Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Cambia-la escola para cambia-lo mundo / Mar Gallego - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Cambia-la escola para cambia-lo mundo / Mar Gallego

05/06/2015
By

Cambia-la escola para cambia-lo mundo

Mar Gallego

rizomas

O colectivo de estudantes colombianas Rizomas Feministas promove a conciencia feminista nas aulas, pese ás presións das directivas dos seus centros, que as acusaron de meigas e guerrilleiras.

No 2010 naceu en Bogotá (Colombia), Rizomas Feministas; un colectivo que decidiu alza-la súa voz por unha educación pública inclusiva desde a conciencia feminista. Entre as súas reivindicacións, o dereito a introduci-la educación sexual nas aulas, a historia feminista e das mulleres ó entorno escolar e a visibilización dos estudantes como ente crítico con dereito á toma de decisións nas pechadas xerarquías directivas dos centros.

Na súa traxectoria feminista, as Rizomas recibiron prohibicións e presións do seu propio entorno educativo: o colexio Álvaro Camargo de la Torre (ETB, empresa pública de telecomunicacións) e a Institución Educativa Técnica Ciudad Luz. As directivas de ambos centros as premeron, para que abandonen o seu activismo. Acusáronas falsamente de feiticería e de practicar abortos ás súas compañeiras. Todo iso, pola “perigosa acción” de introduci-lo feminismo no colexio. As Rizomas Feministas eran, no momento da súa fundación, estudantes de tan só 12 anos de idade. Actualmente, as súas idades están comprendidas entre os 14 e os 15 anos.

Venres 18 de novembro de 2011. Teatro Cádiz, Bogotá (Colombia): presentación do Primeiro Encontro Latinoamericano e do Caribe de Acción e Prácticas Feministas (ELCAP). Dúas das novísimas fundadoras de Rizomas atopábanse sobre un escenario que se preparara previamente de forma minimalista: tan só dúas cadeiras e a presenza de ambas: Antonia Penagos Muñoz e Leidy Tatiana Rojas Cárdenas, que acudiu ó evento ás agachadas. O obxectivo, a presentación do lanzamento de Rizomas 2 Subsolo Feminista: uns libriños de produción propia que fixeron circular no seu entorno educativo. Tratábase entón do grupo feminista máis novo do país.

Rizomas Feministas naceu da man de ambas xunto a outras fundadoras: Leidy Vidales, Angie Rojas e Laura Herrera. As cinco decidiron unirse e presenta-lo seu proxecto no patio da escola Álvaro Camargo de la Torre nun sentimento de inconformismo tras detectar carencias e malestares na educación recibida. Todo iso, produto dunha discriminación por razóns de xénero que, en principio, non identificaron como específica. Para Penagos, foi despois de coñece-las teorías e prácticas feministas “cando abriron os ollos” e decidiron que os seus propios coñecementos debían ser compartidos co resto.

Un malestar inicial que se fixo sentir, en primeiro lugar, a causa do uso da linguaxe na escola: non se sentían representadas. É, por iso, que de forma estratéxica decidiron unirse, tamén, para acadar un recoñecemento mutuo. Así, as Rizomas comezaron a súa labor de concienciación coas súas compañeiras e compañeiros realizando obras de teatro, pegadas de cartaces e raiando os baños e as paredes para as que hoxe piden liberdade de expresión. Tamén colgando bonecas co fin de rachar roles sexistas no mesmo espazo educativo que os reproducía e os reproduce e a través dun activismo que non se quedara na teoría.

Entre as súas accións feministas tamén se atopaban algunhas tan históricas como a queima de suxeitadores e todo o que implicara accións virais, visuais e chamativas. Consideraban que esa era a mellor forma de chama-la atención das súas compañeiras e compañeiros que, segundo elas, tamén amosaron moito interese no movemento. Nestes primeiros pasos, as Rizomas fundaron a súa segunda sé en Ibagué da man doutra das compañeiras que se trasladou a outro centro. Entre tanto, o colexio decidiu pohibi-lo grupo.

