Dividida en 20 capítulos, cada un precedido por un epígrafe. Presenta a servidume moderna como unha servidume voluntaria e describe a apropiación do territorio por parte do capitalismo, a degradación do medio ambiente e dos alimentos, a esencia do traballo alienado, a ilusión do parlamentarismo e a omnipresencia das imaxes e dos divertimientos, entre outras cousas. Desenvolve o concepto de sistema totalitario mercantil que se define como a colonización de todos os aspectos da vida social e íntima e tamén da totalidade do espazo por parte da mercancía. Constitúe, pois, a aspiración realizada de todo sistema totalitario: que nada escape á súa influencia. Paralelamente, para ocultar a nosa condición servil e a demencia da organización social no seu conxunto, o sistema totalitario mercantil puxo en marcha toda a parafernalia da mistificación.