Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Abril: Que é o diñeiro. - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Abril: Que é o diñeiro.

21/04/2013
By

Que é o diñeiro?

 

O diñeiro é un símbolo que un conxunto de persoas adoptan como elemento clave dun sistema de intercambio de bens e servizos. É dicir trátase dunha convención social, pola cal a un obxecto se lle asigna un valor determinado que sirve de referencia para todas aquelas cousas que esa sociedade considera intercambiables (unha barra de pan, un traballo, un portavións, a vida dunha persoa, unha pena xudicial,…)

Para que o diñeiro cumpla a función de obxecto de intercambio:

  • debe ser contable (debe ter unidades equivalentes entre si)
  • preferentemente” debe ser acumulable e continuo (perdurar no tempo, nin caducar, nin ser estacional).

Ao longo da historia houbo diferentes formas de diñeiro, que incluso podian convivir e combinarse entre sí: así, dende a idade do bronce e ata 1971 en occidente e no extremo oriente adoptaramos os metais (cobre, prata, ouro), mentres que na micronesia prehistórica o foron as cunchas, ou na desesperación das trincheiras da I GM o foron os paquetes de tabaco.

Por que existe o diñeiro?

En diversas partes do mundo o diñeiro permitiu desenrolar o comercio máis aló das limitacións do troco (directo, instantáneo e presencial). O diñeiro existe para dinamizar e exterder o mercado. Mediante o mercado en base ao diñeiro as comunidades puideron construir unha rede na que pór en circulación os seus excedentes e coñecementos dun xeito descentralizado.

O diñeiro é bo ou malo?

Nin unha cousa nen outra. O diñeiro é un instrumento, unha ferramenta (moi poderosa), e como tal depende de que fins permita obter.

O diñeiro permite atomizar os intereses economicos dos axentes (persoas, corporacións,…).

Nas sociedade monetarizadas a economía móvese por unha morea de operacións encadeadas. Cada un/ha participa nese sistema non perseguindo un obxectivo común senón o seu particular: conseguir diñeiro.

Nestas sociedades aparece fácilmente a especulación económica (operación que non busca gozar do ben ou servizo, senón obter un beneficio das flutuacións dos prezos),cuxos efectos son moi nocivos para a sociedade e o medio ambiente: o traballo e os recursos son destinados a unha producción que nunca vai a ser consumida. Un exemplo, evidente, de economía especulativa é a española: a producción de vivendas e infraestructuras nunca atopou quen as consuma.

Como funciona o diñeiro? Que é o diñeiro fiduciario? Que é a reserva fraccionaria?

O diñeiro e un instrumento moi complexo cuxo funcionamento a maiora da xente descoñece ou apenas comprende. Amais disto o diñeiro adoita formas cada día menos tanxibles.

Hoxe en día o diñeiro é manexado, creado e regulado, pola banca privada e as élites políticas, que non teñen interese algún en facer entender ao pobo como funciona o diñeiro.

A forma de diñeiro actual é a fiduciaria. O diñeiro fiduciario é aquel que se basa exclusivamentena fe das persoas que o empregan, xa que non existe ningunha correspondencia directa entre este diñeiro e calquera cousa que teña valor de por si (como si o tiña o diñeiro basado no ouro, xa que o ouro é unha materia que permite facer útiles… hoxe en día o diñeiro so son número apontados nun papel ou nun ordenador). A fe da xente nesta forma de diñeiro baséase no respaldo legal dos estados que soportan cada unha das moedas. Dende 1971, o goberno de Nixon rachou unilateralmente a convertivilidade do “Dollar US” en ouro, convertindo así a todas as moedas do mundo en diñeiro fiduciario.

Tan importante como a forma de diñeiro que temos é o volume de diñeiro que se pon en circulación. Da relación entre o diñeiro e mercancias en circulación depende o valor do diñeiro (o fenómeno da inflacción/deflacción). Isto é, canto custan, en cada momento os bens e servizos postos no mercado: a barra de pan, os salarios ou os libros de texto.

Na actualidade o diñeiro é creado pola norma da reserva fraccionaria: a banca comercial pode prestar ata o 99% do diñeiro que nela é depositado. Asi por exemplo, dunha nómina de 1000 euros, o banco pode crear outros 990 en forma de préstamo; e dese prestamo de 990 euros (incluso antes de recuperalo) outros 980,10, e así nunha progresión exponencial de centos, miles, millóns,… de prestamos (dos cales o banco gaña intereses). Este é o poder real da banca: xera diñeiro a partir desta débeda.

A combinación do diñeiro fiduciario (avalado polo estado) e a reserva fraccionaria (o diñeiro creado polo prestamo bancario) é a responsable da actual situación do Euro.

Que podes facer ti?

Na túa contorna ofrécense alternativas que podes realizar a título particular ou de xeito comunitario. Catro exemplo serían:

  • Facer troco. O troco é o intercambio sen diñeiro, é o xeito máis directo e menos xerárquico de comercio, facilitando amais o contacto directo entre as persoas e os seus productos. En Vigo leva anos funcionando o “Vigotroca” (http://vigotroca.arkipelagos.net/), un portal de internet onde podes atopar e ofrecer bens e servizos para trocar.
  • Usar moeda social. Cando unha moeda é creada por unha comunidade pequena en vez dun estado ou banco e chamada moeda local, comunitaria ou social. Estas moedas permite as comunidades emisoras crear un novo mercado, cunhas normas axeitadas aos seus obxetivos económicos: por exemplo fomentalos productos locais, xustos, ecolóxicos, cooperativos,… Un exemplo de moeda social é a que empregan os socios da Alg-lab de Valadares.
  • Formar parte dunha cooperativa de financiamento. As cooperativas de crédito son sociedades cooperativas (a “propiedade” é de todas as persoas asociadas, e cada unha delas ten o mesmo poder de decisión, fomentando a horizontalidade) que suplen as necesidades de financiamento dos seus membros e máis de terceiros. Estas cooperativas van ligadas sempre a un determinado ámbito territorial definido nos seus estatutos.
  • Apoiar a creación dunha banca públicaa partir da expropiación das entidades nacionalizadas. Unha banca que estea orientada á inversión no tecido produtivo, a economía real, do que depende a creación e supervivencia dos postos de traballo, e que teña prohibidas as prácticas da economía especulativa. Unha banca pública que permita o sometemento do poder económico da banca ao control social e democrático das clases populares.

Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!