As conversas sobre comercio entre os EEUU e Europa deberían coller folgos renovados unha vez que se vote no Congreso o proxecto de lei “express” di o maior lobista dos agricultores estadounidenses Bob Young
Bob Young, Director Executivo Adxunto na American Farm Bureau Federation (Lobby de agricultores norteamericanos) fala coa xornalista Rose O’Donovan (AGRA FACTS) sobre o desenvolvemento da agricultura nas actuais negociacións cara á Asociación Transatlántica para o Comercio e a Inversión (TTIP).
“As negociacións poderían acelerar moi pronto” afirma Bob Young, unha vez que se vote no congreso estadounidense a proposta de lei para autoriza-la promoción do comercio. Young subliñou algunhas das claves que “non son barreiras arancelarias” no TTIP como as leis da UE que regulan os cultivos modificados xeneticamente e a súa estricta lexislación nas denominacións de orixe. Nos acordos de comercio anteriores, baixa-los aranceis era a principal prioridade, este xa non é o caso. Como representante do maior lobby de agricultores dos EEUU, o economista xefe dixo que os agricultores norteamericanos instan a discutir sobre os temas científicos que faciliten o acordo transatlántico. Prevé grandes ganancias para os agricultores norteamericanos no gran e sementes para aceite pero di que a UE e os EEUU “retaríanse un ó outro nos produtos lácteos” agora que acabou o réxime de cotas.