Albiol (EU): “O Tratado de Libre Comercio pon ás empresas por enriba da lexislación”
A eurodiputada asegura que as multinacionais europeas e norteamericanas só buscan deixalo todo “atado e ben atado” con este acordo. “Queren eliminar normativas para introduce-lo fracking e os transxénicos” acusa.
MADRID.- Bruxelas acolle estes días a oitava rolda de negociacións sobre o polémico acordo comercial entre a UE e EEUU, mentres seguen medrando as críticas sobre a opacidade das negociacións. Un tratado “para poñer ás empresas por enriba da lexislación”, co que as multinacionais queren “deixar todo atado e ben atado” para garanti-los seus beneficios a pesar dos posibles cambios políticos nos gobernos dos 28, en palabras da eurodiputada de EU Marina Albiol.
Albiol encarnou este luns a postura do grupo parlamentar da Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL) nun debate organizado por Europa Suma no Café Comercial da capital, no que o profesor de Economía Aplicada da Universidade Autónoma Federico Steinberg defendeu o acordo que impulsan liberais, socialdemócratas e conservadores europeos.
“Oporse de entrada a este acordo é xeopoliticamente suicida”, sostivo Steinberg, partidario de “reescribi-las normas do comercio internacional” antes de que o fagan os países emerxentes. “Creo que pode ter un efecto beneficioso” afirma, recoñecendo que haberá “gañadores e perdedores” e apuntando ós distintos gobernos como responsables de regula-la súa aplicación.
O problema, como respondeu Albiol, é que os funcionarios da UE mantiveron un 92% das súas reunións sobre o acordo coas empresas e só o 8% restante con organizacións representantes da sociedade civil. O que a UE vende as virtudes do tratado agarrándose ás cifras máis optimistas dun estudo de impacto elaborado en 2013 e non acepta os números que arroxan outros traballos moito menos esperanzadores.
Iso, por non falar da cláusula de proteccións (ISDS) que incorpora o tratado e que permitirá ás multinacionais demanda-los estados ante tribunais arbitrais privados, e non ante as xustizas nacionais, de considerar afectadas as súas inversións neses países afectadas polos cambios normativos que executen os seus respectivos gobernos. “Deben pensa-lo mesmo con Grecia e Syriza, para as multinacionais isto da democracia debe ser un fastidio. ¿Como se pode permitir que a xente vote e enriba gañen os roxos? É aquí onde entran estes tratados” replica Albiol, antes de lembrar precedentes como o acordo NAFTA entre EEUU, Canadá e México. “Prometeron crear 20 millóns de postos de traballo e só en México empobreceron 2 millóns de campesiños e 28.000 pequenos negocios pecharon as súas portas” lembra. “Está deseñado para eliminar normativas, para introduci-lo fracking e os transxénicos, para mellora-las ganancias das empresas” afirma.
“Non é EEUU contra Europa: son as empresas de ambos lados contra os pobos europeos e o de EEUU. Non é unha loita territorial, é unha loita de clases” zanxa.
A defensa dun funcionario europeo
Un funcionario europeo presente na charla defendeu o polémico acordo cos argumentos que acostuma a esgrimi-la Comisión Europea: que as cláusulas ISDS non son algo novo, que o acordo pode favorece-las pemes ou que nos 40 anos nos que a UE tramitou negociacións similares ninguén se interesou por iso, en referencia ás críticas sobre a opacidade do acordo. “Este tratado vai máis alá doutros tratados” recoñeceu o funcionario, que sen embargo obviou que son as grandes empresas as impulsoras do acordo, o que moitos países levan anos rexeitando as cláusulas ISDS por consideralas demasiado beneficiosas para as multinacionais.
O funcionario xactouse tamén da transparencia coa que se negocia o acordo, asegurando que as institucións europeas se reuniron en España con organizacións como ATTAC e Ecoloxistas en Acción e motivando que o presidente de ATTAC en Madrid, Carlos Sánchez Mato, presente na sala, interviñese para asegurar non ter constancia de que se produciran estas reunións.
Ante o crecente rexeitamento ó ISDS a Comisión Europea puxo en marcha unha consulta na que un 97% dos enquisados deixaron clara a súa oposición a este mecanismo. Esta semana, os xefes negociadores manterán reunións ata o venres e nada parece indicar que teñan a menor interese en renunciar a esta cláusula.
Fonte: http://www.publico.es/politica/albiol-iu-tratado-libre-comercio.html