Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

As carencias insuperábeis do TTIP no plano laboral /Santiago González Vallejo

25/05/2015
By

As carencias insuperábeis do TTIP no plano laboral

Os negociadores dese Tratado de libre comercio entre a Unión Europea e Estados Unidos (TTIP) non cansan de repetir que respectarán as normas internas e regulamentos de cada parte en múltiples temas, entre eles, o laboral.

3195ea43d5e81ba0ebab756e1b74f615c481d3f8Ó fin e o cabo, eles din que o seu obxectivo é o aumento do comercio grazas á redución arancelaria e tamén por un “mutuo recoñecemento dos estándares regulamentarios” de cada parte, polo que se reducirán custes de homologación, etc e crearanse postos de traballo. Todo isto impulsado e coa participación de grandes lobbies empresariais e opacidade para o resto.

No que respecta ó plano laboral, hai estudos contraditorios que sinalan aumento ou perda de empregos totais e moi dispares en determinados sectores. Pouco ou nada púxose á luz sobre a mellora ou perda das condicións laborais que se desenvolverían unha vez que ese Tratado estivera en vigor e en plena aplicación.

Pero se nos fixamos en datos obxectivos, observaremos a desigual rectificación nun lado e outro do Atlántico das Convencións da Organización Internacional do Traballo (OIT). Polo que se coñece, os negociadores do Tratado non incorporan ningún tipo de cláusula de protección laboral, nin sequera en termos de saúde e seguridade no traballo, nin tampouco a obriga de producir bens e servizos baixo o pleno respecto ás normas internacionais do traballo da OIT. Estados Unidos non ratificou seis das oito principais convencións da OIT, entre elas as que se refiren á liberdade sindical (nº 87) e á negociación colectiva (nº 98). Só ratificou 14 dos 189 convenios internacionais actuais. Polo contrario, tódolos países da Unión Europea ratificaron os oito convenios fundamentais, e no caso de España, por exemplo, ratificáronse 133 dos 189 vixentes.

Se nas discusión dentro da Organización Mundial do Comercio os sindicatos eramos renuentes a un libre comercio que non recollera cláusulas sociais e ambientais, porque favorecerían o dumping, coas discusións deste Tratado Transatlántico seguimos na mesma postura. Os empresarios europeos deberán tamén defender que para a plena aplicación do Tratado, Estados Unidos deberá ratificar esas Convencións Fundamentais. Se non o están a facer, como tampouco os propios gobernos, poñen ós sindicatos máis en contra desas negociacións, porque entendemos que o que se pretende a medio prazo, por mor dunha competitividade vía prezos, é desregular á baixa os estándares europeos.

As palabras de Cecilia Malmström, Comisaria Europea de Comercio, en sede parlamentar, sobre o asunto son esclarecedoras: “En canto ós dereitos laborais, non hai unha harmonización total en Europa, hai distintas regras, pero unha compañía estranxeira que fai “business” en Europa ten que seguir as leis europeas, as leis nacionais e nos, cando vamos ós Estados Unidos, seguimos as leis americanas. Ímolo harmonizar. O que estamos buscando en tódalas negociacións é loitar para que os oito convenios principais da OIT sexan ratificados por tódolos outros países. Como vostede ten dito, os Estados Unidos ratificaron dous e outros dous están máis ou menos na súa lexislación nacional. Imos ver se podemos facer progresos nos outros catro. Non van ratifica-lo texto dos outros catro, pero podemos avanzar no seu espírito cos Estados Unidos.”

Como sobre cousas de espírito hai bastante escepticismo, é rexeitable esa postura acomodaticia a favor dos “business”. Non é suficiente que se fale no Tratado de “traballo decente”, unha suposta concesión ós sindicatos que, o desprezar unha posible inserción normativa, devalúao.

Algúns partidarios desta forma de Tratado, sen universalización de dereitos laborais mínimos, viñeron dicir que a lexislación interna estadounidense establece que sexan os seus 50 Estados os que estarían obrigados a ratificar esas normas mínimas da OIT para que puidera estar en vigor, atrasándose a firma do Tratado ou imposibilitando o mesmo. Pero este argumento, no fondo ven a dárnola razón. O que se pretende é rebaixa-los estándares europeos. Por devaluacións internas competitivas ou co rodeo de tratados deste tipo.

No seo da OCDE, tódolos anos hai queixas de falla de liberdade sindical, de imposibilidade de negociación colectiva en diversos países dese club e non fixeron nada nos máis de 50 anos de historia.

O resultado das negociacións, dado o volume de comercio que existe, será estratéxico para debuxa-las normas a universalizarse. Pero, hai que insistir, que agora as mesmas están cortadas polo patrón de desregular e, no mellor dos casos, que persistan as máis baixas a un lado e ó outro do Atlántico. É dicir, que sobre o que existe, rebaixa-los estándares sociais e doutro tipo, sanitarios, alimentación, etc. Nun contexto onde as multinacionais non pagan impostos e se refuxian nos consentidos paraísos fiscais.

En resumo, este tratado non promove unha harmonización á alza de dereitos sociais e regulacións ambientais que favorezan ós traballadores, consumidores e cidadáns, xa sexan europeos, estadounidenses ou canadenses. Os seus contidos serán extrapolables a outros acordos comerciais do mundo cun efecto dominó e prexudicarán ó resto das persoas deste planeta favorecendo un capitalismo global cunha maior forza das multinacionais e con menores dereitos e capacidade de intervención da cidadanía. E os “business” teñen que estar detrás das persoas.

Fonte: http://www.rebelion.org/noticia.php?id=197817


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!