Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Agricultores e mulleres contra a minería en África / Vía Campesina - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Agricultores e mulleres contra a minería en África / Vía Campesina

21/08/2014
By

 

Agricultores e mulleres contra a minería en África (Vía Campesina, 11/08/14)

Centos de persoas de organizacións de base, incluídos pequenos agricultores, mulleres rurais, traballadores agrícolas e membros das comunidades afectadas pola minería procedentes dos países da África Meridional, acudirán ao Cumio dos Pobos da SADC 2014. A reunión celebrarase en Bulawayo, Zimbabwe, do 14 ao 16 de agosto de 2014. Membros de Vía Campesina África, a Asemblea de Mulleres Rurais (RWA), WoMin e o Diálogo dos Pobos (People’s Dialogue) terán unha forte presenza en Bulawayo a fin de construír alternativas e propoñer un rexionalismo que dea prioridade ás persoas, non ás corporacións.

Caravanas de agricultores, mulleres rurais e comunidades afectadas pola minería de África, procedentes de Mozambique, Sudáfrica, Swazilandia, Zambia, Lesotho, a RDC, Malawi e outros países sumaranse ás organizacións e movementos de Zimbabwe en Bulawayo para esixir unha xustiza económica e social desde o punto de vista dos pobos.

A rexión meridional de África está facendo fronte a retos constantes e un agravamento da crise, directamente a consecuencia das políticas económicas neoliberais. A captación transnacional corporativa e o control dos medios básicos de produción dos pobos (terra, auga, sementes, etc.) están a aumentar notablemente debido á complicidade das elites políticas e gobernamentais. Cada vez privatízanse máis recursos naturais a causa dos innumerables acordos celebrados entre os nosos gobernos e as corporacións, gobernos occidentais e as “recén chegadas” economías emerxentes, os denominados BRICS (conxuntamente refírese a Brasil, Rusia, India, China e Sudáfrica).

Houbo un acaparamento de terras a grande escala en case todos os países da SADC e o modelo de agronegocios está a destruír a agricultura familiar campesiña, o único modelo que amosa ser sostible e ecolóxico que produce a maioría dos alimentos para os países da SADC. As corporacións de extracción estanse a apropiar das terras e da auga, están a contaminar o solo, o aire e a auga que necesitan as e os agricultores rurais para cultivar alimentos e manter os seus medios de vida.

Ana Paula Tauacale, unha agricultora e líder da Unión Nacional de Campesiños (UNAC) de Mozambique, membro de Vía Campesina, contou que no caso de Mozambique “as terras estanse a entregar a estranxeiros para que planten cultivos destinados á exportación, a expensas da expropiación a pequenos agricultores locais. Isto é o que ocorre no caso do ProSavana do Corredor de Nacala, un programa que ten o obxectivo de incrementar o rendemento das colleitas atraendo agronegocios a grande escala”. Ana Paula engadiu que “debemos defender a agricultura familiar de pequena escala nos nosos países xa que demostramos que podemos alimentar o mundo”.

Agora as sementes, o noso patrimonio común, son o punto de mira do control corporativo e vense ameazadas polos protocolos relativos ás sementes estipulados polo Mercado Común para África Oriental e Meridional (COMESA) e a Comunidade de África Meridional para o Desenvolvemento (SADC). O primeiro pretende facilitar a circulación e venda de sementes comerciais nos mercadores rexionais de África oriental e meridional, mentres que a comunidade proponse harmonizar a política sobre sementes da rexión da SADC, en base á Protección das obtencións vexetais (PVP). Co paso do tempo, esta nova lexislación abrirá as portas ás sementes transxénicas (OMG) en toda a rexión que xa se fixeron un sitio en Sudáfrica e, recentemente, en Malawi. Deixaranse de lado as sementes tradicionais e penalizarase o seu uso e comercialización por parte dos pequenos agricultores.

Mercia Andrews da Asemblea de Mulleres Rurais engadiu: “debemos loitar polos medios de vida dos pobos, o que beneficiará ao mercado interno vinculado de xeito neutral á agricultura e as industrias manufactureiras. Así crearanse empregos non só para os urbanistas, senón tamén para as comunidades rurais que permitan un desenvolvemento equitativo dentro dos países da SADC. Os cidadáns da SADC deben gozar de liberdade para determinar o seu propio destino en todos os ámbitos da vida (social, político e económico)”.

Samantha Hargreaves de WoMin afirmou que “avogamos por unha transición xusta a un modelo de desenvolvemento alternativo que protexa e defenda as terras e os recursos naturais dos que dependen as comunidades rurais, baseado nun sistema transformado de enerxías renovables en que sexan as persoas e non as corporacións transnacionais, nin os lacaios dos nosos gobernos quen decidan que é o que se extrae”.

En Buluwayo, Vía Campesina, a RWA, o Diálogo dos Pobos e WoMin participarán en actos organizados por eles mesmos que abordarán temas importantes tales como as Políticas Públicas para a Soberanía Alimentaria na SADC, a Xustiza tributaria para deter o fluxo ilícito de fondos de corporacións transnacionais fraudulentas, así como Vías de desenvolvemento alternativas para facer fronte aos devastadores impactos sociais e medio ambientais das industrias de extracción. Levaranse a cabo intercambios solidarios para as comunidades locais e lanzarase o Tribunal de África Meridional dos Pobos para lidar coas corporacións transnacionais. Ditas actividades axudan a concienciar a través dunha maior cooperación que será o motor da nosa loita en pro da soberanía popular, os medios de vida populares e a democracia popular.

Fonte: http://desinformemonos.org/2014/08/agricultores-y-mujeres-contra-la-mineria-en-africa-via-campesina-110814/print/


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!