Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
As CCAA recortan 18.000 millóns en Sanidade e Educación e invisten o mesmo en pagar a súa débeda - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

As CCAA recortan 18.000 millóns en Sanidade e Educación e invisten o mesmo en pagar a súa débeda

18/03/2016
By

As CCAA recortan 18.000 millóns en Sanidade e Educación e invisten o mesmo en pagar a súa débeda

Raúl Sanchez

 

  • Desde 2010, as comunidades autónomas recortaron un 17% as partidas de Sanidade e Educación.
  • Durante o mesmo período, o orzamento destinado a pagar a débeda triplicouse na mesma cantidade: 18.000 millóns de euros máis.
  • A modificación do artigo 135, pactada por PP e PSOE, priorizou o pago da débeda ao prohibir ás autonomías recorrer en déficit estrutural.

 

RECORTES-SOCIALES-300x200“O Estado e as Comunidades Autónomas non poderán incorrer nun déficit estrutural que supere as marxes establecidas, no seu caso, pola Unión Europea para os seus Estados Membros”. Así quedou escrito o segundo punto do artigo 135 da Constitución Española, modificado en 2011 co acordo de PSOE e PP. Esta modificación deu prioridade ao pago da débeda sobre calquera outro gasto público.

Entre 2010 e 2015, as autonomías recortaron 18.685 millóns de euros en Sanidade e Educación. Ao mesmo tempo, o orzamento de todas as comunidades destinado a pagar a débeda creceu en 18.526 millóns, segundo datos do Ministerio de Facenda analizados por eldiario.es.
Estas cifras, actualizada a inflación, revelan que case se triplicou o que orzan as autonomías para Débeda Pública. Un 183% máis que, polo momento, non serviu para reducir o nivel de débeda que acumulan as administracións autonómicas. Segundo datos do Banco de España, pasou do 11,4% sobre o PIB en 2010 ata o 23,6% no último trimestre de 2015. En total, creceu máis de dez puntos en cinco anos.

A xestión pública da Sanidade e a Educación, descentralizada ás comunidades autónomas, representan máis da metade do orzamento das autonomías. En 2015, contan cun 17% menos que en 2010 para facer fronte a estes gastos e que tamén se suman aos do Goberno central. Por exemplo, desde a chegada de Rajoy, el Ministerio ha reducido un 27% las becas, como publicou eldiario.es.

Así se recortou nas comunidades para pagar a débeda

Cataluña é o caso no que máis se achega a cantidade que se deixou de orzar para Educación e Sanidade e a que se destinou a Débeda Pública. Desde 2010, a Generalitat destinou 3.865 millóns de euros menos para hospitais, profesores ou centros educativos e 3.840 a facer fronte aos pagos cos acredores.

En 2015, o Goberno catalán orzou máis fondos para pagar débedas que para toda a partida de Educación. Na mesma situación atópanse outras tres comunidades autónomas: Castela-A Mancha, Comunidade Valenciana e Baleares. Os pagos aos acredores pasaron de ser a sétima á terceira prioridade dos orzamentos das autonomías en 2015, segundo os datos de Facenda.

Por comunidades, Castela-A Mancha, gobernada polo PP, é a que máis aumentou o orzamento destinado a pagar a débeda entre 2010 e 2015. Durante eses anos, multiplicouse por trece, pasando de 116 millóns ata os 1.682. Nos últimos dous anos, a comunidade destinou máis a facer fronte aos pagos da débeda que a Educación.

Con todo, son Cataluña e a Comunidade Valenciana as que máis aumentaron, en números absolutos, as cantidades orzadas para facer fronte á débeda pública. En 2015 destinaron máis de 3.800 millóns de euros máis que fai só cinco anos.

Fonte: http://www.eldiario.es

 

 


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!