A túa contorna móvese! Aquí poderás atopar as accións, charlas, actos, mobilizacións e demais iniciativas que fan os colectivos que constrúen ao redor da Ría de Vigo (agrupacións, plataformas, asociacións, ONG,…)
| 15 Xov | 
|---|
| All-day | 
| 
										0:00
									 
										1:00
									 
										2:00
									 
										3:00
									 
										4:00
									 
										5:00
									 
										6:00
									 
										7:00
									 
										8:00
									 
										9:00
									 
										10:00
									 
										11:00
									 
										12:00
									 
										13:00
									 
										14:00
									 
										15:00
									 
										16:00
									 
										17:00
									 
										18:00
									 
										19:00
									 
										20:00
									 
										21:00
									 
										22:00
									 
										23:00
									 
									
										20:30
									
									
										Proxeccións “As Ghatas Salvaxes”
																			
								 
																
									Proxeccións “As Ghatas Salvaxes”
																										
								
								 
									Xan 15 @ 20:30 – 23:00
								  As Ghatas Salvaxes” [Ghrupo de Axitación Teatral, Ecoar ))) – Vigo] arrincan este ano 2015 cun Ciclo de Cine/docu-charlas de moi diversas temáticas de interese socio-cultural. As proxeccións serán todos os 3º xoves de cada mes, por volta das 20:30h, dentro do Ciclo de Cine Temático que, mes a mes, organiza o C.S.A “A Cova Dos Ratos” (r/ Romil nº 3, baixo). Por este motivo, convidámosvos a todas a asistir e participar desta primeira proxección que terá lugar o vindeiro xoves 15 de Xaneiro baixo o título La Educación Prohibida (Arxentina, 2012), película documental de financiamento colectivo dirixida por German Doin que cuestiona as lóxicas da escolarización moderna e a forma de entender a educación, facendo visibles experiencias educativas non convencionais (Educación Popular, Waldorf, Montessori, Cossettini, Educación Libertaria, Homeshooling, entre outras) que suscitan a necesidade dun novo paradigma educativo. O proxecto créase co interese de alimentar o debate social de cara á reflexión sobre as bases que sosteñen a escola, promovendo o desenvolvemento dunha educación integral centrada no amor, o respecto, a liberdade e a aprendizaxe. Agardámosvos a todas pra coñecer e reflexionar colectivamente. | 
	
		
		
												Subscribe
										
		
	
			
		 
    