Rizomas, sen embargo, continuou coa súa acción feminista nos corredores, durante os recreos e de forma clandestina. Levaron lecturas de teoría e práctica feminista nun afán por acadar unha conciencia incluínte e xeraron grupos de pensamento en torno a autoras como Gioconda Belli o Simone de Beauvoir. Tamén levando a educación sexual ós corredores.

Asimesmo as Rizomas Álvaras, como elas mesmo se fan chamar, decidiron posicionarse fortemente ante as informacións de privatización da empresa pública de telecomunicacións ETB á que aínda hoxe pertence o centro. Entre as accións, uníronse no 2011 a un “pupitrazo” que finalmente foi reprimido pola propia directiva. Nun comunicado interno aseguraban: “Temos mil e un motivos para protestar, como a de esixi-lo retiro da forza pública das aulas do coñecemento e non quedarnos sen teito para pagar unha matrícula universitaria”.

As queixas chegaron ás propias nais de Rizomas e as acusacións comezaron a vir tamén das e dos titores. A propia directora dun dos centros (o Ciudad Luz) acusou ó grupo de practicar feiticería e abortos ás compañeiras. A situación afectou sobre todo a unha das integrantes (Leidy Vidales) que recibiu sanción no 2012, segundo afirmou, “por entrega-los libriños Subsolo Feminista ó profesorado do centro”. Segundo contaron as Rizomas, o propio reitor sinalou a Vidales para acusala de “guerrilleira”. Todo iso, non hai que esquecer, nun contexto de conflito armado no que este tipo de afirmacións agochan graves consecuencias políticas e estigmatizantes para a persoa que as recibe.

Duros golpes que as integrantes, aseguran hoxe, teren sofrido con medras. A propia Antonia Penagos, unha das lideresas do grupo, conta que as titoras doutras alumnas lles prohibiron ter amizade algunha con ela. Na entrevista realizada para este artigo asegura, sen embargo, que Rizomas acadou moito: “Actualmente, a directora xa emprega a linguaxe incluínte nos comunicados que envían ás casas […] Permite o noso activismo aínda que non o apoia publicamente, pero polo menos non nos perseguen”.

Naquel Cap Feminista onde se presentou Rizomas, foi unha das persoas que conformaron ese público estupefacto. Tras coincidir con Antonia Penagos (que debía contar con 13 anos entón) pregunteille como visualizaba o seu futuro. Aseguroume que o seu propósito era o de acadar un grande cambio: “Por agora a nosa meta é muda-lo colexio e muda-los costumes e a Historia do mesmo […]. Seguir loitando e seguir atopándonos con outras feministas do mundo… E cambia-lo mundo”.

Na última conversa que mantivemos desde o “lonxe”, cóntame que agora a separaron do curso anterior onde tódalas Rizomas “conspiraban xuntas”. Tamén me conta que sente e senten orgullo ó ver como o curso de 6º xa se organiza e toma a iniciativa para facer protestas no centro e garanti-la continuidade do mesmo: “Nos salóns de clase, xa son xs demais quen corrixen xs docentes cando empregan a linguaxe sexista […] Cando se debe presentar ou facer algunha investigación sobre feminismo, búscannos. Ou sexa… somos visíbeis no colexio, antes o eramos fora”. A pesar das dificultades e de que se lles intenta ridiculizar e achicar nas súas propias clases, Rizomas Feministas seguen aínda hoxe coa súa labor diaria de “transforma-la educación desde a educación” unidas, esta vez, a outras feministas do País e creando redes fora e dentro de Secundaria na cidade de Bogotá. Aseguran que as bases están asentadas e que, desde a educación superior, farán o propio para deterse nos focos que, afirman, son os seus obxectivos actuais: avanzar politicamente para acadar paz para Colombia, facer fincapé en como a guerra atravesa especialmente ás mulleres con identidades e orientacións de xénero non normativas.

Todo iso, empregando dúas ferramentas que chían máis canto máis represivo é o contexto: o saber e o saberse feminista.

* Un rizoma é un tallo subcutáneo que xera novas raíces de forma constante mentras medra nunha traxectoria horizontal. Os rizomas medran indefinidamente sen deixar de producir novos brotes que sustitúen ós antigos.

Orixinal: http://www.pikaramagazine.com/2013/05/cambiar-el-colegio-para-cambiar-el-mundo/


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!