Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Acordo Transpacífico de Asociación Económica: o pobo debe alza-la súa voz para ser escoitado - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Acordo Transpacífico de Asociación Económica: o pobo debe alza-la súa voz para ser escoitado

30/03/2015
By

Acordo Transpacífico de Asociación Económica: o pobo debe alza-la súa voz para ser escoitado

Amy Goodman

3195ea43d5e81ba0ebab756e1b74f615c481d3f8O Presidente Barack Obama e os congresistas republicanos están de acordo. Si, leu ben. Non, non están de acordo con respecto á Lei de Coidado da Saúde a Baixo Prezo, ó orzamento, ás negociacións con Irán ou á igualdade salarial para as mulleres, senón no que respecta ós denominados tratados de libre comercio, que dan máis poder ás empresas e diminúen o poder da poboación de gobernarse a si mesma dun xeito democrático. Isto enfrontou ó presidente cos seus habituais aliados do Congreso, os demócratas progresistas, que se opoñen ó Acordo Transpacífico de Asociación Económica (coñecido como TPP, polas súas siglas en inglés), un dos tratados comerciais de maior alcance da historia. O TPP establecerá regras que rexeran a máis do 40% da economía mundial. Obama estivo a negocialo en segredo, algo que non lles sentou ben ós demócratas.

 

A batalla en torno ó TPP e á TPA estase profundando. Pode resultar confusa esta proliferación de siglas e, xustamente, esa é a intención das grandes empresas de Estados Unidos e o resto do mundo. As políticas comerciais son embarulladas, complexas e case dominio exclusivo dos economistas e tecnócratas. Sen embargo, os acordos teñen fortes repercusións na vida real. O Presidente Obama quere que o Congreso aprobe o TPP, que é un amplo acordo comercial entre Estados Unidos e once países da costa do Pacífico: Australia, Brunei, Canada, Chile, Xapón, Malaisia, México, Nova Zelandia, Perú, Singapur e Vietnam. Para acelera-lo proceso, o Presidente Obama está intentando que o Congreso lle outorgue a chamada Autoridade de Promoción Comercial (TPA, polas súas siglas en inglés) tamén denominada “vía rápida”. A vía rápida delega ó presidente a autoridade para negociar un acordo comercial e logo presentalo ante o Congreso para que o aprobe ou rexeite, sen que exista a posibilidade de propor modificacións. Unha coalición cada vez máis grande está a organizarse contra o TPP e a solicitude do presidente de emprega-la vía rápida. O resultado deste conflito terá repercusións a nivel mundial durante varias xeracións.

 

As negociacións sobre o TPP mantivéronse en segredo. O pouco que coñece a maioría das persoas acerca do tratado é grazas a que Wikileaks, o sitio web de divulgación de documentos segredos filtrados por denunciantes anónimos, publicou varios capítulos do acordo hai máis dun ano. Os congresistas teñen acceso limitado ós informes sobre as negociacións en virtude de estritas normas de confidencialidade que, como ocorreu en polo menos unha ocasión, poden inclui-la ameaza de cárcere se se filtran detalles.

 

O TPP é unha versión ampliada de acordos comerciais anteriores como o Tratado de Libre Comercio de América do Norte (TLCAN) asinado por Estados Unidos, Canada e México. O TLCAN, tamén coñecido como NAFTA (polas súas siglas en inglés), entrou en vigor o 1 de xaneiro de 1994 e foi tan prexudicial para a cultura e a economía dos pobos indíxenas de Chiapas, en México, que se rebelaron ese mesmo día no que se coñeceu como o Levantamento Zapatista. O intento de crear un acordo comercial de alcance mundial no ámbito da Organización Mundial do Comercio deu lugar a unha das maiores protestas da historia contra o poder das empresas organizada en Seattle a finais de 1999. Miles de manifestantes formaron unha cadea humana e literalmente impediron que os delegados chegaran á reunión ministerial. A solidariedade sen precedentes que se materializou nas rúas entre sindicalistas e activistas polo ambiente, a pesar da violencia policial xeralizada, fixo que as negociacións da OMC concluirán nun fracaso absoluto.

 

De ser aprobado, o TPP poría en marcha normas comerciais que farían ilegal que os gobernos aproben e apliquen leis sobre todo tipo de asuntos, desde normas ambientais ata leis salariais e laborais, pasando pola duración dos dereitos de autor. Por exemplo, unha lei que prohiba a venda de mercadorías fabricadas en maquilas de Vietnam podería declararse ilegal por considerala un obstáculo ó comercio; ou podería deixarse sen efecto a normativa que esixe requisitos de certificación ós produtores de madeira en Malaisia, para protexe-los bosques primarios da deforestación.

 

Lori Wallach, do Observatorio do Comercio Mundial da organización Public Citizen é unha das persoas máis críticas do tratado:

 

“Lamentablemente, o TPP é un mecanismo de aplicación de moitas das cousas que queren (o líder da maioría do Senado Mitch) McConnell e os republicanos. Por exemplo, aumentaría o tempo de duración das patentes das grandes empresas farmacéuticas, o que significaría que obterían ganancias excepcionais, pero provocaría un aumento dos prezos dos medicamentos. O acordo implicaría un retroceso na regulación financeira dos grandes bancos. Ademais, podería limita-la liberdade do emprego de Internet, introducindo subrepticiamente a Lei para Dete-la Piratería en Internet (SOPA, polas súas siglas en Inglés). Outorgaría privilexios e dereitos especiais ás empresas estranxeiras para que poidan evitar ser enxuizadas nos nosos tribunais e poidan demandar ó goberno de Estados Unidos para obter unha indemnización se consideran que as leis ambientais ou de protección da saúde dos consumidores prexudican as súas ganancias futuras, o que se coñece como o sistema de solución de controversias “inversor-Estado”. Ademais, tería normas parecidas ás do TLCAN que facilitarían a externalización do emprego, facilitando así que as empresas se trasladen a países onde se pagan salarios baixos. Deste xeito, cabe preguntarse ¿por que o Presidente Obama quere o TPP? Está bastante claro por que McConnell o quere. Negociouse coa axuda de 600 asesores comerciais de empresas de Estados Unidos. O acordo profundou por iniciativa do Goberno de Obama. Iniciouno (o expresidente George W.) Bush, pero en lugar de cambialo e facer algo diferente, o Goberno de Obama retomouno e, honestamente, empeorouno.”
Os movementos sociais están a organizarse para oporse ó TPP e á vía rápida. O seu traballo abarca diversos temas: dereitos humanos, liberdade en Internet, comercio xusto, dereitos laborais e ambiente. Os intereses económicos en Washington reciben toda a atención do presidente, de modo que apenas teñen que suspirar para que se lles escoite. É hora de que a poboación alce as súas voces ó unísono e esixa ser escoitada.

Fonte: http://www.democracynow.org


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!