que non existe un marco referencial no cal poidan situa-los axentes non estatais, da mesma maneira como, no caso dos gobernos, poden recurri-lo sistema de dereito internacional e toda a tradición político xurídica do sistema de Estados modernos.

O feito de que, desde a óptica xurídica, os axentes non estatis non son responsables lexítimos do ben común, tradúcese así na cuestión moi práctica de ¿qué se pode pedir ós grupos non estatais, e en base de qué concepto comunmente recoñecido? Estas preguntas non se poden respostar sen unha análise concreta de cada caso (como se viu, esta análise concreta precísase tamén para a aplicación do dereito humanitario internacional). Noutras palabras: mentras a metodoloxía de traballo das ONG de dereitos humanos ten o seu fundamento na transformación do polñitico en principios xurídicos universalmente recoñecidos (son poucos os gobernos que expresamente rexeitan os DDHH), no seguimento de que fan os axentes non estatais, non serve esta ferramente obxectivizadora. Non hai outra saída que entrar no campo político con tódolos seus riscos. Avalia-las accións de grupos “subersivos”, “alzados en armas”, “terroristas”, “guerrilleiros”, “sublevados”, “insurxentes”, etc. (a cantidade de termos é ben representativa da variedade de situacións) resulta – non sempre, pero na maioría dos casos – máis complicado e controvertido que medi-lo comportamento de gobernos coa regra do dereito de dereitos humanos. Pero a tarefa non se queda na avaliación. De ela as organizacións de DDHH deben deduci-las reclamacións que presentan ós responsables. Se isto ás veces é difícil no caso de gobernos que buscan oculta-las responsabilidades dos seus funcionarios, moito máis no caso de grupos clandestinos, sen xerarquías visibles para o público. Os pedidos das organizacións de DDHH para ter eficiencia e para poder controla-lo seu cumplimento, teñen que ser precisos e específicos. Unha crítica específica e detallada dunha acción significa – implícitamente, pero na relación ONG – Estado tamén explícitamente – o aval das accións non criticadas, ou polo menos pode ser interpretada así. He aquí a reticencia dos gobernos ante as condeas que pronuncian as ONG contra os grupos non estatais: parecen conferirlles lexitimidade.

É certo que no caso do dereito internacional humanitario, o artigo 3 Común das Convencións de Xenebra exclúe expresamente que a aplicación das normas das Convencións outorgue estatus algún ós grupos insurxentes que non teñan de outra maneira. Non obstante, na esfera política a acción pode ser vista de maneira diferente. Ademáis, no caso dos dereitos humanos mesmos, nn existe nada comparable á artigo 3 común das Convencións de Xenebra.

Pero, aparte dos ciumes de gobernos, que poderiamos descartar pola súa motivación ás veces meramente táctica, existe aquí un problema real para as ONG. Botar críticas ós axentes non estatais significa, queirase ou non, tomar partido nas loitas políticas de maneira máis pronunciada que no caso das críticas ó goberno. Por motivos distintos, os partidarios do goberno e da oposición van cuestiona-la neutralidade política dos críticos. O dilema é que non pronunciarse produce o mesmo resultado. Se as ONG calan ante os crimes que cometan axentes non estatais, tamén se cuestiona asúa obxectividade. De dous lados opostos vai peligra-lo capital máis precioso das ONG de dereitos humanos: o seu prestixio público, a nivel nacional e internacional, baseado na integridade dos seus conceptos e dos seus militantes.

10. Comentarios finais

¿Hai saída dos dilemas descritos? ¿Saídas limpas, libres de contradicións e trabas? Seguro que non. Os problemas analizadas, antes que todo son produto de realidades complexas e contraditorias, non de insuficiencias conceptuais. Tampouco cabe aquí, desde estas liñas, dar consellos ás organizacións que amosan coa súa traxectoria a seriedade coa que se formularon tódalas preguntas aquí presentadas, sacando cada unha as súas conclusións, que poden ser ben distintas, segundo as realidades vividas, as conviccións e conciencias. Quixera terminar este resumo de problemas e preguntas relacionadas co actuar de axentes non estatais e a súa avaliación á luz dos dereitos humanos, destacando algúns temas que me parecen centrais para o debate e tamén para o desenvolvemento futuro do movemento polos DDHH.

