Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Decembro: Feminismos

21/02/2014
By

Que é o feminismo?

O feminismo é un movemento social, cultural e político que loita contra as inxustizas orixinadas polo machismo e o patriarcado e busca a igualdade entre as persoas independentemente do seu sexo e o seu xénero. Así pois, o feminismo procura rematar e superar todos aqueles aspectos da nosa sociedade nas que as persoas (independientemente do seu sexo e xénero) son agredidas, explotadas, invisibilizadas, minusvaloradas, sometidas e/ou impedidas pola ideoloxía e comportamentos machistas e o sistema patriarcal.

A que se opón o feminismo?

– Machismo: é a ideoloxía que defende a superioridade e prepotencia de certo tipo de “valores masculinos” e de varóns heterosexuais sobre o resto da sociedade. As persoas machistas defenden que os “homes de verdade” teñen unha serie de características e valores superiores (maior forza físca, apetito sexual, intelixencia, carisma, racionalidade, valentía,independencia…) que lles dan dereito a decidir e manexar no seu beneficio a vida social, económica, cultural, sexual, afectiva, e mesmo a integridade física de mulleres, varóns homosexuais, ou calquera que non comulgue co seu pensamento e prácticas.

– Hembrismo: é a ideoloxía que defende a superioridade da muller sobre o home. O hembrismo invirte os roles establecidos no machismo, pondo a muller por riba do home. Erroneamente, soe confundirse o hembrismo co feminismo.

O machismo e o hembrismo son dúas ideoloxías que apostan por unha sociedade que se entende entre dominantes e dominadxs. O feminismo defende a igualdade de xénero, así pois oponse por igual ao machismo co hembrismo.

– Patriarcado: o patriarcado é a organización social derivada do machismo, na que, mediante as leis, institucións, manifestacións culturais (cine, literatura, linguaxe,…), costumes… se lle reserva aos varóns unha serie de ámbitos ou posicións hexemónicas na sociedade como poden ser os cargos públicos, a posesión da riqueza,… Patriarcado significa “goberno dos pais”. Historicamente designa un tipo de organización social no que a autoridade exércea ovarón xefe de familia que é o dono do patrimonio (o patrimonio formábano: xs fillxs, a esposa, os escravos e os bens)

– Heteronormatividade: é unha concepción social que entende que todas as orientacións sexuais diferentes da heterosexual son erróneas e, polo tanto, marxinadas, perseguidas e ignoradas. A heteronormatividade entende que as persoas só poden clasificarse en dous papeis complementares: homes e mulleres. Conciben que as relacións sexuais só poden darse entre persoas de diferente sexo e que cada xénero ten unha serie de papeis naturais na vida.

 

Contra que loita o feminismo?

  • Violencia de xénero: violencia física ou psicolóxica exercida contra calquera persoa sobre a base do seu sexo ouxénero que impacta de xeito negativo na súa identidade e benestar social, físico e/ou psicolóxico.
  • Explotación laboral: Situación na que as persoas son sometidas a condicións laborais adversas e desiguais no reparto do traballo e produto social, así como na remuneración recibida en función do seu xénero, e que pode ir dende as diferencias salariais ata abusos e lugares de traballo escravo.
  • Sometemento sexual/estético: Situación a través da cal se limita e se sitúa á muller baixo a dependencia ou autoridade dos cánones da sociedade machista atribuídos á muller (pureza, perfección estética,…) partindo dunha redución do valor social da mesma a fins reprodutivas e de satisfacción sexual do home.
  • Invisibilidade e minusvaloración cultural: A sociedade exclúe a todos aqueles grupos e persoas que non forman parte dos valores asociados á masculinidade e polo tanto non teñen presenza nas manifestacións sociais e culturais (linguaxe excluínte, falla de opcións políticas que recollan as súas reclamacións e preocupacións, non tratamento das súas problemáticas nos medios de comunicación,…). Así pois minusvalóranse socialmente as características e calidades asociados á feminidade en favor das do xénero masculino. atopámonos coa linguaxe excluínte, a asignación de calidades e características.
  • Desigualdade no acceso ao poder. Nos postos de relavancia tanto no mundo empresarial como no mundo político, a presenza da muller segue a ser practicamente nula. Segundo un informe de 2011 as mulleres só representan o 13,8% das persoas que conforman os consellos de administración nas transnacionais. En 2013 as empresas que cotizan en bolsa teñen un 16% de mulleres nos consellos de administración e tan só un 3% ocupan a presidencia. No referente ao poder político só hai 10 países con presidencias femininas (Arxentina, Brasil, Costa Rica, Lituania, Alemaña, Islandia, Liberia, Tailandia, Australia e Chile)

Que podes facer ti?

Ti inflúes sobre o resto das persoas co teu xeito de actuación, tanto directamente, transmitindo opinións e valoracións, como indirectamente, co comportamento ou o tipo de comunicación que realizas. Emprega unha linguaxe non sexista, lembra que as capacidades non se deben ao xénero (non existen as “cousas ou tarefas de nenos/homes” e as “cousas e tarefas de nenas/mulleres”; ), respecta e dignifica a quen te rodea (desterra todo tipo de comentarios sexualmente ofensivos ou valorar de xeito diferente as actitudes se os fai unha muller ou un home) e, por suposto, persegue e denuncia, todo tipo de maltrato e abuso, físico ou psicolóxico. Ademais tamén te podes integrar en colectivos, asociacións ou calquera outro tipo de organización que vele pola igualdade das persoas independetemente do seu sexo ou o seu xénero.


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!