Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

As alternativas ao desenvolvemento debátense no Cumio dos Pobos fronte ao Cambio Climático

26/05/2015
By

As alternativas ao desenvolvemento debátense no Cumio dos Pobos fronte ao Cambio Climático

Orlan Cazorla

Participantes-Pueblos-Cambio-Climatico-Cazorla_EDIIMA20141212_0324_4

Participantes da Cumbre dos Pobos frente ao Cambio Climático. / Orlan Cazorla

Durante catro días celebrouse no Parque da Exposición de Lima (Perú) o Cumio dos Pobos fronte ao Cambio Climático coa participación de aproximadamente tres mil persoas, provenientes na súa maioría de América Latina. O Cumbio tiña como obxectivo fortalecer unha axenda común dos movementos sociais e presentar argumentos alternativos á vixésima Conferencia das Partes da Convención Marco de Nacións Unidas sobre Cambio Climático (COP20). “É un espazo para recoller todas as propostas e convertelas en vinculantes. Esta é a esixencia que imos facer aos Estados”, explicaba o portavoz do Cumio, Antolín Huascar. Asistiron tamén ao Cumio dos Pobos algunhas persoas acreditadas como observadorxs da COP20 oficial. É o caso de Chavannes Baptiste, da Confederación Nacional Agraria de Haití. “Acabo de vir da COP20 e aquilo é un espazo de tolos onde ninguén escoita a ninguén. É un lugar de negocios onde as transnacionais están a defender os seus intereses para utilizar o quecemento global para facer máis cartos”. Crítico porque á sociedade civil téñenlle vetada a entrada, Baptiste mostrouse confiado na posibilidade de que dende o Cumio dos Pobos se cheguen a articular propostas reais.

Oito eixos temáticoes e múltiples voces

O Cumio dos Pobos, que xurdiu como resposta á crise da civilización ocasionada por un mal chamado modelo de desenvolvemento que mercantilizou a vida humana e a natureza, estruturouse en oito eixos temáticos. Crise de civilización e modelos alternativos de vida social; quentamento global e cambio climático; soberanía e transición enerxética; agricultura e soberanía alimentaria; xestión sustentable do territorio e os ecosistemas; financiamento e transferencia de tecnoloxía; mulleres e sustentabilidade da vida; e as falsas solucións, foron as grandes temáticas en torno ás cales xiraron os debates.

O Cumbio é unha gran oportunidade para facer visibles todas as demandas, e é un punto onde podemos iniciar un movemento ambiental sólido cunha mensaxe rexional; e se se pode a nivel global, moito mellor”, aseguraba Stefani Acosta, do Comité Xuvenil do Cumio dos Pobos.

Para o colectivo ecuatoriano Yasunidos, o Cumio era unha oportunidade para posicionar unha demanda moi concreta. “Cremos que ata este momento a única forma coñecida e real de loitar contra o cambio climático é deixar o petróleo no subsolo. Manifestouse que hai que cambiar o sistema e non o clima, pero este sistema non se cambia cambiando os discursos, cámbiase modificando as prácticas e as políticas”, afirmaba Pato Chávez.

Cambio climático e transicións

Entre as máis de 150 actividades que se celebraron durante o Cumio dos Pobos destacou a organizada pola Rede Peruana por unha Globalización con Equidade (RedGE) e o Centro Latinoamericano de Ecoloxía Social (CLAES) denominada “Cambio climático e transicións”. Entre xs relatorxs, encontrábase o investigador uruguaio de CLAES, Eduardo Gudynas, que presentou unha proposta de transicións con énfase nas rexións andino-amazónicas, para iniciar unha saída ao actual modelo de desenvolvemento. Ademais, tamén interveu o ex presidente da Asemblea Constituínte de Ecuador, Alberto Acosta, que falou sobre o concepto do Bo Vivir destacando que non se trata dunha alternativa de desenvolvemento senón dunha alternativa ao desenvolvemento, que abre a porta a novos horizontes.

Durante a súa intervención, Acosta asegurou que hai que aproveitar a posibilidade de reconstruír no bo sentido as propostas indíxenas e ademais construír outras opcións para ter unha forma de vida diferente que garanta dignidade aos seres humanos e harmonía para vivir coa natureza. “Este é o punto de partida para transitar do que non queremos ao que queremos construír. E temos que ir desbotando algúns conceptos tradicionais, para construílos doutro xeito e ir desenvolvendo novos indicadores,” afirmou.

Pola súa banda, Gudynas mostrouse crítico coa falta de vontade política. “En CLAES cremos que as negociacións en marcha na COP xa chegaron a un punto de sucesivos estancamentos e non podemos seguir esperando, senón que temos que iniciar nós as transicións inmediatamente”. Estas transicións, segundo o investigador uruguaio, deberán ser transformacións democráticas, consensuadas, e que sirvan de exemplo para avanzar cara a esa saída do desenvolvemento cunha orientación clara cara ao Bo Vivir.

A proposta de “alternativas ao desenvolvemento para un clima seguro” componse de dous eixos principais. O primeiro ten que ver con anular ou reducir as emisións internas e centraríase nas transicións post-petroleiras, transicións de enerxía e transicións en ambiente, bosques e agricultura. O segundo eixo consiste en tratar de anular ou reducir exportacións de recursos enerxéticos ou recursos que xeran emisións noutros países, avanzando cara á desvinculación selectiva da globalización e o rexionalismo autónomo.

Tamén puxo énfase en sinalar que, ante a réplica de gobernos e empresarios que cuestionan a falta de alternativas, a resposta dende a sociedade civil é que existen, son viables e aseguran mellores condicións para a sociedade e o medio. “E ante as retóricas presidenciais de compromiso coa natureza, a nosa posición é que tomen ese compromiso en serio e defendan os dereitos da natureza e comecen as transicións xa, no día de hoxe, porque estas son posibles”, concluíu.

Orlan Cazorla (@orlancazorla) é periodista freelance en América Latina. Autor de www.orlancazorla.net

Fonte Orixinal: http://www.eldiario.es/ultima-llamada/Cambio_Climatico-COP20-politica_energetica_6_334276582.html


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!