Nos seus longos anos de traballo, a meirande parte das organizacións que loitan polos dereitos humanos, en América Latina adquiriron coñecementos e capacidades técnicas que as cualifican cada vez mellor para cumprir coas súas tarefas de defende-los DDHH da poboación. En xeral, isto implicou tamén unha maior presenza de concepcións xurídicas en vez de puros conceptos éticos. Para ser eficiente en termos de lograr sentenzas ante os tribunais nacionais e internacionais, o concepto de dereitos humanos veuse “dereitizado” ou, nun senso das dúas liñas históricas das súas orixes, expostas arriba, inclinouse polo lado da loita polas liberdades concretas a esixir dos Estados. Os dereitos humanos foron estreitamente vencellados á formación e o desenrolo do Estado moderno. En América Latina, poderiamos dicir que eles precederon historicamente ó Estado: a loita polos dereitos humanos foi unha parte da loita por un Estado reformado, con institucións democráticas, transparentes e funcionais, máis independentes dos intereses das elites tradicionais. As organizacións de DDHH que para moitos gobernos son inimigos odiados e perseguidos, ó contrario son unha fonte importante de lexitimidade. Tódalas súas críticas do goberno, convértense en fontes de enerxía para o Estado, o cal, á vez que criticando os seus actos concretos, recoñecen como único e lexítimo garante dos dereitos violados.

Esta función reformadora do Estado, que cumpren as organizacións de dereitos humanos, parece inobxectable – sempre e cando se dean as condicións para que poida cumprirse. A pregunta que se formula hoxe é, sen embargo, se non vivimos nunha época na que o modelo de Estado, tal como foi concibido na revolución burguesa en Europa, vense esgotando.

Por un lado, percíbese unha crecente internacionalización de estruturas de poder sen que o dereito internacional saiba adecuarse a estas tendencias. A ONU e o dereito internacional, para nomear dous exemplos, seguen baseándose case exclusivamente no principio da soberanía dos Estados. Os poucos pasos que en materia de DDHH déronse para un dereito supranacional, é dicir por enriba tamén do dereito de tratados, non se acompañan dunha institucionalidade que os apoie.

Por outra banda, os Estados nacionais, en moitas partes do mundo, despois dunha fase de expansión realmente sorprendente, son cada vez máis cuestionados por forzas centrífugas no seu interior. En moitas partes de Europa suroriental, de Asia, África e tamén nalgunhas rexións de América Latina, a capacidade do Estado de garantir dereitos iguais para tódolos seus cidadáns, obxectivamente está baixando. En tales situacións, ¿onde nos leva a insistencia da vinculación de dereitos humanos e Estado? Non sería igualmente importante desenrolar conceptos e estratexias para rescata-los principios da Declaración Universal tamén fora do seu contexto estatal? ¿Non é tempo de desenrolar e levar á práctica mecanismos de presión tamén sobre os múltiples poderes de facto que en grande parte do mundo fan infernal a vida para os pobos – pero sen recorrer unicamente ó Estado como salvador de situacións que obviamente non é capaz de salvar?

A filósofa Hannah Arendt, no seu libro “The Origins of Totalitarism” (As orixes do totalitarismo) xa en 1951 observou que os dereitos humanos, historicamente ligados ó xurdimento do Estado nacional, coa crise de este tamén podería entrar en crise. As masas de refuxiados ó termo da guerra mundial eran testemuñas de esta crise e á vez as súas vítimas. “No momento no que os homes non gozaron máis do amparo dun goberno, non gozaron máis dos seus dereitos civís de cidadáns, no momento entón no que dependían exclusivamente neste dereito mínimo que supostamente élles natural, xa non había ninguén que lles garantira este dereito.

Esta análise de posguerra describe con precisión asombrosa os dilemas dos dereitos humanos tamén hoxe en día. O debate sobre o alcance dos dereitos humanos non se pode dirimir soamente en vistas dun Sendeiro Luminoso ou unha Fronte Farabundo Martí de Liberación Nacional, FMLN. O que está en xogo é un número crecente de persoas, en todo o mundo, que os Estados non poden ou non queren amparar nos seus dereitos inaxenables. O Concepto dos dereitos humanos baseado no concepto do Estado de dereito foi un instrumento sumamente valioso. Non avogo por abandoalo. Pero a pregunta, se será suficiente para o que ven, require respostas urxentes.

* En francés no orixinal.

Fonte: http://www.derechos.org/koaga/iv/1/huhle.html


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!