Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Bayer se hace con Monsanto por más de 60.000 millones, la mayor compra empresarial de los últimos 20 años

15/09/2016
By

Bayer se fai con Monsanto por máis de 60.000 millóns, a maior compra empresarial dos últimos 20 anos

A operación pode convertir á farmaceútica alema na líder mundial da industria de suministros agrícolas.

O grupo alemán de químicos e coidado da saúde Bayer gañou o respaldo do consello de administración de Monsanto para adquirir a maior empresa de sementes do mundo cunha oferta de 128 dólares por acción, segundo unha fonte familiarizada co asunto.
57d92855e530d-r_1473849957685-0-167-754-555

As compañías acordaron un indemnización de 2.000 millóns de dólares no caso de que non se concrete o acordo, dixo a persoa. Espérase que o acordo estea pechado para finais do 2017, dixo a fonte.

Bayer non estivo inmediatamente dispoñible para facer comentarios. As accións de Bayer estendían as súas ganancias a un 1,8 por cento tras coñecerse a noticia.

Bayer dixo a semana pasada que as conversacións con Monsanto avanzaran e que estaba disposta a ofrecer 127,50 dólares por acción pola empresa estadounidense, por enriba dos 125 dólares ofrecidos previamente, o que valoraría á empresa en máis de 65.000 millóns de dólares, incluíndo débeda.

As fontes dixeron a Reuters que a mellora no prezo asegurou a Bayer acceso a información máis detallada sobre o desempeño de Monsanto e achandou o camiño a negociacións máis detalladas.

Fonte: http://www.publico.es


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!