Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Campesiños de Belo Monte denuncian subornos por parte de Iberdrola / Pilar Bebea - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Campesiños de Belo Monte denuncian subornos por parte de Iberdrola / Pilar Bebea

29/10/2014
By

Campesiños de Belo Monte denuncian subornos por parte de Iberdrola

Pilar Bebea

A construción da presa de Belo Monte continúa en Brasil mentres campesiños afectados informaron de ameazas de morte e subornos a alcaldes e líderes das aldeas próximas á obra. O profesor da Univesidade de São Paulo Celio Bermann asegura no informe “As multinacionais no século XXI: impactos múltiples” de Luis Uharte que as empresas do consorcio Norte Energía entregaron “fondos de campaña para o Partido dos Traballadores pero tamén para os outros partidos” e engade que “agora esperan recibir os resultados dese apoio”.

O equipo da policía local inclúese no grupo de persoas influenciadas pola compañía. Uharte, profesor-investigador de Antropoloxía Social da Universidade do País Vasco-Euskal Herriko Unibertsitatea (EHU) declara que hai dous anos o consorcio Norte Energía, no que se atopa Iberdrola, investiu “un monto importante de diñeiro en renovar a flota de coches e equipo dos axentes” e asegura que “a policía está actuando como unha policía privada amosando o logo”.

O informe realizado por Uharte recolle tamén outras prácticas da compañía como a división de aldeas e compra de líderes mediante a provisión de víveres e gasolina para os barcos. A construción da presa supón un forte impacto na zona xa que, afirma Uharte, implica a inundación de 40 quilómetros cadrados de terra, emisión de gases de efecto invernadoiro nunha zona selvática, o desprazamento de pescadores da zona e arredor de 40.000 persoas expulsadas das súas casas.

O Estado de Brasil e a multinacional manteñen unha relación anterior á construción da presa. As prácticas da empresa con sede no País Vasco remóntanse ao ano 1992, época na que as principais 500 multinacionais do mundo atopan en América Latina un enorme potencial de negocio. A consecuencia das prácticas de Iberdrola, Brasil consolídase en 2010 como o quinto país coa tarifa enerxética máis cara do globo, superando nun 400% os prezos anteriores á privatización, por enriba de países con rendas máis altas como Estados Unidos. Unhas tarifas que, segundo Uharte, discriminan segundo o tipo de usuario para que a entidade se permita vender a enerxía máis cara aos cidadáns para cobrar menos ás súas empresas. E enfade que a empresa ofrece ao mesmo prezo a enerxía provinte da eólica e da térmica.

Ademais da subida de prezos no sector enerxético, as facilidades de contratación que outorga o Goberno de Brasil a empresas privadas como Iberdrola favorecen a substitución da xestión pública pola privada e a influencia destas últimas no mercado nacional. Entre algunhas das vantaxes atópanse contratos de monopolio de Iberdrola co Estado de Brasil, nos que se outorga o dereito a explotación de entre 15 a 30 anos con beneficios asegurados, segundo recolle o investigador.

Pese á boa relación co Goberno, Iberdrola recibiu multas pola “mala calidade do servizo” no ano 2011 e tamén foi sancionada 11 veces por infraccións no proceso de etiquetado o ano anterior.

Exercicios como lobby

Os negocios de Iberdrola en América Latina esténdense tamén a México, incluída a súa Construción. O texto foi modificado de xeito ilegal para cambiar a prestación de servizos públicos a favor da privada debido ás presións políticas que realizan as multinacionais nos Gobernos latinoamericanos. Isto supón un empobrecemento do Estado, segundo Uharte, ao ter que manter as plantas enerxéticas inactivas e mercar a enerxía ás empresas privadas.

A creación dunha central eólica no istmo de Oaxaca destaca como un dos casos máis denunciados en México. Os ejidatarios aos que a organización mercou as súas terras declaran que Iberdrola lles paga menos que outras empresas privadas de enerxía e denuncian a falla de información ao ofrecerlles o contrato, xa que moitos deles son indíxenas e descoñecen as condicións deste tipo de negocio. Ademais, denunciouse unha posible trama de corrupción que salpicaba á empresa, ao goberno local e ao comisariado ejidal, cun desvío de 12 millóns de pesos, recolle o profesor, así como subornos para participar en concursos destinados a traballar como empresa de servizos para a compañía.

Participacións en paraísos fiscais

A imaxe de marca corresponde a un dos estándares máis importantes nun negocio de índole internacional como é Iberdrola. A sostibilidade e transparencia sustentan o discurso da maioría dos seus informes, chegando a declarar no ano 2011 “participacións indirectas en sociedades radicadas en xurisdiccións que teñen a consideración de paraísos fiscais”. Damhead Creek Finance Limited nas Illas Caimán, Scottispower Insurance Ltd. na Illa de Mann e Rokas Aeoliki Vorios Cyprus Ltd. na República de Chipre son algunhas delas.

Iberdrola matiza que as operacións realizadas en ditas empresas “en ningún caso” se relacionan con actividades de “evasión fiscal, branqueo de capitais nin finaciamento de actividades ilícitas”. Porén, as actividades da compañía denunciadas en países como Brasil e México poñen en dúbida a verosimilitude entre o que comunica a entidade e a realidade.

Luis Uharte declara que Iberdrola é unha empresa moi hábil á hora de vender a súa imaxe a través da propaganda e o maketing pero, atendendo aos datos, advírtese que “esa realidade está moi afastada dos produtos propagandísticos”. Engade que a maior parte da enerxía que produce a empresa é sucia, é dicir, por ciclo combinado de gas e de alto risco, polo que queda un terzo para as grandes hidroeléctricas e un 15% para a eólica. Un 15% da publicidade de Iberdrola que coincide coa autopromoción da empresa.

A resposta ao informe de Uharte foi unha estratexia de silenciamento pola cal nin a empresa nin os principais medios de comunicación fixéronse eco. Uharte informa, ademais, da chamada de funcionarios do concello de Bilbao, que aconsellaron que non era “conveniente” que seguiran movendo o informe a unha das ONG que impulsan a crítica na plataforma “2015 e máis”.

Fonte: http://www.lamarea.com


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!